
Iniciamos un proceso nunca vivido no nacionalismo que ten como obxectivo ampliar a militancia e a base social e resituar ao BNG como a referencia fundamental para a derrota do PP, indicou a dirixente nacionalista, quen convidou a todas as persoas nacionalistas sen distinción de afiliación ou militancia a que participen se entenden que o noso país precisa forzas políticas propias, pois este proceso de debate abre un espazo cara adentro pero, sobre todo, cara a fora, onde van poder aportar, definir, soñar e modelar a organización e o futuro do nacionalismo.
A segunda cuestión aprobada polo Consello Nacional cualificada de moi importante é a preparación para enfrontar as eleccións de 2016.
A preparación do proceso das eleccións galegas, e por iso aprobamos iniciar a rolda de contactos con outras organizacións políticas e colectivos coa finalidade de conformar unha candidatura nacionalista que ten que ser clave na derrota do PP que está situando ao noso país nunha situación desastrosa, explicou a tamén deputada Ana Pontón.
Para o Bloque, é evidente que as políticas de Feijóo son tóxicas e corrosivas para o noso país e necesítase un cambio de 180 grados no goberno galego e o BNG está traballando desde xa para ser unha peza fundamental na derrota do PP e poñer en marcha un cambio real no goberno da Xunta, argumentou Pontón.
O documento aprobado polo Consello Nacional marca metodoloxía, cronograma e temas de debate nun proceso participativo, aberto, de abaixo arriba, con tres grandes ámbitos de discusión sen limitación algunha máis aló do carácter nacionalista e dos principios básicos do BNG referendados pola militancia na XV Asemblea Nacional. Radiografía da Galiza actual, estratexia política do nacionalismo galego e participación política e modelo organizativo.
Ampla renovación
O Consello Nacional renovou ao 43% dos seus integrantes coa incorporación de xente nova cunha medida de idade por debaixo dos 35 anos, a maioría procedentes do ámbito do traballo social e do ámbito de responsabilidade municipal, como é o caso da alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, ou dos portavoces municipais de Lugo, Rubén Arroxo e de Ribeira, Luis Pérez Barral. Olalla Rodil, Silvia Carballo, Alba Feixóo, Yesica García, Iago Varela, Raquel Suárez son tamén sabia nova tanto por idade como por incorporarse por vez primeira ao máximo órgano de dirección do Bloque.
Áreas de traballo
O Consello Nacional aprobou tamén o reparto de responsabilidades na Executiva nacional que, por primeira vez, pasa a conformarse en cinco áreas de traballo en substitución do habitual reparto por secretarias, onde a responsabilidade é colectiva e transversal. En concreto Área de Organización, de Política Institucional, de Comunicación, de Ideas e Alternativas Políticas e de Relacións nacionais e internacionais.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.