Notas de prensa

O Catálogo das Paisaxes de Galicia, seleccionado para representar a España nos Premios do Consello Europeo

Trátase dunha convocatoria bienal que recoñece as políticas e medidas que as autoridades locais ou rexionais teñen adoptado para protexer, xestionar e planificar as súas paisaxes. O catálogo foi elixido por un xurado integrado por un responsable da paisaxe dos Ministerios de Educación, Cultura y Deporte e de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente e 3 expertos.

O Catálogo das Paisaxes de Galicia, promovido pola Consellería do Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, vén de ser seleccionado para ser a candidatura española á quinta edición do Premio da Paisaxe do Consello de Europa. Con esta iniciativa, o Consello europeo quere pór de relevo as políticas e medidas adoptadas polas autoridades locais ou rexionais, as súas agrupacións, así como as organizacións non gobernamentais, para protexer, xestionar e planificar as súas paisaxes.

A Consellería do Medio Ambiente e Ordenación do Territorio manifesta a súa satisfacción polo nomeamento e considera a candidatura unha oportunidade para a promoción e a difusión da paisaxe como patrimonio determinante para o desenvolvemento dos países.

O Premio da Paisaxe do Consello de Europa é unha convocatoria bienal que nace ao abeiro do Convenio Europeo da Paisaxe aprobado en Florencia no ano 2000 con entrada en vigor en España en marzo de 2008. Cada Estado participante no Convenio pode presentar unha única candidatura, que, neste caso, defenderá o Catálogo das Paisaxes de Galicia.

A protección, a xestión e a ordenación das paisaxes, entendidas como un factor para potenciar a calidade de vida en todo o territorio e como integrantes da identidade cultural son os principais fitos do Convenio Europeo da Paisaxe. Ademais, presenta a paisaxe como un elemento clave de intervención na planificación do territorio, especialmente, por contribuír a preservar os valores patrimoniais e dotar de maior coherencia as políticas que actúan no territorio.

O Catálogo das Paisaxes de Galicia foi seleccionado entre todas as propostas presentadas por un xurado composto por un responsable dos Ministerios de Educación, Cultura y Deporte e de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente e por tres expertos na materia.
Base para ordenación territorial e urbanística

Ata 207 Ãreas de Especial Interese Paisaxístico (AEIP) foron identificadas no Catálogo das Paisaxes de Galicia, que serviu como base para determinar a caracterización de solo rústico de especial protección paisaxística que recolle a Lei do Solo de Galicia. Ademais, o catálogo facilitou a elaboración das Directrices da Paisaxe agora en período de exposición pública. O último paso será a creación do Atlas das Paisaxes de Galicia e dará soporte a todos os instrumentos de ordenación territorial e urbanística; aos informes sectoriais en materia de paisaxe e aos estudos de impacto e integración paisaxística.

Cómpre destacar que a calidade da paisaxe é un excelente indicador do grao de desenvolvemento dunha sociedade e a súa boa xestión e ordenación son un factor a ter en conta para a competitividade dun territorio.

Entre os obxectivos desta liña de traballo tamén se atopa a concienciación e sensibilización da sociedade en torno a esta materia. Así, na selección das 207 Ãreas de Especial Interese Paisaxístico recollidas no Catálogo, tívose en conta a participación pública, que se artellou a través de obradoiros e dunha plataforma web.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2017-02-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (incendios-xente.jpg) O Consello da Xunta analizou na súa reunión de hoxe un informe da Consellería do Medio Rural sobre o anteproxecto de Lei de loita contra os incendios forestais de Galicia (LLCIF), antes da súa remisión para consulta ao Consello Forestal de Galicia, cuxa reunión está prevista para mañá martes. A futura normativa prioriza reforzar a protección da poboación e a xestión integral do territorio. O presidente do Goberno autonómico, Alfonso Rueda, lembrou que actual lexislación sobre incendios forestais 'ten case 20 anos' e 'cómpre actualizarla e adaptala aos novos tipos de lumes así como aos avances que houbo tanto na loita como na prevención de incendios'.
Foto de la tercera plana (tecnoloxia-cuantica.jpg) Galicia é a rexión que máis solicitudes presentou en Europa para participar en proxectos interrexionais de I+D+i. Así o indican os datos da Vanguard Initiative, alianza europea da que a nosa Comunidade forma parte, xunto a outras rexións, para estimular o crecemento europeo da I+D+i a través da colaboración entre territorios de distintos países e a especialización intelixente. Precisamente a Xunta vén de publicar a convocatoria VInnovate Galicia, unha liña de axudas para organismos de investigación e empresas que presenten proxectos con outras rexións. Para poder candidatar á convocatoria VInnovate Galicia da Xunta, cuxo prazo de presentación de propostas está aberto desde hoxe ata o 19 de outubro, os posibles participantes teñen que presentarse antes á fase europea.

Notas

A iTERRA Night 2026 achegará o 25 de setembro a investigación que se realiza dende o Instituto de Saúde Global e Desenvolvemento Sostible do Campus Terra da USC á cidadanía a través dunha tarde de ciencia, experimentación e aprendizaxe para diferentes idades. A iniciativa desenvólvese no soto da Praza de Abastos lucense como evento asociado á European ResearchersÂ’ Night, unha iniciativa das Marie Skłodowska-Curie Actions (MSCA).
Os laboratorios do Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo (CINBIO), pertencente á Rede Cigus, volveron converterse nun espazo aberto á cidadanía coa celebración dunha nova edición da súa xornada de portas abertas, unha iniciativa integrada no programa de divulgación científica Ciencia con C de CINBIO. Máis de 80 persoas de diferentes idades participaron nesta actividade, deseñada para achegar a investigación que se desenvolve no centro ao público dun xeito participativo e próximo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES