
A Xunta quere que a tramitación desta ferramenta lexislativa sexa aberta e participativa, de maneira que se recollan as achegas de toda a sociedade galega, en especial, das entidades representativas do terceiro sector. Con esta finalidade, nos vindeiros días abrirase unha consulta pública previa para a presentación de propostas e, a continuación, comezar a redacción do anteproxecto de lei. A previsión é que o proxecto de lei se aprobe a finais deste ano para o seu envío ao Parlamento de Galicia.
Neste sentido, tal e como explicou a conselleira, os principais aspectos que se queren regular nesta lei son: 'definir e delimitar o conxunto de entidades e organizacións que conforman o terceiro sector de Galicia', así como establecer os principios reitores destas. Tamén se recolle a elaboración dun censo de organizacións, que sexa compatible con outros rexistros públicos en que se inscriben estas entidades 'para reducir as cargas burocráticas'..
Ademais, a futura norma ten entre os seus obxectivos a elaboración dun plan de impulso e promoción das entidades así como reforzar a súa participación a través dunha Mesa do Terceiro Sector da Acción Social de Galicia, como un órgano de carácter participativo no ámbito da Xunta.
En definitiva, o obxectivo da nova lei é regular a actividade das entidades do ámbito social, establecer os principios reitores do seu funcionamento e a súa relación coas administracións, e contribuír a pór en valor a relevancia que teñen para o desenvolvemento social e económico de Galicia. 'Trátase de axentes imprescindibles para o bo funcionamento da comunidade e aos que sempre estaremos agradecidos', indicou a conselleira.
Foi presentada a novena edición de Intersección, Festival Internacional de Cine da Coruña, celebrada nos Cantones Cines. O festival desenvolverase do 13 ao 17 de outubro cunha programación que combina proxeccións, exposicións, formación e encontros profesionais arredor das novas linguaxes cinematográficas. Así, as seccións competitivas Galicia, Internacional e Fulgor achegarán ao público obras afastadas dos circuítos comerciais habituais e novas voces da creación audiovisual contemporánea. En concreto, a sección Internacional reúne 27 filmes procedentes de 22 países, entre os que figuran catro estreas mundiais, 17 en España e cinco en Galicia. As propostas exploran cuestións como a tecnoloxía, a memoria, o territorio e a identidade desde linguaxes e xeografías diversas.
A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) celebrou en Santiago, no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, o acto do Día da Ciencia en Galicia, no que se homenaxeou á oceanógrafa Aida Fernández Ríos (Vigo, 1947 - Moaña, 2015) como Científica Galega 2026. Ademais, entregáronse as Medallas de Investigación a cinco científicas e científicos da nosa comunidade. O presidente da Academia destacou que 'Aida Fernández Ríos foi unha investigadora capaz de identificar problemas relevantes e de situalos nun contexto internacional, converténdose nunha científica respectada moito máis alá de Galicia.