Notas de prensa

Dúas candidatura concorren á renovación da dirección do BNG na XV Asemblea Nacional

Por un lado, a candidatura proposta polo Consello Nacional do pasado sábado, que encabeza Ana Pontón e, por outro, a candidatura presentada por un grupo de vinte militantes, que encabeza Carlos Branco. Ambas pasan agora á asemblea nacional con 2.805 militantes inscritos.

O prazo de presentación de candidaturas para a renovación dos órganos de dirección do BNG finalizou ás 19:00 horas do luns 21 de febreiro coa presentación de dúas listas que concorrerán á Asemblea Nacional do 28 de febreiro para someterse á consideración da militancia, que se celebra baixo o lema Autoorganización, autogoberno, autodeterminación.
A militancia nacionalistas durante unha asemblea nacional

A militancia nacionalistas durante unha asemblea nacional

Por un lado, a candidatura proposta polo Consello Nacional do pasado sábado, que encabeza Ana Pontón e, por outro, a candidatura presentada por un grupo de vinte militantes, que encabeza Carlos Branco.

Ambas pasan agora á asemblea nacional con 2.805 militantes inscritos. Cabe a posibilidade de chegar a unha candidatura de consenso ou que ambas se sometan a votación, circunstancia na que, como marca o regulamento, a distribución das persoas que pasarían a integrar os órganos de dirección do Bloque sería de xeito proporcional aos votos obtidos.

Candidatura encabezada por Ana Pontón:
1. Ana Belén Pontón Mondelo.
2. Goretti Sanmartín Rei.
3. Xosé Luís Rivas Cruz “Mini”.
4. Noa Presas Bergantiños.
5. Rubén Cela Díaz.
6. Carme da Silva Méndez.
7. Néstor Rego Candamil.
8. Olaia Ledo Díaz.
9. Bieito Lobeira Domínguez.
10. Obdulia Diniz Carlos.
11. Xosé Emilio Vicente Caneda.
12. Montse Prado Cores.
13. Xosé Manuel Marcote Gil.
14. Yésica García Cruz.
15. Luís Pérez Barral.
16. Alberte Mera García.
17. Leticia Santos Paz.
18. Xavier Campos López.
19. Olalla Rodil Fernández.
20. Xosé Manuel Carril Vázquez.
21. Irati García Tomé.
22. Manuel Domínguez Rei.
23. Alba María Feixóo López.
24. Adolfo Muíños Sánchez.
25. Rosana Pérez Fernández.
26. Guillerme Vázquez Vázquez.
27. Eva María Vilaverde Pego.
28. Serafín Otero Fernández.
29. Sandra González Álvarez.
30. Rafael Vilar González.
31. Avia Veira González.
32. André Abal Mauricio.
33. Beatriz Bascoi Maceiras.
34. Rubén Arroxo Fernández.
35. Elia Lago Pereira.
36. Iván Rivas Rico.
37. Elvira Branco
38. Diego Lourenzo Moura.
39. Ana Belén Ermida Igrexas.
40. Daniel Gómez Rodríguez.
41. Manuela María Rodríguez Pumar.
42. Diego Santório Moscoso.
43. Rosa Ana Prieto Florines.
44. Francisco García Suárez
45. Lucía López Sobrado.
46. Xosé Luis Bará Torres.
47. Ximena Mariel González Ataide.
48. Ramón Noceda Caamaño.
49. Cristina López Sánchez
50. Francisco Jorquera Caselas.

Candidatura encabezada por Carlos Branco:

1. Carlos Branco Ansoar.
2. Raquel Suárez Regades.
3. Pablo Ferreirós Vidal.
4. Ana Rosa López Davila.
5. Amador Turnes Núñez.
6. Pilar Sampedro Laranga.
7. Xosé Deira Triñanes.
8. Francisco Javier Santamaría Blanco.
9. Adelina Cés Quintáns.
10. Santos Saborido Chouza.
11. José González Tarrío.
12. Tamara Castro Leiro.
13. Ramiro Ouviña Ouviña.
14. Carmen Rey Mayo.
15. Vicente Hermo Santamaría.
16. Hadriana Ordóñez Otero.
17. Antonio Olveira Silva.
18. María Jesús Carou Martínez.
19. Antonio Pérez Rebollido.
20. Raquel García Abuín.

Gabinete de Comunicación do BNG, 2016-02-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES