
O Concello da Coruña vén de recibir a certificación como o máis transparente de Galicia, nun posto compartido co ente municipal de Pontevedra, unha distinción que outorgan a plataforma Dyntra -entidade para a transparencia e a rendición de contas das institucións- e a asociación Transparencia Pública, en función do Ãndice DAM, que outorga a ambos concellos un nivel de transparencia do 67%. O alcalde, Xulio Ferreiro, recibiu esta certificación, no curso dunha xornada sobre transparencia pública na comunidade autónoma de Galicia celebrada en Santiago, na que participou como parte da mesa de debate sobre transparencia municipal.
Durante a súa intervención, o rexedor coruñés deu conta dalgunhas das medidas impulsadas polo Goberno local para abrir o coñecemento da xestión municipal á cidadanÃa e de cara ao rendemento de contas, que van -sinalou- desde a inclusión de membros dos grupos da oposición na Xunta de Goberno local e na mesa de contratación, á retransmisión en directo dos plenos ou á recente posta en marcha dun portal web transparencia do Concello, no que a cidadanÃa pode acceder de forma sinxela á información relacionada coa acción de goberno e a xestión da institución local. "A transparencia forma parte dunha nova cultura polÃtica, na que o Goberno coruñés seguir afondando como antÃdoto ao escurantismo, xa que, ademais, forma parte do dereito da veciñanza de estar informada da acción do seu Goberno e a súa Corporación Municipal", salientou Ferreiro.
O Consello da Xunta analizou na súa reunión de hoxe un informe da ConsellerÃa do Medio Rural sobre o anteproxecto de Lei de loita contra os incendios forestais de Galicia (LLCIF), antes da súa remisión para consulta ao Consello Forestal de Galicia, cuxa reunión está prevista para mañá martes. A futura normativa prioriza reforzar a protección da poboación e a xestión integral do territorio. O presidente do Goberno autonómico, Alfonso Rueda, lembrou que actual lexislación sobre incendios forestais 'ten case 20 anos' e 'cómpre actualizarla e adaptala aos novos tipos de lumes asà como aos avances que houbo tanto na loita como na prevención de incendios'.
Galicia é a rexión que máis solicitudes presentou en Europa para participar en proxectos interrexionais de I+D+i. Asà o indican os datos da Vanguard Initiative, alianza europea da que a nosa Comunidade forma parte, xunto a outras rexións, para estimular o crecemento europeo da I+D+i a través da colaboración entre territorios de distintos paÃses e a especialización intelixente. Precisamente a Xunta vén de publicar a convocatoria VInnovate Galicia, unha liña de axudas para organismos de investigación e empresas que presenten proxectos con outras rexións. Para poder candidatar á convocatoria VInnovate Galicia da Xunta, cuxo prazo de presentación de propostas está aberto desde hoxe ata o 19 de outubro, os posibles participantes teñen que presentarse antes á fase europea.