Notas de prensa

Galicia recibirá 107 millóns para políticas de emprego en 2013, un 0.26% máis

Trátase de fondos que se destinarán a mellorar a empregabilidade dos traballadores galegos, como se indicou logo da LV Conferencia sectorial de emprego e asuntos laborais. Galicia adherirase á Extratexia de emprendemento e emprego xove 2013-2016.

Galicia recibirá ao longo deste ano un total de 107 millóns de euros por parte da Estado para financiar políticas activas de emprego. Esta contía é un 0,26 por cento maior que a cantidade recibida o ano anterior, o que supón “manter o compromiso” por parte do Estado con Galicia nesta partida. Con este investimento, a comunidade autónoma é unha das que máis fondos recibe por persoa desempregada.

Así o anunciou a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, trala súa participación hoxe na LV Conferencia sectorial de emprego e asuntos laborais que se celebrou en Madrid.

Ao respecto, explicou que estes fondos destínanse a “mellorar a empregabilidade dos traballadores galegos e a incrementar as súas oportunidades de acceder a un posto de traballo”.

Deste xeito, os case 107 millóns –que se complementarán con fondos propios, e fondos europeos- financiarán actuacións como os programas mixtos de formación e emprego; plans de cooperación para entidades locais e de iniciativa social; accións de formación para desempregados e ocupados; apoio ao emprendemento e aos autónomos; ou programas de inserción laboral de persoas con discapacidade.

Na xuntanza de hoxe abordouse a loita contra o desemprego xuvenil. Así, debateuse sobre a Estratexia de emprendemento e emprego xove 2013-2016, un plan ao que Xunta de Galicia vaise adherir, segundo avanzou a conselleira, que ademais valorou esta iniciativa como “positiva e necesaria” en tanto ten como finalidade a inserción laboral dos menores de 30 anos.

No que se refire ao desemprego na mocidade, tratouse tamén o desenvolvemento normativo do contrato de formación. Esta modalidade, destinada aos menores de 30 anos, permítelles obter un contrato profesional cunha empresa, asociado a unha actividade formativa, que no caso de Galicia será subvencionada pola Xunta.

A fórmula “está pensada e concibida para as pemes, que constitúen o 90 por cento do tecido produtivo de Galicia”. As empresas que participen, pola súa banda, terán dereito a determinadas vantaxes fiscais.

Ademais deste aspecto, a conselleira valorou tamén que se estea traballando, entre o Goberno central e os autonómicos, nun novo modelo de reparto de fondos de emprego que pasaría a ponderar a eficacia e eficiencia das políticas activas de emprego “e non simplemente o número de parados”.

Certificados de profesionalidade

Noutra orde de asuntos, Mato considerou “moi positivo” que se siga avanzando na implantación dos certificados de profesionalidade, que permiten obter aos traballadores acreditacións de validez estatal que melloran os seus currículos e son de “gran axuda” para optar a un posto de traballo.

Neste sentido, lembrou que a Xunta aposta firmemente por esta liña de actuación, polo que “practicamente o 100 por cento dos cursos que financiamos este ano permitirá a obtención destes certificados”. Recordou, ademais, que Galicia “foi a primeira comunidade autónoma en todo o Estado en implantar o sistema de competencias clave e está á cabeza das autonomía na aposta pola formación certificable”. De feito, o incremento da formación acreditada foi consensuado e acordado nas mesas do Diálogo social.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2013-04-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES