Notas de prensa

Un proxecto de historia alternativa convida a crear microrrelatos que conecten Galicia cunha guerra civil en Portugal

Financiado pola convocatoria comunitaria Europa Creativa, o proxecto HYP-Hypothesis You Preserve, ten entre os seus obxectivos a creación dunha 'enciclopedia dixital colaborativa de historia alternativa', unha disciplina que propón reflexionar sobre que tería acontecido se determinados feitos históricos se tivesen desenvolvido dunha forma diferente.

Liderado pola Universidade do Porto, este proxecto conta coa participación da profesora da Facultade de Dirección e Xestión Pública Rosa Ricoy e centra a construción desta “novela en mosaico” nun acontecemento que tivo lugar en Portugal en 1919, a proclamación dun goberno monárquico no norte do país, que derivou nun enfrontamento coa República instaurada nove anos antes. A proposta de historia alternativa formulada é imaxinar que tería sucedido se aquel conflito, que durou tres semanas, se tivese estendido ao longo de tres anos e involucrase a outros países. Nomeadamente, este proposta vén de incorporar unha sección, HYP-Rexión de Galicia, co propósito de reunir historias alternativas que puidesen ter acontecido en Galicia “relacionadas coa monarquía do norte ou desencadeadas por ela”, sinalan as súas promotoras.

Aberta á participación de toda a cidadanía, esta iniciativa busca sumar novas historias que aborden como esa guerra civil entre os monárquicos do norte e os republicanos do sur puidera ter influído na política internacional. Con esa idea, propón preguntas como se Galicia teríase sentido “fortalecida polo movemento independentista monárquico no norte de Portugal” ou se este conflito tería contribuído a “espertar as raíces celtas” no país, apunta Ricoy, autora das primeiras entradas desta nova sección.

Múltiples propostas

Aberto a textos orixinais de entre dez e 1000 palabras, poden presentarse “desde nanorrelatos ata microrrelatos”, que abranguen desde o formato dunha crónica ou noticia, ata obituarios ou textos de “pura ficción”, conectados coa cronoloxía de historia alternativa arredor da que se estrutura este proxecto. Trátase do Universo Winepunk, desenvolvido polo colectivo artístico portugués Invicta Imaginaria, que propón “dúas diverxencias” sobre os feitos históricos acontecidos en Portugal en 1919. Por unha banda, que o conflito se tivese convertido nunha guerra civil de tres anos entre o goberno monárquico, con sede no Porto, e o republicano de Lisboa, e, por outra, que o goberno do norte tivese “desenvolvido un biocombustible a base de viño do Porto”, establecendo a súa vez “unha rede de conexións” con outros países.

De feito, un dos propósitos deste proxecto é que as persoas participantes poidan idear historias que conecten este universo coa historia de diferentes países europeos. Do mesmo xeito, ademais das propostas de escritura creativa baseadas neste universo, a iniciativa está tamén aberta a achegas procedentes de arquivos familiares ou comunitarios. Os textos enviados estarán sometidos a unha análise curatorial e traduciranse cando menos a outra das linguas do proxecto HYP; portugués, galego, castelán, inglés e francés.

O proxecto HYP

Coordinado pola investigadora da Universidade do Porto Ana da Silveira Moura, no proxecto HYP participa tamén, ademais da UVigo, a École Pratique des Hautes Études de París e conta coa colaboración do Museo de Historia Natural e Ciencia do Porto. O seu obxectivo é xerar sinerxías entre a escritura creativa e a historia alternativa que permitan á súa vez fomentar o interese pola memoria e a cultura europeas e pór en valor as achegas da Unión Europea en múltiples eidos, a través de iniciativas como esta “enciclopedia colaborativa trasnacional e multilingüe”·ou a investigación sobre creatividade verde que coordina Ricoy.

Universidade de Vigo (UVigo), 2026-04-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (fito-2026.jpg) O certame consolídase como un espazo de exhibición para o sector profesional galego e de achegamento da cidadanía ás novas linguaxes escénicas. Teatro de Ningures abrirá a programación o xoves 15 no Teatro Principal coa estrea absoluta de Thelma e Lola. Tamén presentará por primeira vez a súa nova proposta Arun Run, que levará Inorganic ás rúas de Ourense os días 17, 18, 23, 24 e 25. Pola súa banda, a iniciativa 67 Graos Ourense Fervescénica dará a coñecer novas creacións o mércores 21 na Sala Emilia Pardo Bazán do Campus de Ourense. No apartado internacional, a compañía arxentina El Rayo Misterioso regresará ao festival con Todo terminará por Navidad.
Foto de la tercera plana (20261002-xunta.jpg) Galicia comparte coas comunidades autónomas a súa Lei de Educación Dixital, unha normativa pioneira a nivel estatal que regulará por primeira vez o uso da IA no ensino. Faino no I foro europeo EducaIA que se celebrou en Santiago de Compostela coa participación de responsables educativos de dez comunidades autónomas, xunto con docentes e expertos na materia e a intervención por videoconferencia do director de Educación da OCDE, Andreas Schleicher.

Notas

Pasaban 22 minutos das 20.00 horas deste xoves 1 de outubro cando un vehículo de lanzamento Falcon 9 de SpaceX despegaba desde a base da Forza Espacial de Vanderberg (California) levando no seu interior o experimento CORTIS (Camara Observation & Radiation Test in Space), desenvolvido durante un ano polo alumnado da Universidade de Vigo que forma parte da asociación UVigo SpaceLab.
A Universidade da Coruña reuniu hoxe investigadoras e especialistas de referencia para reflexionar sobre os nesgos de xénero, sociais e discriminatorios presentes nos sistemas de intelixencia artificial (IA), así como sobre os retos éticos e tecnolóxicos que suscita o seu desenvolvemento e aplicación en ámbitos cada vez máis diversos da sociedade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES