Noticias

Galicia reivindica no Comité das Rexións a necesidade de afrontar a migración dende o marco europeo

O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, participou na sesión deste martes da Comisión de Cidadanía, Gobernanza e Asuntos Institucionais e Exteriores (CIVEX) do Comité Europeo das Rexións (CdR), onde, entre outras cuestións, se aprobou un ditame sobre o papel das rexións e das cidades na estratexia da UE con África. Galicia e outras rexións concordaron nos beneficios de cooperar con este continente, pero reclamaron a descentralización desta tarefa para mellorar a súa eficacia. En concreto, apostaron por instrumentos de financiamento inclusivos que apoien as autoridades locais africanas e por unha arquitectura institucional que fomente esta cooperación descentralizada.

Sobre a cuestión da migración, o CdR propón a creación de visados para profesionais internacionais e fomentar así a migración legal no marco da UE. Con todo, Galicia e outras rexións europeas coinciden en que esta fórmula non é a única que debe empregarse para abordar o reto demográfico.

Na sesión de hoxe tamén se debateu sobre o papel dos entes locais e rexionais para promover os valores comunitarios. Como gobernos máis próximos aos cidadáns e nos que máis confían, o seu labor, defenden, debe ser impulsar a alfabetización mediática e o pensamento crítico entre a poboación para protexer a democracia europea.

Á marxe destas cuestións, Jesús Gamallo interveu na asignación dun futuro ditame sobre o Estado de Dereito e no debate interno en relación coa creación de novos foros de diálogo entre o CdR e os entes locais e rexionais dos países candidatos á adhesión. Propuxo, en concreto, a creación de Comités Conxuntos Consultivos con Albania, Ucrania e Moldava, mentres se manterían os grupos de traballo con Bosnia e Herzegovina, Kosovo, Armenia e Azerbaixán.

Galicia nas comisións CIVEX e NAT do CdR

No actual mandato 2020-2025 do Comité Europeo das Rexións (CdR), Galicia participa na Comisión de Recursos Naturais (NAT) e na Comisión de Cidadanía, Gobernanza e Asuntos Institucionais e Exteriores (CIVEX). Esta última elabora ditames en materia de seguridade, liberdade, xustiza, política migratoria, e cidadanía, canalizando así a voz das rexións e municipios europeos para o reforzo da democracia europea.

R., 2024-09-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES