
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, enviou unha misiva ao novo presidente da República de Portugal, Marcelo Rebelo de Sousa, para felicitalo polo apoio maioritario acadado nas eleccións celebradas onte.
Neste senso, o máximo responsable autonómico puxo en valor que o pobo veciño elixise a un candidato que aposta polo diálogo e o acordo e que sen dúbida, saberá garantir a estabilidade política de Portugal.
Por outra banda, Feijóo destacou a excelente relación da Galicia co país luso e lembrou que nos últimos anos a Comunidade tivo a inmensa honra de recibir ao seu antecesor no cargo en diversas ocasións, unha delas con motivo da sinatura dun memorando de entendemento para a difusión da lingua portuguesa en Galicia.
Con respecto a isto, amosou a súa confianza en que nesta nova etapa se poidan seguir consolidando os especiais vínculos entre Galicia e Portugal.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.