Notas de prensa

A Coruña acolle do 20 de febreiro ao 5 de marzo as II Xornadas Gastronómicas do Lacón con Grelos

A Coruña acollerá entre o 20 de febreiro e o 5 de marzo a segunda edición das Xornadas Gastronómicas do Lacón con Grelos, nas que participan 32 establecementos da cidade. o certame gastronómico ‘Lacónicas’ completarase con talleres e obradoiros para persoas adultas e menores que se celebrarán nos mercados da Praza de Lugo e de San Agustín, según o Concello.

O concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, quen tamén é presidente do Consorcio de Turismo da Coruña, presentou a segunda edición de Lacónicas, as Xornadas Gastronómicas do Lacón con Grelos, que terán lugar este ano entre o 20 de febreiro e o 5 de marzo e polas que 32 establecementos da cidade ofrecerán menús especiais de degustación con prezos que oscilarán entre os 18 e os 30 euros. Ademais, este ano, a ofertas das xornadas Lacónicas completarase con diversas actividades relacionadas cos pratos típicos do Entroido, que terán lugar nos mercados municipais, concretamente no de San Agustín e no da Praza de Lugo. O responsable municipal destacou "o gran atractivo para a xeración de turismo que teñen para a cidade os eventos gastronómicos, como queda patente en moitos dos estudos turísticos que se levan a cabo en Galicia". Así, indicou que "a segunda edición das xornadas Lacónicas é unha forma inmellorable de comezar un ano ateigado de eventos gastronómicos que poden xerar un importante polo de atracción turística", á vez que recordou que a cidade acollerá a "gran cita do Fórum Gastronómico" entre o 12 e o 14 de marzo.

Nesta ocasión, as xornadas Lacónicas contan coa participación de 32 establecementos da cidade, aumentando a porcentaxe do pasado ano, que ofrecerán, desta vez, un "menú de carácter tradicional", composto por un primeiro prato de sopa ou similar, un prato principal que será unha laconada e unha sobremesa de filloas e/ou orellas, ademais de bebida, entre as que se contempla auga, refrescos ou viño de denominación de orixe galega. Os estabelecementos participantes nesta segunda edición son A la Brasa, A Taberna de Cunqueiro, Cafe-Bar Ãncora, Calma Chicha, Casa Bieito, Casa Lelín, Casa Martín, Casa Matilde, Central Park, El Local 20, El Prada, El Secreto Hemingway, Galiur, Gastroteca, La Bodeguilla de Padre Feijóo, La Huerta del Mercado, La Taberna del Arriero, Mesón Manolito, Mesón Moncho, Mesón O'Bo, O'Calexo, Oído Cocina!, Arcade-Hotel Plaza, Boavista, Comer y Picar, La Marola - Hotel Zenit, Restaurante Manolito, Restaurante Noray, O Fieital, Roots Urban Food, Taberna O'Trotamundos e Vinum.

Ademais da xornadas de degustación, as Lacónicas contarán este ano, segundo destacou Lema, con diversas actividades e talleres para todos os públicos que terán lugar nos mercados municipais, "dentro doutras das accións que poñemos en marcha co obxectivo de achegar a máis persoas a estas prazas de abastos, que en si mesmas tamén constitúen outro dos reclamos turísticos da cidade".

En concreto, o sábado 25 de febreiro, no Mercado da Praza de Lugo, entre as 10.30 e as 12.00 horas, e entre as 12.30 horas e as 14.00 horas, terán lugar uns obradoiros infantís gratuítos, para nenos e nenas de 5 a 10 anos, nos que o único requisito para participar será acudir disfrazado. Unha parte do taller dedicarase a explicar os ingredientes das laconadas, co obxectivo de que as crianzas poidan ver, tocar e probar, ademais de, posteriormente realizar diferentes preparacións. Nesa mesma xornada, tamén haberá talleres gastronómicos para adultos, así como outras actividades. En concreto de 11.30 a 13.30 horas, haberá unha degustación gratuíta de filloas e orellas acompañada dun showcooking a cargo do cociñeiro Gorka Rodríguez, da Pulpeira de Melide. Para participar neste último será precisa a inscrición previa, ou ben no teléfono 636 447 574 ou a través do mail xornadaslaconicas@gmail.com, quedando aberto o prazo de inscrición a partir deste mesmo martes. Ademais, entre 12.00 horas e 13.30 horas actuará no citado mercado a comparsa popular Monte Alto A 100.

A seguinte fin de semana, concretamente, o sábado 4 de marzo, terá lugar no mercado da Praza de San Agustín un showcooking para adultos con degustación, que leva por título 'Os Segredos do Cocido', e que será impartido polo chef Antonio Amenedo. Neste caso, para participar, haberá que inscribirse ou ben no teléfono ou dirección mail remitida anteriormente, aínda que neste caso, será a partir do 10 de febreiro candos as e os interesados poidan anotarse. Lema destacou a aposta polo mercado de San Agustín "como nova ubicación este ano de actividades relacionadas con estas xornadas gastronómicas".

Gabinete de Comunicación da Concello de A Coruña, 2017-01-31

Actualidad

Foto del resto de noticias (incendios-xente.jpg) O Consello da Xunta analizou na súa reunión de hoxe un informe da Consellería do Medio Rural sobre o anteproxecto de Lei de loita contra os incendios forestais de Galicia (LLCIF), antes da súa remisión para consulta ao Consello Forestal de Galicia, cuxa reunión está prevista para mañá martes. A futura normativa prioriza reforzar a protección da poboación e a xestión integral do territorio. O presidente do Goberno autonómico, Alfonso Rueda, lembrou que actual lexislación sobre incendios forestais 'ten case 20 anos' e 'cómpre actualizarla e adaptala aos novos tipos de lumes así como aos avances que houbo tanto na loita como na prevención de incendios'.
Foto de la tercera plana (tecnoloxia-cuantica.jpg) Galicia é a rexión que máis solicitudes presentou en Europa para participar en proxectos interrexionais de I+D+i. Así o indican os datos da Vanguard Initiative, alianza europea da que a nosa Comunidade forma parte, xunto a outras rexións, para estimular o crecemento europeo da I+D+i a través da colaboración entre territorios de distintos países e a especialización intelixente. Precisamente a Xunta vén de publicar a convocatoria VInnovate Galicia, unha liña de axudas para organismos de investigación e empresas que presenten proxectos con outras rexións. Para poder candidatar á convocatoria VInnovate Galicia da Xunta, cuxo prazo de presentación de propostas está aberto desde hoxe ata o 19 de outubro, os posibles participantes teñen que presentarse antes á fase europea.

Notas

A iTERRA Night 2026 achegará o 25 de setembro a investigación que se realiza dende o Instituto de Saúde Global e Desenvolvemento Sostible do Campus Terra da USC á cidadanía a través dunha tarde de ciencia, experimentación e aprendizaxe para diferentes idades. A iniciativa desenvólvese no soto da Praza de Abastos lucense como evento asociado á European ResearchersÂ’ Night, unha iniciativa das Marie Skłodowska-Curie Actions (MSCA).
Os laboratorios do Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo (CINBIO), pertencente á Rede Cigus, volveron converterse nun espazo aberto á cidadanía coa celebración dunha nova edición da súa xornada de portas abertas, unha iniciativa integrada no programa de divulgación científica Ciencia con C de CINBIO. Máis de 80 persoas de diferentes idades participaron nesta actividade, deseñada para achegar a investigación que se desenvolve no centro ao público dun xeito participativo e próximo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES