Notas de prensa

A Coruña acolle o debate sobre os desafíos atlánticos na véspera do Brexit

O alcalde da Coruña salienta que os actos da Conferencia de Cidades do Arco Atlántico que terán lugar na Coruña desde o venres 10 de febreiro e"demostran o seu peso a nivel estatal e internacional", así como a vontade do Goberno local "de aproximar A Coruña ao mundo, de traballar en rede e de cooperar con outras cidades".

O venres 10 ten lugar en Palexco unha xornada de debate arredor dos “Desafíos atlánticos na véspera do Brexit”, mentres que o sábado, o pazo municipal acollera o Buró Executivo da Conferencia das Cidades do Arco Atlántico, no que participan representantes municipais de Avilés, Santander, Brest, La Rochelle, Sligo, Lisboa, Rennes, Braga, Las Palmas ou Santa María da Feira, ademais da Coruña, así como membros do Parlamento e a Unión Europea e do Eixo Atlántico.

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, salientou en rolda de prensa que os actos que terán lugar na Coruña organizados polo Concello en colaboración coa Conferencia de Cidades do Arco Atlántico, da que forma parte, e o Comité das Rexións da Comisión Europea, veñen a referendar, unha vez máis, "o peso da cidade a nivel estatal e internacional", así como a vontade do Goberno local "de aproximar A Coruña ao mundo, de traballar en rede e de cooperar con outras cidades". Desta forma, o venres 10 de febreiro, terá lugar a partir das 09.00 horas da mañá en Palexco unha xornada de debate arredor dos "Desafíos atlánticos na véspera do Brexit". O rexedor agradeceu "a aposta da Unión Europea e a súa disposición, tanto na organización como no financiamento deste acto". Posteriormente, o sábado, o Pazo municipal de María Pita acollerá o Buró Executivo da Conferencia das Cidades do Arco Atlántico, tal e como se acordou na xuntanza deste órgano executivo no que Ferreiro participou en xullo na cidade francesa de Brest. "Traer aquí a celebración desta reunión de traballo foi unha iniciativa compartida co presidente da conferencia de cidades e alcalde de Viana do Castelo, José María da Cunha Costa", engadiu.

A xuntanza do Buró Executivo da Conferencia de Cidades do Arco Atlántico é, como indicou o alcalde, "especialmente significativa" por ser preparatoria de cara á vindeira asemblea xeral da entidade, na que se renovarán os órganos directivos e se planificará o futuro desta plataforma. En segundo lugar, debaterase tamén sobre a creación de tres novas comisións técnicas bosquexadas en Brest, nas que A Coruña terá un papel singular, como a de Economía do Mar e Ciclo da Auga, Dereito á Cidade e Participación e Desenvolvemento Urbano.

"Todos estes encontros serán especialmente proveitosos para a cidade, que volve a demostrar o seu peso e vocación de cooperación", explicou Ferreiro, quen adiantou que ademais dos propios representantes municipais do Concello da Coruña, a estas xornadas tamén acudirán membros dos Gobernos locais de Avilés, Santander e Las Palmas, Brest, La Rochelle e Rennes (Francia), Sligo (Irlanda), e Santa María da Feira, Braga e Lisboa (Portugal), así como membros do Parlamento Europeo, a Unión Europea e o Eixo Atlántico.

'Declaración da Coruña'

A conferencia Desafíos Atlánticos en vésperas do Brexit, que terá lugar no edificio Palexco o vindeiro venres, terá como obxectivo fundamental o actual contexto europeo e atlántico. O acto, no que se entregará a Las Palmas o premio de Cidade Atlántica do Ano, contará cunha intervención sobre as cidades do mar e outros proxectos marítimos. "Todos os temas que se abordarán serán especialmente importantes, tendo en conta que competen á Coruña, pero tamén son fundamentais no resto de Europa. É o caso as cláusulas sociais na contratación pública, os proxectos Smart Cities, o dereito das mulleres á cidade ou os orzamentos participativos", avanzou Ferreiro, que tamén participará cunha ponencia sobre o Dereito á Cidade.

Ademais, esa mesma xornada o alcalde da Coruña tamén intervirá para explicar as liñas básicas do que será a Declaración da Coruña, documento que asinarán os e as representantes municipais do Arco Atlántico reunidos na cidade é que servirá como "prólogo á reflexión estratéxica que terá lugar en Lisboa, no marco da vindeira asemblea xeral da Conferencia de Cidades do Arco Atlántico". A citada declaración, sinalou Ferreiro, "marcará as liñas de cooperación das cidades atlánticas, deixando claro a súa vontade de continuar colaborando de beira a beira do Océano Atlántico".

A Declaración da Coruña sostén, entre outros dos seus puntos, "a importancia de que dende Europa se fomenten as políticas de cohesión como instrumento fundamental de desenvolvemento, rexeitando toda iniciativa que conduza a unha revisión total ou parcial da mesma". Co citado documento tamén se solicitará á Unión Europea á revisión da Axenda Urbana Europea, de forma que "os programas urbanos ofrezan facilidades de acceso ás cidades medias ou con características xeográficas específicas".

Gabinete de Comunicación da Concello de A Coruña, 2017-02-08

Actualidad

Foto del resto de noticias (112-4.jpeg) O 112 Galicia rexistra os seus picos de emerxencia durante as tardes e noites de verán. Os meses estivais traen consigo un cambio nos hábitos da poboación galega: días máis longos, noites máis activas e un aumento significativo das incidencias xestionadas polo 112. Segundo os datos, as franxas horarias con maior demanda son as 15:00 e as 20:00 horas, coincidindo cun estilo de vida máis intenso e prolongado durante o verán. En 2023, o servizo rexistrou medias de 1.300 intervencións entre as 15:00 e as 16:00 horas, e case 1.500 (1.484) entre as 19:00 e as 20:00 horas durante xuño, xullo e agosto. Aínda que en 2024 houbo un descenso global de incidencias (233.289 anuais), estas franxas mantiveron cifras elevadas: máis de 1.000 chamadas á tarde e 1.200 á noite no mesmo período.
Foto de la tercera plana (incendios-camions.jpeg) O Goberno galego incrementará o orzamento destinado á formación do persoal dos servizos de prevención de incendios forestais ata os 1,8 millóns de euros no bienio 2025-2026, o que supón un 19% máis que no período anterior. Esta medida enmárcase no Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia (Pladiga), cuxo obxectivo é minimizar o impacto ecolóxico, económico e social dos lumes, optimizando os recursos dispoñibles. O compromiso formativo da Consellería do Medio Rural xa se reflectiu en 2024, cando se impartiron 473 cursos con 11.447 participantes e máis de 108.000 horas de adestramento.

Notas

A revista científica Nature publica un achado fundamental para comprender a prevalencia da materia sobre a antimateria que existe desde as orixes do universo. O artigo, asinado polo equipo do experimento LHCb do CERN no que participa o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (USC), abre unha nova vía na procura de física máis alá do Modelo Estándar, a construción máis completa que a ciencia conseguiu ofrecer ata agora para explicar o universo.
Aínda que o descubrimento remóntase ao ano 2021, non foi ata onte cando a revista Archaeological and Anthropological Sciences publicaba o achado realizado por integrantes do Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da UVigo, que hai anos traballan no xacemento ourensán de Arema, na parroquia ourensá de Santa Mariña de Augas Santas (Allariz), do primeiro trilobite confirmado da época romana.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES