Notas de prensa

Jorquera (BNG) pide contundencia a Feijóo ante os casos de corrupción en Galicia

O parlamentario do BNG afirma que Feijóo tenta marcar distancias cos escándalos de corrupción no Estado pero estes escándalos “tamén salpican ao PP en Galiza e ao seu círculo máis próximo”.

Na quenda de preguntas ao presidente, o portavoz parlamentario do BNG, Francisco Jorquera preguntará a Feijóo se a Xunta está sendo “contundente” cos casos de corrupción. Para o deputado, Feijóo tenta manter distancias cos escándalos de corrupción no Estado pero en “Galiza tamén salpican ao Partido popular e ao seu círculo máis próximo”.

Na súa comparecencia, tras a xunta de portavoces, o portavoz parlamentario do BNG explicou que o presidente da Xunta continúa sen dar explicacións sobre as súas “amizades perigosas” entre as que destacou a Marcial Dorado, recentemente condenado a seis anos de prisión polo Tribunal Supremo, Pachi Lucas, imputado como “grande conseguidor” na Operación ZETA, ao eu engadiu a imputación de José Manuel Baltar por un presunto delito de suborno e outro de tráfico de influencias polo que preguntará a Feijóo cando vai dar explicacións no Parlamento sobre os casos de corrupción que afectan ao PPdeG.

Propostas á iniciativa do BNG para a vindeira sesión plenaria

Entre outras cuestións, o BNG defenderá no vindeiro pleno unha moción para combater a precariedade laboral coa derrogación das reformas laborais e que nas concesións da Xunta se establezan condicións de mantemento ou creación de emprego de calidade. O último exemplo, dixo, Jorquera, témolo na concesión do transporte de residuos urbanos de SOGAMA onde a concesionaria non ten a obriga de subrogar a 69 traballadores que serán despedidos. Asemade, o BNG preguntará ao Goberno que xestións vai iniciar para repoñer nos seus postos de traballo ás persoas afectadas polo ERE nas empresas do Grupo TRAGSA.

Por outra banda, o BNG tamén preguntará sobre as medidas da Xunta para paralizar os proxectos de megaminería en Galiza e a prorroga a ENCE na que solicita, a través dunha Proposición non de le,i que o Parlamento a desaprobe.

Finalmente, o BNG instará á Xunta a reclamar a dotación e transferencia dun fondo especial para a posta en marcha de servizos de cercanías ferroviarias cunha dotación mínima de 400 M€

Gabinete de Comunicación do BNG, 2016-02-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES