//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias economia
Estas achegas teñen como finalidade desenvolver proxectos que dinamicen o rural galego, ben sexa a través de iniciativas de natureza produtiva, é dicir, que supoñan a realización dunha actividade económica, ou de carácter non produtivo, que sexan de interese público, social ou colectivo. Poden ser beneficiarios destas achegas calquera persoa ou entidade que solicitara dita subvención a través dun dos 24 Grupos de Desenvolvemento Rural que hai no territorio galego. Esta ampliación de crédito faise para poder dar resposta a un maior número de solicitudes presentadas que cumpran cos requisitos establecidos pola orde.
Profesionais 4.0 é un programa pioneiro co que se busca impulsar a Industria 4.0 a través da contratación de 140 mozos e mozas menores de 35 anos. O DOG publica hoxe a iniciativa destinada á especialización e o acceso ao mundo laboral dos menores de 35 anos con titulación universitaria ou de técnico superior de formación profesional (FP). A través desta liña de axudas dotada con dous millóns de euros, incentivarase a contratación e a formación destes profesionais por parte das empresas, autónomos con dous ou máis empregados e as asociacións, fundacións ou clústeres, para a realización de plans que garantan o seu avance competitivo no eido da Industria 4.0.
Galicia lidera en España a caída do paro na evolución anual e o incremento das afiliacións á Seguridade Social na evolución mensual en España. O paro continúa baixando en Galicia e as afiliacións crecendo na evolución anual e mensual. A Comunidade galega pechou o mes de xullo con 150.921 parados, a mellor cifra desde xullo de 2008, estando moi próxima á reflectida ao inicio da crise económica. Na evolución anual, o desemprego cae nun -7,64% (-12.491 persoas), baixando xa seis anos de xeito consecutivo, o que sitúa ao paro en Galicia en niveis inferiores aos de hai máis dunha década. Galicia é a comunidade na que máis baixa o paro en termos relativos e a cuarta en termos absolutos.
O custo laboral bruto en Galicia no ano 2018 representou o 90,04% da media española, o que supón o máximo nivel de converxencia de toda a serie histórica, segundo mostran os datos do Estudo sobre Salarios publicado hoxe polo Instituto Galego de Estatística (IGE).As cifras do organismo estatístico da Comunidade Autónoma indican que, por primeira vez na historia, este indicador de converxencia superou en Galicia a barreira do 90% da media española. Ata agora, o nivel máximo de converxencia en custos laborais en Galicia co conxunto de España acadárase no ano 2017 (89,66%), pero nunca se conseguira superar o límite do 90%.
Galicia pechou o segundo trimestre do ano con menos paro, sendo a terceira Comunidade na que máis baixou o desemprego, tanto en termos absolutos como relativos. A taxa de paro, un 11,33%, é a máis baixa desde que comezou o Goberno de Alberto Núñez Feijóo, superando en 2,69 puntos á taxa media do Estado, que se sitúa no 14,02%. Rexístranse xa máis de cinco anos de baixadas de paro consecutivas na evolución anual con 34.600 parados menos que no segundo trimestre de 2008: a maior caída nun segundo trimestre desde 2005. Ademais, a caída experimentada en Galicia, do -19,77%, supera en 12,33 puntos á baixada media rexistrada en España.
A Fundación Galicia Europa estudou a situación dos intereses da nosa comunidade perante a Unión Europa, no marco da reunión do padroado da Fundación Galicia Europa, tanto das negociacións do marco financeiro plurianual 2021-2027 como do Brexit. No seo da reunión foron analizadas tamén as negociacións do marco financeiro plurianual 2021-2027, xa que o Goberno galego segue traballando o para que a nosa comunidade siga percibindo as axudas europeas que lle corresponden no vindeiro período orzamentarios e que se teñan en conta as nosas especificades no reparto dos fondos comunitarios. Ademais a Fundación seguirá moi de preto o proceso do Brexit xa que Galicia pode verse afectada.
Galicia volveu ser no mes de maio a comunidade autónoma que mellor paga as súas facturas, segundo reflicte o último informe sobre Prazos de pago a provedores e débeda comercial das Comunidades Autónomas, publicado hoxe polo Ministerio de Facenda. O período medio de pago en Galicia reduciuse a 15 días, o máis baixo de toda España, mentres que a media autonómica situouse nos 33,5 días. Os datos oficiais da Administración do Estado mostran tamén que este indicador en Galicia mantívose 15 días por debaixo do límite que establece a normativa estatal, que é de 30 días. En canto á débeda comercial, os datos do informe elaborado pola Secretaría de Estado de Facenda sitúan a Galicia de novo como a comunidade con menor débeda comercial de España.
O Plan de Dinamización das 5 denominacións de orixe do viño de Galicia reforzará a imaxe e a promoción dos viños galegos, ademais de potenciar o seu vínculo co rural. Será unha estratexia común e coordinada que atenderá ás particularidades específicas de cada denominación e reforzará a súa relación co sector turístico aproveitando os recursos do noso patrimonio cultural, natural e paisaxístico. Para contarase con todos os axentes do sector consellos reguladores, rutas dos viños, viticultores, adegas, investigadores, sector da restauración, entre outros- para acadar esta folla de ruta, que permitirá manter os estándares de calidade, seguir impulsando a internacionalización, incrementar o tamaño das adegas e abordar a remuda xeracional.
A xornada " Desenvolvemento do cooperativismo leiteiro galego: Paquete Lácteo" reuniu a preto de medio centenar de profesionais do sector leiteiro. Os principais eixos temáticos da xornada xiraron en torno á PAC, ao Paquete lácteo, ás Organizacións de Produtores, as Interprofesionais e a Mesa do Leite e ao uso dos antibióticos. O primeiro relatorio, de Higinio Mougán,director-xerente de AGACA, destacou que se prevé que a nova PAC dará importancia aos obxectivos de desenvolvemento sustentable relacionados cos plans nacionais integrados de enerxía e clima e de control de contaminación atmosférica, relacionados entre outras cousas, con emprego de xurros e fertilizantes e redución de emisións de gases.
O número de fogares galegos que chegan con algunha dificultade a fin de mes baixou no segundo trimestre do ano ata o 34,5%, o que supón o mellor resultado de toda a serie histórica e un descenso de nove puntos respecto ao trimestre anterior (43,6%), segundo recolle a última Enquisa conxuntural a fogares do Instituto Galego de Estatística (IGE). Pola contra, os fogares galegos que chegan con facilidade ou moita facilidade aumentaron no segundo trimestre ata acadar o 65,5%. Este é igualmente o mellor resultado de toda a serie histórica, que comeza no ano 2010. Ata agora, este indicador só superara a barreira do 60% nunha ocasión, no segundo trimestre do ano 2018.
Feijóo asegura que aproveitamos a oportunidade de Pemex ao confirmar a construción dos dous floteis e a base loxística no Porto da Coruña, e ao abrirse a vía para a renovación da súa flota menor e a entrada no capital dun estaleiro da ría de Vigo.
O titular da Xunta di que México pode ter máis barcos galegos e Galicia máis investimento mexicano, durante o encontro que mantivo co presidente Peña Nieto. Logo desta entrevista, Feijóo visitou Porto Progreso, considerado como a porta de entrada ao Golfo de México.
Inicia contactos co Goberno de México para estudar a posibilidade de exportar produtos lácteos galegos a este país e busca emprendedores que se comprometan con Galicia como socio prioritario. O director de LICONSA ten previsto visitar Galicia en breve.
Trátase de fondos que se destinarán a mellorar a empregabilidade dos traballadores galegos, como se indicou logo da LV Conferencia sectorial de emprego e asuntos laborais. Galicia adherirase á Extratexia de emprendemento e emprego xove 2013-2016.
Dirixida pola emprendedora Mariela Villar Romarís, a nova firma dedicarase á innovación e á excelencia en coaching a través de diversas actividades centradas no Camiño de Santiago. A iniciativa xurde no espazo de coworking Emprende Cultura Gaiás para fusionar o crecemento persoal e o auto-coñecemento.
O programa recolle tres liñas básicas de actuación: apoio á innovación organizativa e de xestión avanzada; apoio á innovación tecnolóxica e calidade; e apoio á innovación de proxectos de colaboración.
Preséntase a nova Lei do Emprendemento ás tres universidades galegas que estudiarán estratexias conxuntas. A Xunta entende que é clave o papel dos centros universitarios no fomento da cultura emprendedora e na posta en valor do talento.
O presidente do Executivo galego e máis xoves empresarios analizan o proxecto para a creación dunha nova xeración de empresarios que xurdiría a través da nova Lei de Emprendemento en catro anos.
O conselleiro de Economía reuniuse en Madrid con directivos de General Dynamics para trasladarlles a necesidade de ter máis tempo para buscar alternativas para Santa Bárbara. A Xunta implícase cos traballadores na procura dunha solución de viabilidade.
O evento, que cumpre a súa decimocuarta edición, terá lugar no pazo de congresos Expourense do 6 ao 10 de marzo. Realizaranse catas e presentaranse aos visitantes os alimentos certificados co selo de garantía.