
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, foi elixido esta mañá en Bruxelas vicepresidente de Partenalia, a organización internacional de gobernos locais intermedios de Europa, que ten como obxectivo a innovación, o traballo en rede e representar os intereses dos gobernos locais en Europa.
Na reunión, celebrada hoxe en Bruxelas, na que participa o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, o Consello Político de Partenalia presenta diante do Comité das Rexións os principais avances acadados na promoción dos gobernos locais intermedios no que atinxe a transparencia, democratización e bo goberno das institucións.
A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañías galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos títeres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e Títeres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.