Actualidad de Sociedad

Noticias sociedad

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe, na rolda de prensa do Consello, a posta en marcha de novas actuacións centradas na prevención para conter o contaxio do coronavirus, seguindo os consellos dos expertos na materia. Deste xeito, no eido educativo, anunciou a suspensión das actividades lectivas e extraescolares en todos os niveis educativos, a partir do vindeiro luns e durante 14 días -a partir do luns de forma oficial e a partir de mañá de forma recomendada-. “Se os pais e as nais teñen dificultades para organizarse, os centros van estar abertos mañá, pero a partir do luns, desde o punto de vista de aceptación de alumnos, quedarán pechados”, explicou.
A comunidade galega reciclou en 2019 un total de 51.967 toneladas de vidro, polo que Galicia supera por primeira vez en 2019 a recollida de 50.000 toneladas de vidro a través do contedor verde. Grazas a depositar unha media de 66 envases por persoa, a media galega sitúase no 19,3 kg/hab, superando a media do conxunto do Estado. Comparando as cifras actuais coas de fai catro anos, en Galicia se recicla un 33% máis que hai cinco anos (39.119 Tn en 2014) e 7,6% respecto das cifras de 2018 (48.308 Tn). En canto á recollida por provincias, A Coruña foi na que máis se reciclou, cunha media de 19,1 kg/hab e un incremento de case 1.300 Tn respecto de 2018; seguida de Pontevedra (17,7 kg/hab ). As provincias de Ourense e Lugo acadaron unha taxa de reciclaxe de 16,8 kg/hab e 16,2 kg/hab, respectivamente.
Galicia rexistra oito novos casos positivos de infección por coronavirus confirmados polo Centro Nacional de Microbioloxía. Con estes, son xa un total de 13 os casos confirmados na nosa comunidade (oito na Coruña, catro en Vigo e un en Ourense). O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, destacou hoxe en rolda de prensa que Galicia continúa cunha das taxas máis baixas de casos confirmados con 0,44/100.000 habitantes. Almuiña sinalou que Galicia mantén dende o primeiro momento unha vixiancia permanente a través da rede hospitalaria, atención primaria e 061 para detectar posibles casos e intervir inmediatamente na contención do coronavirus.
Galicia acaba de despedir o febreiro máis caloroso das últimas décadas. Esta é unha das principais conclusións do avance do informe climatolóxico de MeteoGalicia, que conclúe que, en xeral, foi un mes seco e moi cálido no conxunto da comunidade se o comparamos co período histórico que se utiliza como referencia. A frecuencia das situacións anticiclónicas foi a tónica xeral durante todo o período, o que impediu a entrada das baixas presións atlánticas e explica os elevados rexistros das temperaturas, máis elevadas que a media climática propia de febreiro. Esta anomalía detectouse tanto nas máximas como nas mínimas, moi cálidas en ambos casos e que, de feito, non baixaron dos 0 graos en ningún punto da comunidade.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, informou hoxe en rolda de prensa do Consello da Xunta, do investimento de case 2 millóns de euros en material para os hospitais galegos para estar preparados para ofrecer a mellor atención e reducir as posibilidades de contaxio do coronavirus. Ademais de facer un chamamento á tranquilidade, Feijóo incidiu en que “estamos alertados, non alarmados”, como indican os especialistas. Ante esta situación, a Xunta adquiriu novo equipamento para os hospitais galegos. Boa parte dese material xa chegou aos centros hospitalarios e o resto estará no seu destino nos próximos días.
As análises realizadas no Servizo de Urxencias do CHUAC, e confirmadas polo Centro Nacional de Microbioloxía, a un paciente procedente de Madrid confirman a infección por coronavirus dunha persoa que se atopa illada no hospital, en cumprimento dos protocolos acordados co Ministerio de Sanidade. Este é primeiro caso positivo confirmado en Galicia. Trátase dun home de 49 anos, procedente de Madrid, que se presentou con sintomatoloxía respiratoria no servizo de urxencias do CHUAC e ao que se lle solicita a proba de diagnóstico de COVID-19 ante a presenza dunha neumonía bilateral nun contexto clínico de infección vírica.
A Cidade da Cultura pon en valor o labor das redeiras cunha exposición fotográfica aberta ao público desde hoxe e que forma parte da programación do Gaiás vencellada ao Día Internacional da Muller, que se conmemora o 8 de marzo. 'Redeiras. Unha profesión con historia' é unha mostra itinerante da Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao e que xa foi exposta con anterioridade en Cariño, Cangas do Morrazo e Malpica de Bergantiños. Está composta por 25 fotografías, realizadas pola comisaria Xela Rodríguez, que foron tomadas en tres localidades galegas vencelladas ao mundo do mar para reflectir os procesos artesanais deste oficio e para darlle visibilidade o labor das mulleres no sector pesqueiro, ao mesmo tempo que para empoderalas.
A Amtega vén de publicar os gañadores dos concursos de debuxo e microrrelatos lanzados o pasado mes de decembro para contar coas achegas dos máis novos no proceso de elaboración da Estratexia Dixital de Galicia 2030. Estes certames congregaron a participación de 42 centros educativos das catro provincias galegas e contouse coa implicación de máis de 50 docentes que desenvolveron un papel fundamental para a participación do seu alumnado, entregando 333 traballos. Na fase de votacións os internautas podía darlle o seu “gústame” ás composicións preseleccionadas polo xurado.
A Consellería de Sanidade vén de poñer a disposición da cidadanía galega o teléfono 900 400 116, para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número gratuíto, pódense resolver todas as dúbidas que as galegas e os galegos teñan ao respecto. En calquera caso, o departamento sanitario galego lembra que para persoas con sintomatoloxía (febre, tos, sensación de falta de aire) e que volvesen de zona de risco ou tivesen contacto con alguén que estivera nalgún deses lugares, recoméndase non acudir directamente ao hospital ou centro de saúde, senón contactar telefonicamente co 061.
'Asiste' configúrase como o asistente social no móbil, unha canle telemática de comunicación coa rede familiar de coidadores, que poderán monitorizar en tempo real os parámetros da actividade, biomedidas e xeolocalizacion da persoa e establecer recordatorios de medicacións, visitas médicas etc. A medida que vaia evolucionando, a aplicación permitirá recibir as avisos e notificacións de procedementos ou recordatorios de citas dos servizos sociais. Para facilitar o uso da aplicación por parte de persoas maiores, “Asiste” contará cun asistente virtual, que a través de pictogramas e ferramentas de recoñecemento de voz permitirá unha comunicación intuitiva.
| 129,2  de  387 | Siguiente »

Notas sociedad

Lingua de namorar vai dirixido a mozos e mozas de 14 a 35 anos, que se dividen en dúas categorías de idade: de 14 a 19 e de 20 a 35. As mensaxes participantes deben estar escritas en lingua galega e poden redactarse en prosa ou en verso. A súa extensión máxima será de 350 caracteres, con espazos.
Con motivo da celebración do Día Mundial da Radio, a Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia quere lembrar o papel esencial que representa a radio como medio de proximidade na nosa contorna. O Día Mundial da Radio celébrase este ano baixo o lema "A radio es ti", co que se reivindica como o medio de comunicación más dinámico e reactivo, funcionando como elemento cohesionador das comunidades.
O Concello de Santiago vai colaborar coas emisoras de radio de Compostela na celebración do Día Mundial da Radio, o 13 de febreiro. Por ese motivo, os semáforos de varias rúas da cidade utilizarán durante varios días as voces dos locutores dos programas locais, as mesmas que acompañan a diario aos oíntes da capital galega.
O novo método, que mellora todas as técnicas dispoñibles, atraeu xa a atención de investigadores do prestixioso Massachusetts Institute of Technology (MIT). Desenvolvido por investigadores do programa de e-Saúde do CiTIUS, publícase no IEEE Journal of Biomedical and Health Informatics.
O alcalde da Coruña salienta que os actos da Conferencia de Cidades do Arco Atlántico que terán lugar na Coruña desde o venres 10 de febreiro e"demostran o seu peso a nivel estatal e internacional", así como a vontade do Goberno local "de aproximar A Coruña ao mundo, de traballar en rede e de cooperar con outras cidades".
Trátase dunha convocatoria bienal que recoñece as políticas e medidas que as autoridades locais ou rexionais teñen adoptado para protexer, xestionar e planificar as súas paisaxes. O catálogo foi elixido por un xurado integrado por un responsable da paisaxe dos Ministerios de Educación, Cultura y Deporte e de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente e 3 expertos.
A Xunta recorda a necesidade de seguir as medidas de protección pertinentes e consultar a súa web www.112galicia.org ante o temporal de chuvia e vento. Por provincias, a que rexistrou máis incidencias foi A Coruña con 182, seguida de Pontevedra con 112, Lugo con 63 e Ourense con 47 incidencias. A Xunta traballa para arranxar o antes posible os problemas causados polo temporal nas estradas galegas.
O alcalde participou en Santiago de Compostela nunha xornada sobre Transparencia Pública, onde salientou as medidas impulsadas polo Goberno local para facilitar que a veciñanza teña acceso ao funcionamento e xestión municipais. Nesta xornada concedéronse as certificacións á transparencia e rendición de contas.
A Coruña acollerá entre o 20 de febreiro e o 5 de marzo a segunda edición das Xornadas Gastronómicas do Lacón con Grelos, nas que participan 32 establecementos da cidade. o certame gastronómico ‘Lacónicas’ completarase con talleres e obradoiros para persoas adultas e menores que se celebrarán nos mercados da Praza de Lugo e de San Agustín, según o Concello.
O presidente da Xunta mantivo unha reunión co ministro de Educación, Cultura e Deporte na cal abordaron outras materias específicas da Comunidade. Íñigo Méndez e Feijóo coinciden na necesidade dun plan de rehabilitación dos BIC ao longo do Camiño de Santiago, de cara ao Xacobeo do ano 2021.


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES