
Así, do 10 ao 14 de agosto de 2026, o Paraninfo da UDC convertirase na sede dun encontro internacional de cosmoloxía, organizado polo Centro de Física Cosmolóxica de Berkeley (Universidade de Berkeley, California), a Fundación Simons e a Universidade da Coruña. Durante esa semana daranse cita na Reitoría máis de 300 investigadores de primeira orde procedentes de países de todo o mundo.
Nun momento no que a cosmoloxía está a dar pasos importantes pola dispoñibilidade de grandes volumes de datos procedentes de experimentos punteiros como DESI, Euclid, Rubin, o Observatorio Simons e outros que están revolucionando este campo da ciencia, esta conferencia servirá de plataforma para debater como as novas técnicas, especialmente na análise de datos mediante intelixencia artificial, poden levar a nosa comprensión cara a novos horizontes.
Nesas mesmas datas o Centro de Investigación TIC (CITIC) da UDC, no Campus de Elviña, acollerá a Third Solar MHD Conference, unha cita centrada na física solar cun enfoque práctico. A axenda da MHD Conference é especializada, cubrindo temas avanzados como as observacións de eclipses e coronais, o uso de machine learning e big data en física solar, así como modelos de plasma multifluido.
Un programa divulgativo para coñecer máis o noso ceo
En materia de divulgación, desde a Unidade de Divulgación Científica da UDC estanse a poñer en marcha varias iniciativas para ofrecer ao público non especializado diferentes claves que permitan entender mellor este fenómeno, así como recomendacións para ter unha boa visualización e desfrutar da experiencia con seguridade.
A primeira delas desenvolverase esta semana, coincidindo co feito de que de o día 30 de abril a posición do Sol será prácticamente a mesma que a prevista para o próximo 12 de agosto, co que será unha boa ocasión para testar os mellores puntos de visión. Neste caso trátase dunha actividade dirixida á comunidade universitaria que se fará no Planetario da Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas. Así, o día 29 esta instalación acollerá a sesión Navegando polas estrelas, a cargo de Alsira Salgado e Ángel Arós.
Unha sesión que combinará a posta en valor o planetario como recurso científico e didáctico e a súa utilidade para comprender o ceo e a astronomía vinculada á navegación con explicacións científicas vencelladas ao eclipse do 12 de agosto incluindo as claves para a unha boa observación e as medidas de seguridade que se deberán adoptar para facelo de modo axeitado e responsable.
Xa por último, Xabier Pérez Couto (@astroxabi), investigador predoutoral no CITIC, membro do Laboratorio Interdisciplinar de Aplicacións da Intelixencia Artificial (LIA2) e participante no proxecto Smart Data para unha análise multicolor da Vía Láctea en Gaia.UDC, será o encargado do obradoiro Cando a Lúa apaga o Sol: a gran eclipse de 2026 na Coruña que se celebrará no mes de xuño no MUNCYT.
O obradoiro combinará unha explicación divulgativa sobre a eclipse, en que se analizarán os intereses científicos asociados a este fenómeno, con orientacións para a súa observación segura.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.