Notas de prensa

Callón e Jorquera estrean vídeos lanzados por NÓS-Candidatura Galega para as redes sociais

Bicándose pola diversidade é a serie de vídeos que Callón e Jorquera estrean na campaña de NÓS-Candidatura Galega nas redes sociais. O hastag #ParavideosNÓS agrupa 9 curtas que optan polo estilo desenfadado e polo humor para explicar propostas do programa de NÓS.

“Para divers@s NÓS” é o primeiro dunha serie de nove vídeos de precampaña que NÓS-Candidatura Galega difunde desde hoxe nas redes sociais, nos que se recorre a un estilo desenfadado e ao humor para explicar propostas do programa ou valores que defende esta candidatura de cara as eleccións xerais do 20D.

O primeiro das curtas ten como protagonistas ao cabeza de lista pola Coruña, Carlos Callón, e a Francisco Jorquera, portavoz parlamentario do BNG, -forza política integrada na candidatura de NÓS-, e pretende visualizar a defensa da diversidade e o respecto a todas as opcións sexuais cun bico entre ambos protagonistas. http://noscandidaturagalega.gal/portfolio-tag/diversidade/

Trátase do primeiro dunha serie de 9 vídeos que se emitirán, un cada día, ata o comezo da campaña o 4 de decembro baixo o título xenérico de #ParaVideosNós, que estarán dispoñibles nas redes sociais de NÓS-Candidatura Galega,: https://www.facebook.com/noscgalega, Twitter: @noscgalega, YouTube: https://www.youtube.com/watch?v=-J1MAbG7fy e na web, http://noscandidaturagalega.gal/.

Todos os vídeos xogan coa sorpresa, co humor e ca parodia para introducir os valores e ideas que representa NÓS-Candidatura Galega, e forman parte dos materiais de precampaña e campaña que están concibidos e executados por artistas galeg@s, co que se busca tamén poñer en primeiro plano a creatividade dos artistas do país, un dos valores que reivindica a candidatura.

Ademais de vídeos, e ata o 20D, empregaranse temas musicais orixinais compostos por artistas que colaboran con Nós-Candidatura Galega, viñetas de opinión e fotografía de autor, que se irán difundido progresivamente ata o día das eleccións xerais.

Gabinete de Comunicación de NÓS-Candiatura Galega, 2015-11-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES