Notas de prensa

Galicia Calidade promociona os seus produtos en Xantar, o Salón Galego de Gastronomía e Turismo

O evento, que cumpre a súa decimocuarta edición, terá lugar no pazo de congresos Expourense do 6 ao 10 de marzo. Realizaranse catas e presentaranse aos visitantes os alimentos certificados co selo de garantía.

A Consellería de Economía e Industria, a través de Galicia Calidade, estará presente do 6 ao 10 de marzo no Salón Galego da Gastronomía e Turismo, Xantar, que terá lugar no pazo de congresos Expourense. A marca de garantía contará cun stand onde promocionará os produtos e servizos amparados polo selo autonómico á marxe doutras actividades como catas e degustacións.

O programa de actividades do salón inclúe un showcooking e varias catas comentadas de distintos produtos. Contará ademais cun stand no corredor central de Xantar que presentará ós visitantes os alimentos desta marca. Galicia Calidade ratifica o seu apoio a esta cita converténdose de novo en patrocinador.

O showcooking de Galicia Calidade terá lugar o sábado 9 de marzo ás 12.00 horas. Consistirá na elaboración de receitas creativas con produtos adscritos a este selo de garantía e correrá a cargo da chef Marian Rodríguez, a cociñeira elixida para poñer en marcha a campaña “Experiencias Galicia Calidade” que a levou a impartir clases por toda Galicia.

Catas comentadas

Durante os cinco días de duración do salón impartiranse ademais catas comentadas de alimentos de marcas con este selo (viños, queixos e augas) e que estarán impartidos por representantes da Asociación Galega de Sumilleres-Gallaecia. A marca estará presente en varios puntos do salón grazas a varios soportes promocionais de gran formato que recordarán ós miles de visitantes a Xantar, moitos deles de fóra de Galicia, a calidade da gastronomía galega.

Con esta iniciativa, Galicia Calidade quere mostrar aos consumidores o valor engadido que supón para un produto ou servizo galego contar con este distintivo, acreditando a súa calidade superior aos seus competidores, e apostando pola súa orixe galega na internacionalización dos seus mercados.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2013-03-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES