Notas de prensa

Economía reforza a colaboración coas universidades a favor do emprendemento

Preséntase a nova Lei do Emprendemento ás tres universidades galegas que estudiarán estratexias conxuntas. A Xunta entende que é clave o papel dos centros universitarios no fomento da cultura emprendedora e na posta en valor do talento.

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, mantivo un encontro cos reitores das tres universidades galegas no que se estudou a posta en marcha e o reforzo das estratexias conxuntas para o impulso do emprendemento en Galicia, así como a activación dun foro permanente de colaboración e cooperación.

Na reunión, que forma parte da rolda de contactos que está a manter a Xunta cos principais axentes sociais e económicos para consensuar a nova Lei do Emprendemento, o conselleiro salientou o papel clave das universidades no fomento da cultura emprendedora e na posta en valor do talento galego, aspectos que se potencian no anteproxecto de lei.

Do mesmo xeito, Conde destacou a aposta da Xunta por promover a transferencia dos resultados da investigación á empresa, con ferramentas como a Axencia Galega de Innovación e a nova Lei de Fomento da Investigación e Innovación de Galicia, que tamén está a ser tramitada. Ademais, falouse de que a nova Lei de Emprendemento pode ser un instrumento para impulsar a labor levada a cabo nas universidades como xerme de empresas e proxectos innovadores, como no caso das spin-off e os viveiros de empresas.

No encontro, o conselleiro puido escoitar as opinións e propostas dos representantes das universidades para a Lei do Emprendemento, coa que, tal e como recordou Conde, se dotará aos emprendedores galegos dun marco integral de apoio ás súas iniciativas empresariais, ordenando e coordinando os recursos da Administración e favorecendo o investimento público e privado co obxectivo de retomar o crecemento.

Entre os obxectivos da Lei do Emprendemento de Galicia está dotar de novas posibilidades de financiamento aos emprendedores, ao tempo que simplificará o proceso administrativo para a constitución de empresas. Así, entre as súas principais novidades destaca a Unidade Galicia Emprende, destinada a dar un servizo integral de apoio e asesoramento para a creación de empresas. A través deste servizo, o Goberno galego comprométese a avaliar os proxectos maduros facilitando o seu informe de viabilidade en menos de 30 días e axilizar os trámites administrativos para a constitución dunha nova empresa en menos de 48 horas.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2013-04-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES