Notas de prensa

Os Camiños do Norte consolídanse coa declaración de Patrimonio da Humanidade

O presidente da Xunta destacou que Galicia está aproveitando a declaración dos Camiños do Norte e Primitivo como Patrimonio da Humanidade para atraer cada vez máis turistas e dotar a estas rutas de máis servizos á disposición dos peregrinos. Di que detrás da distinción hai un recoñecemento internacional e un impulso a unha das principais actividades económicas.

Feijóo indicou que se trata ante todo dunha “responsabilidade adquirida co mundo” que nos converte en gardiáns dun símbolo, o Camiño, que transcende ao noso territorio e tempo, e que temos a obriga de preservar. E sinalou que os galegos albergamos no noso territorio un símbolo capaz de transmitirlle á humanidade o seu ben máis prezado, a esperanza.

Durante a súa intervención, o titular do Goberno galego tamén lembrou que antes de que se consolidara o fenómeno da globalización ou as institucións europeas, o Camiño xa era un símbolo de diálogo.“As rutas xacobeas sempre foron un bastón para soster principios básicos da humanidade”, engadiu, ao tempo que apelou ao Camiño como resposta ante as dúbidas que podan xurdir arredor do proxecto europeo, a posibilidade de manter un contexto pacífico no mundo ou a propia crise económica.
Datos do sector turístico

Finalmente, o mandatario galego quixo destacar as boas cifras acadadas no sector turístico que, segundo apuntou, responden en boa medida á acción colectiva, presidida polo Plan Director do Camiño, que está permitindo dotar a estas rutas dun maior coñecemento e atractivo turístico. Pero tamén ao reforzo da oferta de albergues e á dotación de máis servizos ao alcance dos peregrinos, a través do Plan de dotación de cabinas para os alugueiros e a conexión wifi.

Así o ano pasado ano, percorreron o Camiño Primitivo 11.428 peregrinos, un 38% máis que no mesmo período do ano anterior. Mentres que preto de 15.900 persoas optaron polo Camiño do Norte. Unhas cifras, -dixo- que se están a consolidar no 2016. No que vai de ano 4.000 peregrinos recorreron o Camiño Primitivo e 5.000 o Camiño do Norte.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2016-07-05

Actualidad

Foto del resto de noticias (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
Foto de la tercera plana (hoteis-galicia.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.

Notas

O luns 28, Día Internacional do Dereito a Saber, arranca na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a XI edición do Congreso Internacional de Transparencia e Bo Goberno (CIT), que se prolongará ata o martes 29 co apoio institucional da Xunta de Galicia, o Consello de Contas e o Consello Consultivo, entre outras institucións e organismos.
137 traballos científicos elaborados por preto de 260 autores vinculados a 52 institucións académicas e de investigación de máis dunha ducia de nacionalidades. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo acollerá o 1 e 2 de outubro, o ITC’26, 18º Congreso Internacional de Turismo, un encontro académico e profesional no que se reunirá persoal investigador, docente e experto en turismo transfronteirizo procedente de catro continentes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES