Noticias

Galicia asume a representación en Europa das autonomías españolas en materia de Medio Ambiente no segundo semestre

Galicia defende a necesidade de que as posicións das comunidades autónomas sexan escoitadas e as súas singularidades tidas en conta na toma de decisións dentro da Unión Europea. Así o vai defender a comunidade galega nos Consellos de Ministros de Medio Ambiente do segundo semestre do ano, no que ostentará a representación das autonomías españolas. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, participou hoxe nun encontro por videoconferencia que serviu para proceder ao traspaso.

A representante da Xunta expresou o orgullo que supón para a comunidade ser a voz das autonomías en Europa e reivindicou a importancia de que as rexións participen na toma de decisións pois son os Gobernos autonómicos os que se encargan de aplicar de xeito directo unha parte importante da normativa comunitaria, polo que o seu papel é clave para contribuír ao éxito real das políticas europeas.

A titular de Medio Ambiente e Cambio Climático incidiu en que as competencias das comunidades en materia ambiental son moi amplas e a súa experiencia diaria permítelles ser actores fundamentais no desenvolvemento desas políticas. Nesta liña, puxo en valor que Galicia é unha das rexións mellor situadas na senda cara a neutralidade climática, como demostra a redución nun 33% das emisións brutas contaminantes en 2022, a segunda comunidade con maior descenso neste ano.

Ángeles Vázquez expuxo a vontade de Galicia de seguir contribuíndo á transición ecolóxica e xusta nos próximos anos, polo que destacou que esta representación das comunidades autónomas nos Consellos de Ministros da Unión Europea supón unha oportunidade para poñer en valor o gran labor realizado polas autonomías neste eido.

A responsable do Executivo galego agradeceu ademais o labor realizado por Castela-A Mancha no actual semestre, que coincidiu co peche do período lexislativo, e puxo en valor a consecución de consensos en cuestións como a directiva de solos ou a revisión da directiva comunitaria en materia de residuos.
Encontro7


A reunión telemática serviu para que a Representación Permanente de España na Unión Europea (Reper) expuxese os principais asuntos que se van abordar nos Consellos de Ministros de Medio Ambiente do segundo semestre do ano -coincidindo coa constitución da nova Comisión Europea- e para que o Goberno de Castela-A Mancha trasladase as cuestións máis importantes que se atopan en fase de análise ou discusión así como os trámites realizados nos últimos meses.

Neste sentido, a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático trasladou a vontade de colaboración co Goberno central para lograr avances na defensa dos intereses das comunidades autónomas e comprometeu un intenso labor por parte de Galicia na busca de posicións de consenso ás reunións no seo da Unión Europea.

R., 2024-06-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (incendios-xente.jpg) O Consello da Xunta analizou na súa reunión de hoxe un informe da Consellería do Medio Rural sobre o anteproxecto de Lei de loita contra os incendios forestais de Galicia (LLCIF), antes da súa remisión para consulta ao Consello Forestal de Galicia, cuxa reunión está prevista para mañá martes. A futura normativa prioriza reforzar a protección da poboación e a xestión integral do territorio. O presidente do Goberno autonómico, Alfonso Rueda, lembrou que actual lexislación sobre incendios forestais 'ten case 20 anos' e 'cómpre actualizarla e adaptala aos novos tipos de lumes así como aos avances que houbo tanto na loita como na prevención de incendios'.
Foto de la tercera plana (tecnoloxia-cuantica.jpg) Galicia é a rexión que máis solicitudes presentou en Europa para participar en proxectos interrexionais de I+D+i. Así o indican os datos da Vanguard Initiative, alianza europea da que a nosa Comunidade forma parte, xunto a outras rexións, para estimular o crecemento europeo da I+D+i a través da colaboración entre territorios de distintos países e a especialización intelixente. Precisamente a Xunta vén de publicar a convocatoria VInnovate Galicia, unha liña de axudas para organismos de investigación e empresas que presenten proxectos con outras rexións. Para poder candidatar á convocatoria VInnovate Galicia da Xunta, cuxo prazo de presentación de propostas está aberto desde hoxe ata o 19 de outubro, os posibles participantes teñen que presentarse antes á fase europea.

Notas

A iTERRA Night 2026 achegará o 25 de setembro a investigación que se realiza dende o Instituto de Saúde Global e Desenvolvemento Sostible do Campus Terra da USC á cidadanía a través dunha tarde de ciencia, experimentación e aprendizaxe para diferentes idades. A iniciativa desenvólvese no soto da Praza de Abastos lucense como evento asociado á European Researchers’ Night, unha iniciativa das Marie Skłodowska-Curie Actions (MSCA).
Os laboratorios do Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo (CINBIO), pertencente á Rede Cigus, volveron converterse nun espazo aberto á cidadanía coa celebración dunha nova edición da súa xornada de portas abertas, unha iniciativa integrada no programa de divulgación científica Ciencia con C de CINBIO. Máis de 80 persoas de diferentes idades participaron nesta actividade, deseñada para achegar a investigación que se desenvolve no centro ao público dun xeito participativo e próximo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES