
Axustes nas quendas e demanda variable
O 112 Galicia reforza o seu dispositivo nestes horarios, adaptándose ás oscilacións semanais. Os días centrais (martes e mércores) presentan menor actividade, mentres que o fin de semana excepto os domingos concentra maior volume de emerxencias. Os xoves, grazas á oferta cultural estival, aseméllanse máis a días festivos. O centro conta con flexibilidade para despregar persoal adicional se a situación o require.
Rescates e riscos estivais
En 2024, os rescates en situacións difíciles acadaron as 336 incidencias, cun 45% concentrado entre maio e agosto. Destaca a mellora nos sistemas de localización: o 58% dos casos resolveronse con coordenadas, fronte ao 40% en 2023. No ámbito marítimo, a tendencia ascendente rompeu, pero os meses de verán seguiron a acumular o 46% das incidencias.
Prevención: a chave para reducir riscos.
A concienciación cidadá é fundamental para allear as emerxencias. Recoméndase:
- En actividades ao aire libre: Coñecer o terreo, planificar rutas e adaptar o exercicio ás condicións físicas.
- En espazos acuáticos: Evitar baños en zonas perigosas, respectar a vixilancia e nunca actuar baixo os efectos do alcohol. A aclimatación á temperatura da auga prevén choques térmicos, especialmente en ríos.
- Ante o calor: Hidratarse constantemente, evitar exposición nas horas punta e usar roupa lixeira. Persoas maiores e menores requiren atención extra.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.