//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias politica
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, urxiu ao Goberno central a axilizar e facilitar o traspaso das funcións así como dos medios materiais e persoais necesarios para que Galicia poida asumir 'de inmediato' e de forma efectiva a xestión da súa franxa costeira. A responsable autonómica lembrou que o pasado mes de abril o Tribunal Constitucional avalou por unanimidade a validez da Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia (Loxilga) fronte ao recurso interposto polo Executivo central contra a norma.
A directora xeral de Patrimonio Natural, Marisol Díaz, e a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, visitaron hoxe os concellos de Lepe e Huelva como representantes do xurado Bandeira Azul de Galicia co obxectivo de poñer en común a aposta de ambas comunidades -a galega e a andaluza- pola sustentabilidade das súas praias, portos deportivos, centros ou sendeiros azuis, ofrecendo os mellores servizos posibles aos usuarios. Deste xeito, as dúas rexións apostan por xerar sinerxías co obxectivo de seguir avanzado no futuro neste eido.
O padroado da Fundación Galicia Europa (FGE) celebrou a súa reunión semestral, presidida polo director xeral de Relacións Exteriores e coa UE e director da FGE, Jesús Gamallo, onde abordou as prioridades de Galicia no novo mandato da Unión Europea. Así, a entidade traballa actualmente nos obxectivos para a defensa dos intereses galegos ante a UE trala renovación do ciclo institucional que se iniciou en xuño coa celebración das eleccións europeas. De particular interese para Galicia é o debate sobre o orzamento comunitario posterior ao 2027, dado que a Comisión está a revisar todas as partidas de gasto para facer unha proposta en menos dun ano.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, salientou hoxe o compromiso do Goberno galego de duplicar o parque de vivendas de promoción pública nesta lexislatura: 'Acabamos de crear unha consellería de Vivenda específica. Esa conselleira xa conseguiu, coa colaboración de toda a Xunta de Galicia, ter xa en execución 400 vivendas en 100 días. E imos a polas 4000', salientou. Neste sentido, valorou os avances feitos nestes últimos anos, xa que desde o ano 2009 adxudicáronse máis de 4680 vivendas de promoción pública. Destas, 2403 son de nova construción ou recén rehabilitadas e 2281 de segundas adxudicacións.
A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, puxo en valor hoxe a aposta da Xunta polo emprego inclusivo no peche da xornada Trazando Camiños: oportunidades e aprendizaxes arredor da orientación especializada en persoas con dano cerebral adquirido, que tivo lugar en Santiago e estivo organizada por Sarela, a Asociación de Dano Cerebral de Compostela. A iniciativa busca reflexionar e poñer en común experiencias de inclusión sociolaboral no terceiro sector co obxectivo de crear ferramentas e estratexias para mellorar as taxas de emprego das persoas con dano cerebral.
Galicia defende a necesidade de que as posicións das comunidades autónomas sexan escoitadas e as súas singularidades tidas en conta na toma de decisións dentro da Unión Europea. Así o vai defender a comunidade galega nos Consellos de Ministros de Medio Ambiente do segundo semestre do ano, no que ostentará a representación das autonomías españolas. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, participou hoxe nun encontro por videoconferencia que serviu para proceder ao traspaso.
O Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia acada xa unha execución financeira que supera o 83 % do seu importe total. Isto significa, subliñou, que xa se executaron por parte da Xunta máis de 1.300 millóns de euros ao abeiro deste programa, e ademais que o grao de aplicación do PDR supera en seis puntos a media nacional, que se sitúa no 77,2 %. O PDR supón para o rural galego unha aposta por fomentar a competitividade da agricultura na nosa comunidade, así como por conservar e revalorizar o seu patrimonio natural, promovendo a xestión sustentable dos recursos e a loita contra o cambio climático. Este programa representa ademais unha clara orientación cara á mellora da calidade de vida da poboación rural.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que o Consello aprobou na súa reunión semanal a Estratexia Galega de Solo Residencial para 'impulsar a construción de 20.000 vivendas protexidas e outras 5.000 libres'. Unha iniciativa que se enmarca na aposta do Goberno autonómico de ampliar a oferta de vivenda na comunidade co compromiso de 'dobrar o parque residencial público nesta lexislatura, para pasar das 4.000 actuais a 8.000 vivendas', salientou Rueda, quen lembrou que a Xunta vai poñer en marcha a construción de '400 novos inmobles' nos primeiros 100 días de Goberno.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que o Goberno galego vai facer un manifesto conxunto entre a rexión do Norte de Portugal e Galicia para defender a conexión ferroviaria de alta velocidade entre os dous territorios: Imos presentar en pouco tempo un manifesto conxunto, xunto coa Comunidade de Traballo do Norte de Portugal, en defensa de que o Norte de Portugal e Galicia teñan un ferrocarril, un transporte do século XXI, declarou. Neste sentido, celebrou que neste asunto Galicia e Portugal estean completamente aliñados nos seus intereses, xa que no Goberno luso ven esta conexión como algo prioritario.
Entre as principais novidades da actualización de 2024 está o incremento do número de cámaras nos montes que permitirá que o 85% do territorio galego en risco de incendio contará con videovixilancia. En concreto, vanse instalar outras 24 cámaras en 12 novas localizacións, e dicir, a rede de videovixilancia fixa vai contar con 177 cámaras en 88 puntos. Á hora de establecer a localización concreta das cámaras, tívose en consideración o feito de que proporcionen cobertura visual das zonas nas que se rexistra unha maior actividade incendiaria, con especial atención ás Parroquias de Alta Actividade Incendiaria (PAAI) e ás zonas de alto risco de incendios (ZAR).
Raquel Arias, exalcaldesa de Sober e delegada da Xunta de Galicia en Lugo, disputará a Elena Candia o relevo ao frente do partido en Lugo. Arias lamenta non ter "más tiempo" para presentar a súa proposta, logo de que Barreiro mantivese a incógnita de si se presentaba.
Logo dos novos datos difundidos sobre o "caso Baltar", o BNG reitera a súa esixencia ao PPdeG para que cese ao presidente da Deputación provincial de Ourense. Os nacionalistas lamentan que o PPdeG mantivese a Baltar nos seus cargos no organismo provincial e no Parlamento galego.
Fieis ao compromiso de render contas diante da cidadanía galega, En Marea presentou en Santiago cuestións concretas para o diálogo como primeiro paso para apoiar un goberno alternativo en Madrid e que se artellan ao redor de tres eixos fundamentais: a restitución dos dereitos sociais, o remate das privatizacións e dos recortes e a apertura dun debate que resolva a cuestión plurinacional.
Feijóo felicita a Rebelo de Sousa por el "apoyo mayoritario" conseguido en las elecciones y espera que en esta nueva etapa se sigan "consolidando los especiales vínculos entre Galicia y Portugal". O titular da Xunta enviou unha misiva ao novo presidente da República do país luso e valora a elección dun candidato que aposta pola estabilidade de Portugal.
Non necesitamos contrapoñernos nin enfrontarnos frontalmente a nada nin a ninguén para reafirmar o que somos; non precisamos proclamar o que non somos nin infrinxir normas para sentir a importancia do significado de ser galegos e galegas en Galicia e en España, asevera Feijóo na presentación do libro Xerardo Fernández Albor".
En Marea traballa desde xa para abrir os diálogos necesarios para consolidar un cambio fundamentado na democracia e nos dereitos sociais e, polo tanto, para tratar de evitar un goberno encabezado polo Partido Popular. Cómpre agora saber se forzas como o PSOE escolle mudar o rumbo das súas políticas.
Según comunica Acción y Transparencia Pública, de Pladesemapesga, el Defensor do Pobo de Galicia pide información sobre la "censura y falta de transparencia" del Gobierno de @XulioFerreiro en A Coruña. La queja procede de la asistencia a un evento en el Hotel Ritz de Madrid por la empresa FCC.
Na sesión plenaria da corporación provincial se aprobou o Plan Estratéxico de Subvencións da Deputación de Ourense e do Inorde para o período 2016-2019. A RPT 2016 introduce modificacións puntuais na súa estrutura, como a supresión do Servizo de Cooperación ou postos de libre designación.
No económico: Cupo e facenda galega, subir SMI e fixar salario máximo, supresión das sicavs, tarifa eléctrica galega. No social: revalorizar as pensións, dación en pago retroactiva, mantemento servizos públicos, recuperación dereitos laborais, plan de emprego para a mocidade. Rexeneración: fin portas xiratorias e do correo masivo.
Bicándose pola diversidade é a serie de vídeos que Callón e Jorquera estrean na campaña de NÓS-Candidatura Galega nas redes sociais. O hastag #ParavideosNÓS agrupa 9 curtas que optan polo estilo desenfadado e polo humor para explicar propostas do programa de NÓS.