
O titular do Executivo galego, Alfonso Rueda, destacou hoxe que Galicia pechou o ano 2024 cun superávit do 0,2%, acadando o 100% de execución do orzamento, con 846,5 millóns de euros máis gastados respecto ao 2023, e ao mesmo tempo, reducindo a débeda. Así o reflicte o informe presentado ao Consello da Xunta polo titular da Consellería de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, relativo ao peche do exercicio do 2024.
Neste sentido, o esforzo investidor da Comunidade alcanzou o 16,5%, manténdose nas cifras máximas xa acadadas en 2023 (16%). Máis polo miúdo, o informe precisa que a Xunta investiu 2.181M, unha das cifras máis altas da historia, incrementándose o investimento real en máis de 200 millóns de euros con respecto ao ano anterior. Tamén se reforzaron os gastos correntes, principalmente vinculados a Sanidade, Educación e Servizos Sociais, con máis de 772 millóns de euros, que elevaron a súa execución ao 106%.
Segundo sinalou o presidente, a débeda reduciuse en 233 millóns de euros, rebaixando a ratio débeda/PIB 1,2 puntos nun so ano, ata o 14,5%, niveis do ano 2011, e mellorando a previsión desta magnitude no Plan Estratéxico de Galicia 2020-2030 para este exercicio (16,6%). En catro anos, a Xunta reduciu un 25% esta ratio.
Ademais, Rueda destacou que o saldo positivo do superávit débese a que Galicia recibiu máis ingresos dos previstos inicialmente grazas a unha liquidación do SFA superior á inicialmente prevista que permitiu a recuperación da concesión de catro autovías, cun aforro de 342 millóns de euros nos exercicios futuros. Esta operación ten carácter financeiro e, polo tanto, non ten impacto no cálculo do saldo.
Pago a provedores
Por outra banda, o presidente do Goberno galego lembrou que a Administración galega situouse, un ano máis, entre as CC.AA. que pagan con máis axilidade aos seus proveedores: 16,5 días de media en 2024. Esta axilidade beneficia aos provedores que traballan coa Xunta, pois favorece a súa liquidez, tendo en conta que moitos deles son pemes e mesmo autónomos. Por iso, o Goberno galego reafirma o seu compromiso con seguir pagando coa máxima axilidade posible.
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.