
O reitor Juan Viaño recibiu en San Xerome o ex presidente colombiano no despacho reitoral do Colexio de San Xerome.
Logo da recepción privada no despacho reitoral, Juan Viaño e Víctor Uribe realizaron unha visita tanto á Reitoría como a diversas dependencias do Colexio de Fonseca onde coñeceu as particularidades da Biblioteca América.
O expresidente de Colombia estivo de visita na capital galega. Alvaro Uribe foi recibido na Praza do Obradoiro, polo Arcebispo de Santiago, Julián Barrio, e pola Real Banda de gaitas de Ourense, que tocou os himnos colombiano e galego. O ex mandatario asistíu á misa do peregríno na Catedral, na que encomendou, ao Apóstolo, o seu traballo por unha Colombia libre de violencia e corrupción.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.