//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias sociedad
O novo Plan Galego de Hospitalización a Domicilio 2019-2023, que se aprobará esta semana no Consello da Xunta, permitirá estender este servizo ao 100% dos galegos os 365 días do ano. Trátase dun plan estratéxico completo para o 100% do territorio, dado que ata o de agora este servizo funciona só de luns a venres, alcanzando o 75% do territorio. Se ben non é fácil trazar o perfil do doente que ten acceso a este servizo, entre os casos están o seguimento de persoas transplantadas ou con patoloxía cirúrxica, pacientes crónicos ou persoas que reciben coidados paliativos, entre outros. Así, actualmente benefícianse desta atención máis de 5.000 pacientes ao ano grazas ás 15 unidades e 45 equipos repartidos por todas as áreas sanitarias galegas.
A Cidade da Cultura de Galicia oferta campamentos urbanos para a cativada ao redor das dúas exposicións actuais do Museo Centro Gaiás: 'Valor e mestría. Galicia como fútbol' e 'Pensar coas mans. Cestería, cerámica e xoiería de Galicia'. Trátase dunha proposta novidosa para o período que vai do 8 ao 19 de xullo e que se enxire dentro da programación de Verán no Gaiás co obxecto de ampliar e reforzar as actividades que conxuguen cultura e lecer, á vez que axuden a conciliar en épocas non lectivas. Dirixidos á rapazada entre 8 e 12 anos, os campamentos urbanos do Museo Centro Gaiás celebraranse de luns a venres, de 10 a 14 horas. Están divididos en dúas quendas temáticas.
Foi presentado o estudo "Situación da Educación en España: falan 19.000 familias de alumnos. Galicia", elaborado polo foro de investigación periodística Educa 20.20 en colaboración coa Fundación AXA e Sigmados, e que en Galicia contou cunha mostra de preto de 1000 entrevistas a nais e pais sobre a perspectiva que teñen da educación que están a recibir as súas fillas e fillos. O estudo determina que en Galicia son minoritarios quen pensan que a FP conta cunha mala imaxe, o que se contrapón totalmente co dato nacional. Segundo o propio informe, as familias que pensan que a FP non ten unha mala imaxe atribúeno á rápida incorporación ao mercado laboral dos seus titulados, ao axuste da oferta, á adaptación ao futuro laboral e ao contacto coas empresas que ofrece a FP Dual.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avoga por seguir estreitando a colaboración entre administracións e entidades sociais para, xuntos, dixo, acadar unha inclusión social real e efectiva. Fíxoo durante a celebración do XIII Encontro de participación Loita contra a Pobreza, a Exclusión Social e a Desigualdade no marco dos ODS, de EAPN-España.
O conselleiro de Sanidade, Vázquez Almuiña, destacou no Parlamento as medidas adoptadas polo seu departamento para mellorar a saúde das mulleres e garantir os seus dereitos neste ámbito, indicando: Queremos dar resposta ás necesidades e problemas de saúde que aparecen ao longo do ciclo vital da muller, de forma integral, promovendo a saúde física, mental e social de todas as mulleres de Galicia e mellorar a calidade da atención prestada.
Celbraranse os venres e sábados, desde o 4 de xullo ao 17 de agosto, ás 21,00 h., e o ciclo é o fiel escaparate das tendencias musicais actuais, podéndose escoitar hip-hop, trap, dance, electrónica, flamenco-pop ou cumbia, que tanto éxito están a ter entre a xente máis nova, aínda que non faltará o pop, o reggae, o indie ou o rock.
Segundo o Instituto Nacional de Estadística, Galicia recibiu doutros países 12.884 habitantes máis dos que saíron, o que supón un incremento que case dobra (un 98,82% máis) a cifra de 2017, cando entraron en territorio galego 6.882 persoas máis das que saíron. Deles, 2.885 teñen nacionalidade española, o que se traduce nun aumento do 47% en relación aos 12 meses anteriores, cando o saldo positivo deixaba 1.954 españois novos en Galicia (unha vez restados os que saíron).
Durante o acto de entrega das Bandeiras Azuis 2019, Feijóo aseverou que a Xunta seguirá traballando para garantir o máximo respecto polo medio sen facelo incompatible cunha explotación racional, lembrando que nos últimos tempos dotouse á Comunidade de instrumentos normativos para preservar a paisaxe e fomentar un desenvolvemento sustentable e racional como: o Plan de ordenación do litoral, as directrices de ordenación do territorio, a Lei do Solo, ou o Catálogo das paisaxes de Galicia.
O D.O.G. ven de publicar a primeira liña de apoio técnico e económico aos concellos para que elaboren plans de emerxencia fronte á seca que permitan garantir o abastecemento de auga á poboación. Con esa medida quérese fomentar a prevención e a anticipación, tendo en conta que ningún municipio galego conta cun plan deste tipo e que o episodio de seca de 2017 evidenciou a vulnerabilidade dos sistemas de abastecemento.
A Xunta pon a disposición dos concellos máís pequenos un orzamento de 6,4 millóns de euros para financiar, a través de préstamos sen xuros, actuacións de rehabilitación e rexeneración urbanas, así como a adquisición de inmobles para a súa posterior rehabilitación.
O prazo de presentación de solicitudes rematará o 1 de outubro de 2019 ou no momento que se esgote o crédito orzamentario. A correspondente disposición ven de ser publicada no Diario Oficial de Galicia.
Campos Conde, o presidente da Deputación lucense, avoga pola responsabilidade das administracións públicas galegas implicadas no traballo e remarca a necesidade de celebrarse esta reunión, pois a candidatura da Ribeira Sacra está bloqueada dende o verán de 2015 por diferenzas técnicas.
Tamén o tren do Viño do Ribeiro - Rías Baixas realiza a primeira viaxe da nova tempada de Galicia a todo Tren que inclúe a Ruta dos Faros, do Viño das Rías Baixas e do Viño da Ribeira Sacra cunha ocupación do 100%. A oferta complétase co Galicia Rail Pass e coas propostas específicas para peregrinos e para visitar os balnearios galegos.
O presidente da Xunta destacou que Galicia está aproveitando a declaración dos Camiños do Norte e Primitivo como Patrimonio da Humanidade para atraer cada vez máis turistas e dotar a estas rutas de máis servizos á disposición dos peregrinos. Di que detrás da distinción hai un recoñecemento internacional e un impulso a unha das principais actividades económicas.
Nunha xuntanza no concello de Santiago de Compostela, representantes do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia propuxo ao alcalde compostelano Martiño Noriega realizar obradoiros nas escolas que poderían ser impartidos por xornalistas en paro e a posibilidade poñer en marcha unhas xornadas sobre publicidade institucional.
Más de 6.000 alumnos de centros educativos de Galicia y Castilla y León han recibido formación sobre consumo responsable con visitas a Supermercados Gadis.
O Libro de Honra da USC engadiu a testemuña do ex presidente de Colombia, Álvaro Uribe Vélez, quen deixou constancia da súa "inmensa ledicia ao ter a honra de visitar esta Universidade de Santiago, urna da historia e fonte de futuro. O expresidente tamén asistiu á misa do peregrino.
O xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez, e o deán da Catedral de Santiago de Compostela, Segundo Pérez, recibiron ao peregrino número 100.000, José Rodríguez. Este murciano rematou o Camiño de Santiago xunto co seu fillo, Miguel Ángel. Iniciaron a Ruta Xacobea en Barcelos, percorrendo a pé 190 quilómetros en 10 días polo Camiño Portugués.
As vías para alcanzar este primeiro balance positivo das contas universitarias foron a contención do gasto corrente, a renegociación da débeda e a implementación dun plan de mellora na xestión e captación de ingresos ao longo de 2015, e o novo plan de financiamento do Sistema Universitario Galego e cuxa vixencia comezou en 2016.
Haberá pratos para levar a casa, caseta de mojitos e comidas dende os dous ate os once euros. A Praza Maior acollerá un concerto, as 22,30 horas, de Fórmula V. Ritmo, música e humor son a proposta delirante de Odaiko Percussion Group, unha agrupación na liña de Mayumaná ou STOMP.
A directora xeral de Comercio e a xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño realizaron unha visita de traballo xunto co alcalde da localidade ao conxunto histórico-artístico dos Pendellos, que acollerá o evento. O Encontro, que se celebrará do 8 ao 10 de xullo, contará coa participación de 44 obradoiros que representan a ampla variedade de oficios do sector artesán galego, así como con 49 postos de produtos alimentarios de calidade.