
Desde En Marea queremos trasladar, neste final de 2015, o compromiso colectivo por facer, entre todas e todos, de 2016 un ano de cambio e ruptura co vello. Un ano, polo tanto, onde fagamos da democracia, da soberanÃa popular e da xustiza social o centro de toda a vida polÃtica e institucional.
Queremos tamén aproveitar esta mensaxe para agradecer de novo aos centos de miles de galegos e galegas que o 20 de decembro deron o seu apoio a En Marea. Dixemos que o cambio non habÃa quen o parara. E tras o 20D para En Marea o cambio non para. En primeiro lugar porque ficou constatado que o sistema bipartidista que leva imperando nas últimas décadas, grazas a un sistema electoral inxusto e a un pacto constitucional esgotado, que non representa a unha maiorÃa social que nen sequera a puido votar, é xa historia. En segundo lugar porque ninguén pode negar xa que estamos inmersos nun novo ciclo polÃtico no que o diálogo e a asunción da diversidade sociopolÃtica existente no Estado serán os eixos fundamentais para dar resposta ás necesidades da maiorÃa social.
Neste contexto, En Marea traballa desde xa para abrir os diálogos necesarios para consolidar un cambio fundamentado na democracia e nos dereitos sociais e, polo tanto, para tratar de evitar un goberno encabezado polo Partido Popular ou por sectores como Ciudadanos, que a todas luces son máis do mesmo: recortes, austeridade, desigualdade.
Para este cambio no Estado, as nosas coordenadas son claras. Cómpre agora saber se outras forzas, e de forma especial o PSOE, escolle mudar o rumbo das súas polÃticas ou pola contra permitir que o Partido Popular continúe a impoñer polÃticas ultraliberais en contra das maiorÃas sociais. É pois hora de escoller. E o PSOE debe escoller entre manterse como un dos dous partidos dinásticos para que todo siga igual ou sumarse as demandas dunha grande parte da cidadanÃa. Demandas que transformaron xa gobernos de grandes vilas e concellos no noso pais o 24M e que agora esixen un xiro radical no xeito de entender o goberno do Estado a vida institucional.
É intención de En Marea, pois entendémola coherente co compromiso programático establecido coas máis de 408 mil persoas que depositaron o seu voto por esta opción, cooperar activamente na configuración de calquera alternativa que recupere os dereitos sociais e polÃticos a prol da maiorÃa social, que defenda os recursos e os bens comúns, que rescate a democracia e con ela a cidadanÃa e que asuma que tanto as persoas como os pobos teñen dereito a decidir o seu futuro, reflictÃndose asà a realidade plurinacional até hoxe irracionalmente negada do Estado español.
FotografÃa: arquivo
A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañÃas galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos tÃteres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e TÃteres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.