
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), Manuel Rodríguez, asistiu esta mañá á inauguración da X edición da Feira Nacional do Viño (Fenavin), en Cidade Real, para apoiar coa súa presenza ás 44 empresas coexpositoras que participan nesta feira da man da Consellería do Medio Rural e dos consellos reguladores dos viños, augardentes e licores tradicionais de Galicia.
Alí, o director destacou que desde o Goberno galego apostamos decididamente polo viño como un dos motores fundamentais do medio rural, tendo en conta a súa condición de sector dinámico e xerador de emprego e riqueza, matizou Manuel Rodríguez. Así mesmo, subliñou que dende a Xunta púxose en marcha unha ambiciosa estratexia para dinamizar as cinco denominacións de orixe vinícolas galegas, reforzando as sinerxías con outros ámbitos, como o turismo ou a cultura e contemplando sempre o importante papel do viño desde o punto de vista económico e social.
Estas entidades están ubicadas nun posto de 335 metros cadrados da consellería, identificadas cada unha delas coa súa correspondente denominación de orixe. Así, das 44 empresas, 25 pertencen á DO Rías Baixas, 9 ao Ribeiro, 6 á Ribeira Sacra e 4 á Valdeorras.
Ademais, e como novidade, este ano Galicia presenta un túnel do viño onde os visitantes poderán degustar os viños, licores e augardentes gañadores dos acios e potes de Galicia nas catas de 2018, incluídos os caldos da DO Monterrei. En total, neste túnel estarán expostas 144 referencias.
A Feira Nacional do Viño celebra a súa X edición coa previsión de acadar máis de 7.013 reunións. Este ano acreditáronse algo máis de 19.000 compradores, dos que case 14.000 son nacionais, uns 3.000 internacionais e 2.000 profesionais do viño en xeral. Ademais, rexistráronse algo máis de 3.000 expositores, aínda que no conxunto da feira estarán presentes máis de 25.500 persoas e preto de 2.000 adegas. Este ano maximízase o espazo expositivo, con ata 33.346 metros cadrados, é dicir, un 7% máis que na pasada edición e dous novos pavillóns.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.