
Do 13 ao 19 de febreiro poderanse escoitar as voces de nove xornalistas noutros tantos semáforos de Compostela: avenida de RosalÃa de Castro, avenida de RosalÃa de Castro con praza de Vigo, rúa Mestre Mateo, avenida de Romero Donallo, Porta Faxeira, Fonte de Santo Antonio, rúa de San Pedro, rúa das Rodas e avenida de CoÃmbra.
Esta iniciativa está organizada por Radio Galicia Cadena SER, como decana da radio en Santiago, e conta coa participación de LOS40 Santiago, Onda Cero, Cope, Cadena 100, Radio Obradoiro, Radio Voz, Radio Nacional de España e Radio Galega. Cristina Pérez, xornalista de Radio Nacional de España que exerceu de portavoz de todos os participantes, explicou que o obxectivo "é recordar a importancia dun medio de comunicación que participou de forma activa na historia de Compostela, e que estivo presente nos seus acontecementos máis importantes". Tamén salientou que a radio soubo "adaptarse aos novos tempos, ás novas tecnoloxÃas e á existencia das redes sociais, facendo que os oÃntes sexan tamén escoitados".
Os xornalistas, protagonistas por un dÃa
Esta iniciativa foi presentada hoxe nunha rolda de prensa na que por unha vez se inverteron os papeis. Os xornalistas que habitualmente cobren a información local ocuparon o lugar dos representantes dos grupos polÃticos da Corporación, e foron estes os que se encargaron de facerlles as preguntas. Na presentación participaron o alcalde, Martiño Noriega; o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro; o voceiro do BNG, Rubén Cela; o edil socialista Gonzalo MuÃños e a concelleira do PP MarÃa Corral.
Este ano, a UNESCO propón o lema "A radio es ti", para a celebración do DÃa Mundial da Radio. Este é o medio de comunicación máis dinámico, reactivo e atractivo, e sabe adaptarse aos cambios do século XXI para ofrecer novas formas de interacción e participación. A UNESCO apela ás radios para manter o diálogo constante cos seus oÃntes, para responder ás súas necesidades.
Na Ãrea Metropolitana de Santiago viven 171.000 persoas maiores de 14 anos, dos que 112.000 escoitan a radio a diario. Iso supón un 65,4%, dos puntos máis que a media estatal.
O Consello da Xunta analizou na súa reunión de hoxe un informe da ConsellerÃa do Medio Rural sobre o anteproxecto de Lei de loita contra os incendios forestais de Galicia (LLCIF), antes da súa remisión para consulta ao Consello Forestal de Galicia, cuxa reunión está prevista para mañá martes. A futura normativa prioriza reforzar a protección da poboación e a xestión integral do territorio. O presidente do Goberno autonómico, Alfonso Rueda, lembrou que actual lexislación sobre incendios forestais 'ten case 20 anos' e 'cómpre actualizarla e adaptala aos novos tipos de lumes asà como aos avances que houbo tanto na loita como na prevención de incendios'.
Galicia é a rexión que máis solicitudes presentou en Europa para participar en proxectos interrexionais de I+D+i. Asà o indican os datos da Vanguard Initiative, alianza europea da que a nosa Comunidade forma parte, xunto a outras rexións, para estimular o crecemento europeo da I+D+i a través da colaboración entre territorios de distintos paÃses e a especialización intelixente. Precisamente a Xunta vén de publicar a convocatoria VInnovate Galicia, unha liña de axudas para organismos de investigación e empresas que presenten proxectos con outras rexións. Para poder candidatar á convocatoria VInnovate Galicia da Xunta, cuxo prazo de presentación de propostas está aberto desde hoxe ata o 19 de outubro, os posibles participantes teñen que presentarse antes á fase europea.