Actualidad de Política

Noticias politica

O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, participou na sesión plenaria número 162 do Comité Europeo das Rexións (CdR), enmarcado na edición deste ano da Semana Europea das Rexións e das Cidades (#EURegionsWeek). De especial interese para Galicia foi a aprobación do ditame titulado Unha transición xusta para todas as rexións da UE, no que se reivindica un enfoque inclusivo e equitativo neste proceso cara a unha economía sostible para que ningún territorio quede atrás. O documento subliña a necesidade de apoio específico para as rexións máis dependentes dos sectores afectados pola transición xusta.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reunirá esta fin de semana a todo o seu equipo de Goberno na localidade lucense de Sober, onde levarán a cabo dúas xornadas de traballo nas que desenvolverán os próximos fitos da acción de goberno para os vindeiros meses, así como as liñas estratéxicas da lexislatura. As xornadas tamén servirán para apoiar a candidatura Paisaxe da auga: Ribeira Sacra de cara a acadar en 2026 o recoñecemento como Patrimonio Mundial. O Goberno galego, que puxo en marcha o proxecto no 2017, xa fixo entrega á embaixada de España ante a Unesco do primeiro expediente da candidatura.
O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, participou na sesión deste martes da Comisión de Cidadanía, Gobernanza e Asuntos Institucionais e Exteriores (CIVEX) do Comité Europeo das Rexións (CdR), onde, entre outras cuestións, se aprobou un ditame sobre o papel das rexións e das cidades na estratexia da UE con África. Galicia e outras rexións concordaron nos beneficios de cooperar con este continente, pero reclamaron a descentralización desta tarefa para mellorar a súa eficacia. En concreto, apostaron por instrumentos de financiamento inclusivos que apoien as autoridades locais africanas e por unha arquitectura institucional que fomente esta cooperación descentralizada.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reclamou hoxe a Pedro Sánchez avances na mellora das infraestruturas de transporte galegas, que se axilice a chegada de financiamento para os proxectos industriais viables e sostibles e que haxa progresos no traspaso de competencias á comunidade autónoma. Así o detallou en rolda de prensa tras unha reunión co Presidente de Goberno, da que destacou o seu ton cordial e institucional, mais lamentou que houbo 'moitas boas palabras, pero poucas concrecións'. No encontro, o titular do Executivo galego expuxo as demandas prioritarias da comunidade e recordou os compromisos pendentes da anterior xuntanza, celebrada en xullo de 2022.
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, anunciou que a Xunta impulsará a creación da primeira oficina de transferencia de coñecemento -testada como un piloto- centrada no sector biotecnolóxico e compartida por todos os axentes de I+D+i para converter Galicia nunha biorrexión de referencia. Fíxoo durante a clausura do acto de presentación do balance intermedio da Estratexia de Consolidación da Biotecnoloxía en Galicia 2021-2025, co que se busca achegar aos asistentes o traballo realizado neste eido para impulsar o papel da comunidade a nivel internacional.
A Comisión Europea (CE) avala a decisión da Xunta de impulsar a Lei de administración ambiental simplificada de Galicia como un instrumento normativo que reforce a seguridade xurídica tanto desde o punto de vista dos promotores como das administracións públicas e permita axilizar, sempre con plenas garantías medioambientais, a tramitación de novos proxectos de desenvolvemento enerxético e industrial que resulten claves para o futuro da comunidade. Así o anunciaron o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, logo de que o Consello tomase hoxe razón dos resultados da rolda de contactos que mantivo a semana pasada en Bruxelas a responsable autonómica.
O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou que Galicia está á vangarda de España na detección temperá das enfermidades raras, grazas, entre outras medidas, ao Programa galego de cribado neonatal que, con seu continuo incremento, converteuse no máis completo de todo o Estado. O titular da carteira sanitaria do Executivo galego interveu no acto de clausura dunha xornada sobre a abordaxe das enfermidades raras en Galicia, na que se falou sobre os avances realizados e sobre os retos a afrontar. O Programa galego de cribado neonatal examinou en tres anos, dende o 2020 e ata o 2023, a máis de 463.000 neonatos, permitindo instaurar tratamento no prazo recomendado a 679 deles.
Xa está en funcionamento para a actual campaña de risco de incendios a nova base aérea de Verín-Oímbra, a primeira infraestrutura transfronteiriza deste tipo entre España e Portugal. Trátase da obra de maior dimensión realizada polo Goberno galego nos últimos anos na loita contra o lume, e está enmarcada no programa Interlumes, baixo o proxecto europeo Interreg (POCTEP). A base contou un orzamento de case 5,5 millóns de euros, e ten como obxectivo principal a mellora e intensificación da capacidade operativa de resposta na extinción de incendios forestais, consolidando os mecanismos de cooperación na fronteira hispano-lusa.
O Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga) 2024 incorpora novidades en diferentes eidos, como a prevención e a vixilancia. O Pladiga, cuxas actualizacións foron aprobadas polo Consello da Xunta, estrutúrase en varios plans específicos, como son o de prevención (xa informado polo Goberno galego o pasado día 15 de abril); o de detección, disuasión, investigación e medidas correctoras; o de extinción e o de formación. Este plan contempla a adquisición de seis novas máquinas hidrostáticas polivalentes, que permiten facer traballos preventivos de roza (incorporando, de accesorio, un brazo lateral con disco de corte) e de extinción, ao dispoñer de espazo para depósito de auga con lanza e enganches para mangueiras e soprador de aire para limpeza de calzadas e gabias.
A Xunta impulsou unha bolsa de voluntarios para a cobertura dos Puntos de Atención Continuada; un programa especial de apoio á atención primaria por parte do persoal do 061; unha oferta de mobilidade temporal e voluntaria cara a aqueles centros que precisen reforzos; e a encomenda de funcións aos médicos residentes de cuarto curso, para que poidan axudar no verán de xeito voluntario, incentivado e baixo supervisión. Deste xeito, reforzáronse os centros de saúde, os PAC e urxencias hospitalarias con 111 médicos residentes, 104 de medicina familiar e comunitaria e 7 de pediatría, que se sumaron á encomenda realizada polo Sergas nos últimos meses da súa formación.
« Anterior | 9  de  158 | Siguiente »

Notas politica

Primeira reunión do novo Consello Nacional que deu luz verde a folla de ruta para iniciar o proceso de debate para a refundación do BNG coa vista posta nas eleccións galegas e mesmo nun posible adianto electoral a nivel estatal. A portavoz nacional, Ana Pontón, subliñou o carácter “absolutamente novidoso” deste proceso co que o BNG quere recuperar o pulso social e electoral e ser chave na derrota da dereita e das políticas “tóxicas” de Feijóo.
Na reunión, celebrada en Bruxelas, na que participa o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, o Consello Político de Partenalia presenta diante do Comité das Rexións os avances acadados polos gobernos locais intermedios en transparencia, democratización e bo goberno das institucións.
A candidata popular apela “aos principios éticos e aos valores que inspiran a acción política” do Partido Popular. Reivindica a unidade do partido e amósase convencida de que o conclave “enriquecerᔠá formación. Confía en que o 6 de marzo os compromisarios voten “en liberdade e con ilusión” e que se respecten as regras do xogo.
Ana Pontón foi elixida portavoz nacional na XV Asemblea nacional do BNG, despois de que a candidatura que encabezaba recibira 1.191 votos, e asume así a responsabilidade de conducir o proceso de refundación aprobado polas bases do Bloque que deberá estar concluído no prazo máximo dun ano.
O Equipo Técnico acaba de dar a coñecer o regulamento para a elección de órganos internos nun proceso que comezará coa concesión de avais ás candidaturas o día 15 de marzo e rematará coa votación o 10 de abril. Todas as persoas inscritas en Podemos Galicia están chamadas a participar neste proceso para elixir a Secretaría Xeral, 34 membros do Consello Cidadán e 6 da Comisión de Garantías Democráticas.
Por un lado, a candidatura proposta polo Consello Nacional do pasado sábado, que encabeza Ana Pontón e, por outro, a candidatura presentada por un grupo de vinte militantes, que encabeza Carlos Branco. Ambas pasan agora á asemblea nacional con 2.805 militantes inscritos.
Ana Pontón, a encargada de liderar o proceso de refundación no BNG, presentou a candidatura que calificou de "plural para darlle un novo impulso ao BNG nun momento difícl". Pontón subliñou que o proceso de refundión seguirá a folla de ruta que marquen as bases na Asamblea nacional do 28-F: "é o momento da militancia", dixo.
A deputada Ana Pontón é a candidata á Portavocía nacional do BNG ao encabezar a lista de cincuenta persoas aprobada polo Consello Nacional para a renovación deste órgano de dirección, unha proposta que será sometida á consideración da militancia na XV Asemblea nacional do 28 de febreiro. Por primeira vez unha muller ten o peso da responsabilidade política aparellada á refundación.
As 25 asembleas comarcais abertas do BNG pecharon o debate das bases coa aprobación de 221 emendas ao relatorio oficial, logo da participación de preto de 1.500 militantes e simpatizantes. Esas emendas serán analizadas no Consello Nacional e debatidas na XV Asemblea nacional.
O parlamentario do BNG afirma que Feijóo tenta marcar distancias cos escándalos de corrupción no Estado pero estes escándalos “tamén salpican ao PP en Galiza e ao seu círculo máis próximo”.


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES