//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias economia
Galicia pechou o ano 2024 cun superávit do 0,2%, acadando o 100% de execución do orzamento, con 846,5 millóns de euros máis gastados respecto ao 2023, e ao mesmo tempo, reducindo a débeda. Así o reflicte o informe presentado ao Consello da Xunta polo titular da Consellería de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, relativo ao peche do exercicio do 2024. Neste sentido, o esforzo investidor da Comunidade alcanzou o 16,5%, manténdose nas cifras máximas xa acadadas en 2023 (16%). A Xunta investiu 2.181M de euros, unha das cifras máis altas da historia, incrementándose o investimento real en máis de 200 millóns de euros con respecto ao ano anterior. Tamén se reforzaron os gastos correntes, principalmente vinculados a Sanidade, Educación e Servizos Sociais, con máis de 772 millóns de euros, que elevaron a súa execución ao 106%.
O secretario xeral Técnico e do Tesouro, David Cabañó, destacou hoxe no Parlamento que a condonación da débeda das comunidades sería 'un mal negocio para Galicia', ao incrementar en 470 euros a débeda por habitante. En resposta a unha pregunta oral, David Cabañó incidiu en que a condonación é unha redistribución da débeda, é dicir, non desaparece, senón que se redistribúe entre todos os españois, prexudicando ás comunidades menos endebedadas. Así, no caso de Galicia, cada galego deixaría de asumir 896 euros de débeda galega e pasaría a ter que asumir 1.366 euros de débeda do conxunto das CC.AA. Así mesmo, lembrou que a condonación tampouco daría ás comunidades unha maior capacidade de gasto, ao non permitir utilizar o importe para incrementar políticas de gasto.
Galicia comeza 2025 con 121.320 persoas no paro, a cifra máis baixa nun mes de xaneiro desde que hai rexistros (1996), e acumula 16.559 novas afiliacións á Seguridade Social en relación con xaneiro de 2024, acadando, con 1.067.089 cotizantes, o mellor dato neste mes desde hai 16 anos. O dato de persoas desempregadas sitúanos ademais como a cuarta Comunidade con maior porcentaxe de caída no último ano, máis dun punto por riba da media española. En relación coa comparativa interanual, o desemprego cae nas catro provincias galegas, nas sete grandes cidades e en todos os colectivos prioritarios nas políticas activas de emprego da Xunta como os menores de 30 anos, as mulleres e os parados de longa duración.
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou en tres reunións mantidas entre unha delegación de 20 representantes rexionais e membros da nova Comisión Europea encabezada por Ursula Von der Leyen: a vicepresidenta executiva de Persoas, Capacidades e Preparación, Roxana Mînzatu, o vicepresidente executivo de Cohesión e Reformas, Rafaelle Fitto, e o comisario de Orzamento, Loita contra a Fraude e Administración Pública, Piotr Serafin. As tres reunións celebráronse no edificio Berlaymont, sede do executivo comunitario. A delegación rexional, liderada polo presidente da rexión francesa de Nova Aquitania, Alain Rousset, representou ás 144 rexións europeas que conforman a alianza #EURegions4Cohesion, da que forman parte as 17 comunidades coordinadas por Galicia.
A iniciativa ten por obxectivo que os mozos e mozas galegas conten cun incentivo económico á hora de independizarse, xa sexa nunha vivenda alugada ou en propiedade, para sufragar 'a adquisición de mobiliario' ou diversos artigos como os decorativos, obxectos do baño, téxtil ou 'certos electrodomésticos esenciais', así como gastos de xestoría, notaría ou mudanzas. Trátase dunha liña de apoio 'complementaria' a outras que teñen que ver co prezo de compra dun inmoble ou a renda do alugamento.
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado do director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, reuniuse hoxe en Madrid coa secretaria de Estado de Comercio, María Amparo López Senovilla, ante a que debullou a aposta de Galicia a prol do comercio de proximidade e instou á necesidade de sumar esforzos entre as administracións, demandando que a Comunidade poida acceder a recursos Next Generation que o Goberno reservou e non está a executar- para a materialización dos proxectos singulares dirixidos ao sector que prevé impulsar a Xunta este ano.
A través do proxecto Fixar, o Executivo autonómico busca reter e atraer o talento de emprendedores e novos perfís profesionais co obxectivo de que atopen no rural unha oportunidade para convivir e traballar, así como para seguir creando sinerxías que revirtan finalmente en beneficios para toda a Comunidade e para o territorio no que se asentan, aproveitando as posibilidades que hoxe ofrecen as tecnoloxías e a mobilidade laboral. Neste marco, en 2024 desenvolveuse o piloto da iniciativa, a primeira actuación destas características promovida pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración xunto con Sende, entidade que xestiona no concello ourensán de Lobeira o primeiro espazo coliving rural de Europa e que conta con ampla experiencia neste ámbito.
Galicia é a comunidade autónoma que lidera o grao de execución dos pagos da Política Agraria Común (PAC) cun 83% do total xa aboado, fronte ao 53% da media estatal. Ademais, Galicia atópase a 11 puntos de referencia en comparación coa segunda rexión máis avantaxada, que executou o 72%. Neste sentido, maniféstase o compromiso do Goberno autonómico co sector primario galego, apostando sempre pola axilidade á vez que se garante a seguridade xurídica dos máis de 23.000 gandeiros e agricultores que se benefician cada ano destas achegas.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou esta semana a resolución da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración pola que se dá publicidade aos establecementos galardoados cos Premios do Comercio Galego 2024. O obxectivo deste certame é recoñecer o bo facer dos profesionais do sector comercial e contribuír á súa difusión como panca para o desenvolvemento económico e social das vilas e cidades galegas. En concreto, o Premio Comercio 2024 dotado con 5.000 euros recaeu na librería Lectocosmos, de Lugo. Mentres, a Asociación Centro Comercial Aberto Carballo recibiu o Premio Comercio Dinamización 2024, ao que lle corresponden outros 5.000 euros.
Despois de que a facturación da industria forestal e da madeira en Galicia alcanzase un máximo histórico en 2022 en Galicia, chegando aos 2700 millóns de euros, estas cifras diminuíron un 10% o pasado ano, para situarse nos 2.438 millóns de euros, ao mesmo tempo que tamén descendeu nun 11% o aproveitamento de madeira. Estas son algunhas das cifras recollidas no informe A cadea forestal-madeira de Galicia, elaborado pola Escola de Enxeñaría Forestal da Universidade de Vigo, co apoio da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), da Xunta de Galicia e presentado este martes na Cidade da Cultura.
A Xunta incrementará nun 23,6%, ata os 8 millóns de euros, as axudas para os contratos programa aos centros tecnolóxicos de Galicia para apoiar os seus proxectos de I+D+i e, así, poder converter Galicia nunha potencia científico-técnica. Así o avanzou hoxe o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, nunha reunión que mantivo co presidente de Atiga.
Afundación e ABANCA presentaron, en colaboración co Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) da Universidade de Santiago de Compostela e o Centro de Investigacións ABANCA de IESIDE, na Sede Afundación de Santiago de Compostela, 'A Economía Galega. Informe 2018'. Este estudo socioeconómico de referencia, que se vén publicando desde 1986, preséntase nesta ocasión tanto a súa versión extensa online como a máis dinámica do resumo executivo en papel.
A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias - AGACA- organiza Espacios Efémeros de Emprendemento no marco do proxecto Interreg PocTep LACES, unha actividade na que 17 empresas e emprendedores da economía social de Galicia presentan os seus produtos máis innovadores ao público.
Nesta edición máis de 1320 alumnos e alumnas de 12 centros diferentes puxeron en marcha iniciativas. Entre elas, destacan algunhas como un proxecto de patios inclusivos, que busca eliminar as dificultades que se poidan encontrar as nenas e nenos con discapacidade; un obradoiro para aprender a técnica da reanimación cardiopulmonar (RCP) na aula e actividades que fomentan os xogos tradicionais e defenden o coidado e respecto polos animais.
Ábrese o prazo para que as familias soliciten a súa participación no Fondo Solidario de Libros de Texto, ou ben as axudas para a adquisición de libros de texto, e de vales para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, ESO e Educación Especial en centros sostidos con fondos públicos, para o vindeiro curso escolar 2019/20. O prazo para presentar as solicitudes permanecerá aberto dende o día 21 de maio ata o próximo día 21 de xuño.
Presentouse en Santiago de Compostela a segunda edición da campaña Días azuis do comercio galego, que se celebrará do 13 ao 26 de maio co obxectivo de dinamizar o comercio de proximidade. Durante estas dúas semanas o obxectivo da campaña é visibilizar os establecementos que están a pé de rúa e dinamizar o comercio de proximidade. Os clientes dos comercios que realicen as súas compras entre estas dúas datas deberán rexistrar o seu tícket en www.diasazuis.com, ou ben solicitar que a rexistre o propio comerciante.
A Feira do Viño do Ribeiro de Ribadavia, que este ano alcanzou a súa 56ª edición, presenta as valoracións da edición recentemente rematada. Despois de recoller e analizar os datos e as opinións dos axentes implicados no evento, o balance que se fai dende a organización do evento (Concello de Ribadavia e CRDO Ribeiro) é positivo, xa que se estiman que durante os tres días de duración do evento pasaron polo recinto unhas 25.000 persoas.
A Feira Nacional do Viño celebra a súa X edición coa previsión de acadar máis de 7.013 reunións. Este ano acreditáronse algo máis de 19.000 compradores, dos que case 14.000 son nacionais, uns 3.000 internacionais e 2.000 profesionais do viño en xeral. Ademais, rexistráronse algo máis de 3.000 expositores, aínda que no conxunto da feira estarán presentes máis de 25.500 persoas e preto de 2.000 adegas. Das 44 empresas, 25 pertencen á DO Rías Baixas, 9 ao Ribeiro, 6 á Ribeira Sacra e 4 á Valdeorras.
Nesta terceira edición, participarán doce pemes innovadoras das 4 provincias galegas: 5 da provincia da Coruña -Dairylac, Orballo Innovaciones Forestales, Software 4 Science Developments, NasasBiotech e Celtalga Extract-; 3 de Lugo -Laboratorio CIFGA, Applied Mass Spectrometry Laboratory (AMSlab) e TasteLab-; 1 de Ourense -Mosquera Villavidal-; e 3 de Pontevedra -Hifas da Terra, Horticultura Hidropónica e Ibérica de Esponjas Vegetales-.
Estímase que entre 350 e 400 mozas e mozos de entre 18 e 29 anos inscritos no ficheiro nacional de Garantía Xuvenil no ámbito da comunidade poidan completar a súa formación en compañías da Unión Europea. O obxectivo é que as persoas participantes adquiran durante a súa estadía en firmas empresariais de países europeos unha experiencia profesional que lles permita atopar traballo en Galicia.