
A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, e a xerente da Fundación Centro Galego da ArtesanÃa e do Deseño, Elena Fabeiro, realizaron unha visita de traballo xunto co alcalde de Agolada, Ramiro Varela, ao conxunto histórico-artÃstico de Os Pendellos, onde se vai celebrar do 8 ao 10 de xullo o Encontro da ArtesanÃa Tradicional e Popular de Galicia, Corazón da ArtesanÃa, que chega á súa quinta edición consolidado como a feira de referencia do sector e que continúa ampliando a súa oferta con máis obradoiros artesáns e postos de alimentación.
Tal e como sinalaron no percorrido polos Pendellos, Corazón da ArtesanÃa contará este ano con 44 representantes de máis de 20 oficios como o téxtil, cesterÃa, instrumentos musicais, xoiarÃa e ouriverÃa, cerámica, zapaterÃa, colareiras, marroquinerÃa, elaboración de zocos, tellerÃa, follalaterÃa, forxa, figuras de pan, elaboración de redes e complementos, montaxe de moscas para pesca, elaboración de papel, cerámica e olerÃa, tornerÃa de madeira e talla en pedra. Por outra banda, o número de empresas alimentarias que ofrecerán exposición e venda dos seus produtos chegan a 49 nesta quinta edición do encontro no que tradición e vangarda van da man.
Na programación musical que complementará o encontro inclúense as actuacións de Os D’Abaixo o venres ás 22:30, e Susana Seivane o sábado á mesma hora, asà como a música e baile tradicional do grupo Xirandaina, o domingo a partir das 18 horas.
Un ano máis, poñerase á disposición dos visitantes unha zona de acampada gratuÃta, asà como un servizo de autobuses de balde que unirán Agolada con LalÃn e Melide. Os autobuses sairán o sábado e o domingo da Praza da Marina de LalÃn ás 12:00, ás 17:00 e ás 20:00, cara a Agolada (Avda. do Concello, 69), e volverán ás 16:45,19:30 e 00:30 horas. O venres os horarios serán ás 17:00 e as 20:00 de LalÃn e ás 19:30 e ás 00:30 dende Agolada.
Desde Melide, os autobuses sairán do cruce coa estrada de Agolada ás 13:00 e ás 18:00 e volverán desde Agolada ás 18:45 e ás 23:45, agás o domingo que o último autobús será ás 21:30 horas. O venres o servizo sairá ás 18:00 de Melide e volverá ás 23:45 horas.
A organización da feira habitará unha carpa próxima aos Pendellos onde se ofrecerá un servizo de comida para os visitantes e como novidade este ano instalaranse dous foodtrucks na praza do Concello que incrementarán a oferta gastronómica. Tamén como novidade realizarase un concurso fotográfico en instagram que premiará a mellor fotografÃa feita no evento.
ArtesanÃa no prato
Un ano máis desenvolverase a iniciativa “ArtesanÃa no prato”, coa que se pretende achegar a artesanÃa ás novas propostas da cociña galega. Os cociñeiros Javier RodrÃguez Ponte “Taky”, Hector López, Xoán Crujeiras e Antonio RodrÃguez, acompañado do sumiller Bruno Lovelle e Xoán Crujeiras serán os chefs encargados de menús degustación con produtos galegos de calidade, que se presentarán en pezas da marca ArtesanÃa de Galicia. A partir destes showcookings, as pezas de artesanÃa incorpóranse aos menús como unha nova maridaxe, imprimÃndolle un valor engadido á propia gastronomÃa.
Os menús degustación realizaranse con produtos galegos de calidade, moitos dos cales se poderán atopar á venda no propio Encontro, incluÃda a maridaxe, para a que se proporán algúns dos viños expostos e mesmo cervexas artesanais. Os cociñeiros empregarán para as presentacións dos seus menús pezas de cerámica dos obradoiros Cerámica Regal (Viveiro), Cerámica Suve (Cangas), Nacho Porto (Carnota), Verónica Moar (A Coruña) e pezas de Buño de O Rulo (Buño, Malpica de Bergantiños); pratos de madeira deseñados e producidos por Atalanta (A Estrada), pezas de madeira de oliveira elaboradas polo obradoiro Armaior (Quiroga) e téxtil de Concha Canoura (Culleredo).
O primeira showcooking terá lugar o venres 8 ás 20:30 horas, a cargo de Antonio RodrÃguez e Bruno Lovelle. O sábado será a quenda de Héctor López, que ofrecerá pases ás 13:30 e ás 15:00 horas; asà como Xoán Crujeiras que ofrecerá unha demostración ás 20:30 horas. O cociñeiro Javier RodrÃguez Ponte – Taky, será o encargado das demostracións do domingo, que terán lugar en dous pases ás 13:30 e ás 15:00 horas. A inscrición para estas actividades é gratuÃta, e é precisa inscrición previa no teléfono 692843313, en horario de 9:00 a 14:00 horas, ou no enderezo http://www.comunic-artecomunicacion.com/inscripción-corazón-de-artesania/. As prazas asignaranse por orde de recepción das reservas.
O Corazón da ArtesanÃa é un evento integral de divulgación e de posta en valor da artesanÃa e dos oficios artesáns, asà como da súa interrelación con outras disciplinas artÃsticas. O amplo programa de actividades da feira inclúe tamén cursos de formación especializada para artesáns e público interesado en achegarse ao mundo da artesanÃa como é a cesterÃa, a restauración de cadeiras, a encadernación, a ouriverÃa e un obradoiro de percusión tradicional e gaita tradicional. Inclúe tamén talleres participativos e actividades especÃficas para achegar o público infantil á artesanÃa.
A edición 2026 artéllase arredor dun formato expandido, con varias datas e localizacións ao longo da provincia, convertendo cada encontro nunha peza dun ecosistema cultural máis amplo. O 6 de xuño, en Expourense será a cita inaugural co rock lendario de Loquillo, o magnetismo vintage de Kitty, Daisy & Lewis e o fenómeno galego do momento, The Rapants. O 31 de xullo, na Praza da Veracruz do Carballiño a banda Burning, ofrecerá un concerto gratuÃto; e o 4 de outubro, no Pazo de Deportes Paco Paz, o festival culminará o regreso de Luz Casal a Ourense. Loquillo, icona indiscutible do rock estatal con case cinco décadas de traxectoria, chega en plena xira do seu último traballo Corazones Legendarios, cun directo que revisita os grandes éxitos dunha carreira tan influente como extensa.
Galicia pechou o primeiro trimestre deste ano con máis poboación empregada que hai un ano. Neste sentido, os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) publicados hoxe e relativos ao primeiro trimestre deste ano reflicten unha suba de 28.000 persoas ocupadas en relación ao ano pasado, lixeiramente superior á do conxunto do Estado e acadando, con 1.178.100, a cifra máis alta nun primeiro trimestre desde 2008. Ademais, a comunidade rexistra a maior taxa de emprego (49,30) nun primeiro trimestre en 18 anos e unha taxa de paro menor (8,96) que no conxunto de España (10,83). Ademais, as taxas galegas de paro feminino (9,51) e xuvenil (24,30) tamén son máis baixas que no conxunto do Estado.