Noticias

Aprobado o Pladiga para o 2024, que amplía a videovixilancia nos montes para cubrir o 85% do territorio galego

Entre as principais novidades da actualización de 2024 está o incremento do número de cámaras nos montes que permitirá que o 85% do territorio galego en risco de incendio contará con videovixilancia. En concreto, vanse instalar outras 24 cámaras en 12 novas localizacións, e dicir, a rede de videovixilancia fixa vai contar con 177 cámaras en 88 puntos. Á hora de establecer a localización concreta das cámaras, tívose en consideración o feito de que proporcionen cobertura visual das zonas nas que se rexistra unha maior actividade incendiaria, con especial atención ás Parroquias de Alta Actividade Incendiaria (PAAI) e ás zonas de alto risco de incendios (ZAR).

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Consello aprobou na súa reunión de hoxe a actualización do Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga) 2024, unha vez oído o Consello Forestal de Galicia, que avaliou este documento na súa xuntanza do pasado día 23 de maio. O principal obxectivo do Pladiga é o de reducir ao máximo posible as consecuencias ecolóxicas, económicas e sociais producidas polos incendios forestais.

Entre as principais novidades da actualización de 2024, o presidente fixo fincapé no incremento do número de cámaras nos montes que permitirá “que o 85% do territorio galego en risco de incendio” contará con videovixilancia. En concreto, tal e como indicou Rueda, “vanse instalar outras 24 cámaras en 12 novas localizacións, e dicir, a rede de videovixilancia fixa vai contar con 177 cámaras en 88 puntos”.

Á hora de establecer a localización concreta das cámaras, tívose en consideración o feito de que proporcionen cobertura visual das zonas nas que se rexistra unha maior actividade incendiaria, con especial atención ás Parroquias de Alta Actividade Incendiaria (PAAI) e ás zonas de alto risco de incendios (ZAR).

Con esta tecnoloxía, en caso de detectarse un lume, é posible a súa visualización en directo e o seguimento da súa evolución en tempo real, sendo un mecanismo de apoio á toma de decisións durante a extinción de lumes.

Melloras no persoal

Ademais no novo Pladiga tamén incorpora melloras no persoal, coa aplicación efectiva do aumento do tempo de traballo dunha parte do persoal laboral, pasando a traballar sete meses nesta anualidade, oito meses no 2025 e nove meses no 2026. Hai que ter en conta que dous terzos deste persoal xa traballa ao longo de 12 meses. Así, o operativo estará integrado en total por máis de 7.000 persoas, contabilizando tanto os profesionais propios da Xunta como os adscritos a outras administracións. Este é un dato semellante ao das últimas campañas.

Medios materiais

En canto aos medios materiais, Rueda explicou que Galicia contará un ano máis con arredor “dunha trintena de medios aéreos contra o lume”, entre os da Xunta e os que aporta o Estado. En terra haberá preto de “380 motobombas”, contabilizando tanto as da Xunta como as municipais. Cómpre destacar, neste sentido, a recente entrega de 18 motobombas novas.

Con respecto ás melloras materiais, o presidente salientou “a adquisición de seis novas máquinas hidrostáticas polivalentes”. Trátase de máquinas autopropulsadas que permiten realizar tanto traballos preventivos de roza (incorporando, de accesorio, un brazo lateral con disco de corte) como de extinción, ao dispoñer de espazo para depósito de auga con lanza e enganches para mangueiras e soprador de aire para limpeza de calzadas e gabias.

Así mesmo, destaca a entrada en funcionamento, este ano, da base de medios aéreos de Verín-Oímbra ou a construción de 44 novos puntos de auga, así como o mantemento dos 4.843 puntos existentes, para prestar servizo aos medios aéreos e terrestres do Servizo de Prevención e Defensa contra incendios forestais (SPIF).

Outro avance tecnolóxico ten que ver coa instalación de móbiles, tablets e a aplicación Xeocode Lite (de xestión da información sobre lumes) nas motobombas do SPIF, o que mellorará a súa operatividade e permitirá, entre outras utilidades, facilitar datos sobre o posicionamento, en tempo real, dos medios dispoñibles.

Así mesmo, afondarase na mellora dos recursos dispoñibles para a extinción con medidas como a incorporación ao aplicativo “infraestruturas” da información dixital da Rede de Puntos de Recepción de Medios. Deste xeito, procederase á identificación, avaliación e dixitalización desta rede, que actualmente conta cun total de 988 puntos (trátase dunha base de datos activa, suxeita a modificacións -altas e baixas-).

Parroquias de Alta Actividade Incendiaria

Outros contidos do Pladiga refírense, por exemplo, á determinación das Parroquias de Alta Actividade Incendiaria (PAAI), que son aquelas incluídas en zonas declaradas como de alto risco que, polo número de incendios forestais reiterados ou pola súa gran virulencia, precisen de medidas extraordinarias de prevención e de protección dos montes fronte os lumes.

O número total de PAAI no ano 2024 é de 40 e non varía respecto ao dato de 2023. Incorpóranse ao listado tres parroquias e saen outras tres. As que saen do listado son as de Santa Uxía de Ribeira (Ribeira), Requeixo (Chandrexa de Queixa) e Parada da Serra (A Gudiña). Entran na listaxe as de Santa Baia de Boiro (Boiro), San Millao (Cualedro) e Santigoso (A Mezquita).

En relación cos obxectivos de control, que se calculan a raíz dos valores medios dos últimos 10 anos, establécense, entre outros, os de que a superficie queimada total e por lume estean por baixo da media do último decenio. Tamén, que os lumes de máis de 25 hectáreas estean por baixo do 2% do total e que aqueles inferiores a 1 ha estean por riba do 70% do total de rexistros. Sobre o plan preventivo, que se integra no Pladiga, cómpre destacar que suporá actuar en máis de 60.000 hectáreas e en preto de 5.400 quilómetros de vías, cun orzamento que supera os 41 millóns de euros.

Outro dos plans que forman parte do Pladiga é o de Formación. Neste contémplanse ata 37 cursos en 553 edicións, con máis de 14.000 prazas, o que suporá superar as 150.000 horas de formación. Ademais, no apartado de concienciación cidadá, prevense cando menos 40 charlas dirixidas á poboación das parroquias PAAI.

R., 2024-05-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (presentes-2026.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a plataforma PRESENTES.gal, unha ferramenta pública destinada a visibilizar o talento feminino galego e facilitar a presenza de mulleres expertas nos espazos de debate, coñecemento e divulgación. Impulsada pola Consellería de Política Social e Igualdade, esta iniciativa constitúe a maior comunidade dixital de mulleres profesionais de Galicia, co obxectivo de facilitar que organizadores de eventos, institucións, empresas ou medios de comunicación poidan localizar referentes femininos nos distintos ámbitos profesionais.
Foto de la tercera plana (turismo-santiago.jpg) O proxecto, que leva por nome Ways, usa o concepto do Camiño de Santiago para conectar á cidadanía coa ciencia inspirándose no espírito de intercambio e mobilidade que caracteriza á Ruta Xacobea. Con esta finalidade, proponse converter o proxecto nun percorrido europeo que une tres rexións: Galicia (España), Pomorskie (Polonia) e Emilia-Romagna (Italia) a través das cidades de Santiago, Gdynia, Rávena e Módena. A Comisión Europea é a institución encargada da convocatoria, denominada Science Comes to Town e que acada a súa terceira edición. A través dela, financia iniciativas que achegan a ciencia á sociedade. Apoia a organización de eventos públicos como festivais, obradoiros ou actividades educativas co obxectivo de promover a cultura científica, fomentar o interese pola investigación e fortalecer a relación entre ciencia e cidadanía.

Notas

A catedrática de Estatística e Investigación Operativa Rosa Crujeiras converterase na primeira reitora da historia da USC logo de ser elixida cun total de 1.397 votos ponderados, fronte aos 721 acadados pola catedrática de Óptica Maite Flores e 148 votos ponderados en branco. O día 12 produciuse a proclamación provisional da reitora e do 13 ao 20 establécese o prazo de recursos ante a Comisión Electoral Central.
Vigo convértese esta semana no punto de encontro internacional para a investigación en nanociencia aplicada á biomedicina coa celebración da 5ª Conferencia Internacional sobre Nanomateriais Aplicados ás Ciencias da Vida. O evento, organizado pola UVigo e o Grupo de Nanomateriais Híbridos do Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina, desenvólvese ata o venres na sede de Afundación e reúne a 127 participantes procedentes de diferentes países.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES