Notas de prensa

Santiago de Compostela recibe ao peregrino 100.000, o murciano José Rodríguez

O xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez, e o deán da Catedral de Santiago de Compostela, Segundo Pérez, recibiron ao peregrino número 100.000, José Rodríguez. Este murciano rematou o Camiño de Santiago xunto co seu fillo, Miguel Ángel. Iniciaron a Ruta Xacobea en Barcelos, percorrendo a pé 190 quilómetros en 10 días polo Camiño Portugués.

O peregrino 100.000 recibiu varios recoñecementos conmemorativos da man do deán e do xerente do Xacobeo despois da misa que se celebrou ás 19.30 horas na Catedral de Santiago. Neste sentido, o xerente entregoulle un diploma acreditativo da súa condición de peregrino 100.000 e un libro. O deán, pola súa banda, outorgoulle unha edición especial da Compostela e outros agasallos.

O peregrino explicou emocionado que o importante foi poder realizar esta experiencia na compañía do seu fillo, ao cal non vira en case todo o ano por estar este estudando na Universidade de Lisboa. Foi este motivo o que os impulsou a escoller a ruta portuguesa para un encontro esperado e poder compartir uns días.
Récord de peregrinos

O xerente do Xacobeo aproveitou a ocasión para subliñar que neste ano se bateu un récord nos peregrinos que chegaron a Santiago xa que se recibiron preto de 8.000 peregrinos máis que no mesmo período do ano anterior, o que supón un incremento de en torno ao 8%. Ademais, de todos os peregrinos chegados neste ano, o xerente fixo fincapé en que ao redor do 64% foron de orixe internacional.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2016-06-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
Foto de la tercera plana (hoteis-galicia.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.

Notas

O luns 28, Día Internacional do Dereito a Saber, arranca na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a XI edición do Congreso Internacional de Transparencia e Bo Goberno (CIT), que se prolongará ata o martes 29 co apoio institucional da Xunta de Galicia, o Consello de Contas e o Consello Consultivo, entre outras institucións e organismos.
137 traballos científicos elaborados por preto de 260 autores vinculados a 52 institucións académicas e de investigación de máis dunha ducia de nacionalidades. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo acollerá o 1 e 2 de outubro, o ITC’26, 18º Congreso Internacional de Turismo, un encontro académico e profesional no que se reunirá persoal investigador, docente e experto en turismo transfronteirizo procedente de catro continentes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES