Actualidad de Economía

Noticias economia

Os resultados das exportacións das empresas galegas nos primeiros oito meses do ano reflicten o esforzo que o tecido produtivo está a realizar para consolidar a súa proxección nos mercados internacionais, cun volume total de vendas ao exterior que acadou os 14.041 millóns de euros, a segunda mellor cifra para este período dos últimos anos, segundo a información que ofrece o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo. De continuar esta tendencia, en 2019 o total das vendas no exterior roldaría os 21.000 millóns de euros, cifra que se acadou por vez primeira en 2017.
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, presentou no Parlamento de Galicia as contas para o próximo ano, que suman preto de 600 millóns de euros para a creación de emprego e mellorar a competitividade das empresas. Resérvanse 260 millóns de euros á creación de máis emprego impulsando unha formación dual e flexible e lánzanse novas iniciativas para mellorar a empregabilidade dos colectivos prioritarios, como un novo programa dual de emprego para mozos e mozas e TécnicAs, para mellorar a presenza feminina no eido industrial
O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, anunciou que a Xunta remitirá esta mesma semana ás organizacións sindicais as convocatorias de oposicións para cubrir 1.161 prazas en diversas categorías de Administración Xeral. “Trátase de convocatorias moi agardadas polo persoal que quere estabilizar o seu posto de traballo e polos moitos mozos e mozas que aspiran a acceder a un emprego estable e de calidade na Xunta de Galicia”, subliñou o conselleiro.
A Xunta volve aprobar en tempo e forma os Orzamentos para 2020, que inclúen o maior gasto social da historia, menos impostos e novos recursos para facer máis competitiva e innovadora a economía. Tras a aprobación do Proxecto de lei de Orzamentos para 2020, que irá acompañado do Proxecto de lei de medidas fiscais e administrativas, o presidente da Xunta destacou o inicio da súa tramitación parlamentaria este sábado en tempo e forma. “A Xunta de Galicia leva aprobando 40 anos consecutivos o seu Orzamento. Todos os gobernos que tivo a Autonomía nestes 40 anos cumpriron as súas obrigas e aprobaron anualmente os seus orzamentos”, engadiu.
Galicia estará entre as primeiras comunidades autónomas que pagarán anticipos das axudas da Política Agraria Común (PAC) correspondentes á campaña 2019-2020. Por primeira vez neste período de programación da PAC, o Fogga (Fondo Galego de Garantía Agraria) realizará o pago de anticipos por un importe superior aos 36,6 millóns de euros, tras a realización de todas as comprobacións administrativas e dos controis obrigatorios sobre o terreo. Este importe transferirase de forma efectiva aos gandeiros a partir da semana que vén, sendo a data de inicio do exercicio financeiro 2020 o vindeiro mércores 16 de outubro. Neste senso, trátase dunha medida que permitirá dar liquidez ás explotacións gandeiras galegas.
Foi presentado no Parlamento o límite de gasto non financeiro para o ano 2020, que foi aprobado pola Cámara autonómica. En global, o teito de gasto sitúase en 10.160 millóns de teito de gasto, cun aumento de 311 millóns respecto ao Orzamento deste exercicio, o que supón un crecemento do 3,1%. Deste importe, 10.112 millóns de euros se corresponden con ingresos non financeiros, 68 millóns proceden do obxectivo de déficit e os 20 millóns restantes son axustes negativos de contabilidade nacional. É primeira vez que a Xunta presenta un teito de gasto que supera a barreira dos 10.000 millóns de euros.
Acábase de crear a Rede de Comercios e Mercados no Camiño, unha iniciativa que permitirá potenciar as vendas do comercio de proximidade nos 138 concellos polos que transcorren as diferentes rutas de peregrinación ao tempo que servirá para mellorar os servizos que estes establecementos prestan aos peregrinos. Poden sumarse a esta Rede de xeito gratuíto tanto os establecementos comerciais como as asociacións de vendedores de prazas de abastos. Ademais, as agrupacións de comerciantes locais poderán solicitar a adhesión en nome dos seus asociados. Os establecementos que se adhiran á rede recibirán un pack de benvida con distintos elementos promocionais para os seus clientes e un distintivo identificativo para o local.
Galicia pechou setembro de 2019 con 9.336 parados menos que hai un ano, o que supón unha baixada do -5,61% e un nivel de desemprego moi inferior ao rexistrado hai unha década, xa que en setembro de 2009 había 200.456 parados fronte aos 156.984 actuais. Ademais, a caída de Galicia supera en case dous puntos á media estatal, situándose como a quinta Comunidade na que máis descende o desemprego. Por sexto ano consecutivo redúcese o paro en Galicia nun mes de setembro que tamén baixou nas catro provincias galegas e nas sete grandes cidades, así como en todos os sectores económicos e nos menores de 30 anos, mulleres e parados de longa duración.
Galicia sitúase como referente internacional no ámbito do equipamento de edificios de uso colectivo, con máis de 9000 proxectos realizados en 800 cidades de todo o mundo que levan a firma do contract galego. Forman parte do sector máis dun cento de empresas galegas que desenvolven a súa actividade en máis de cen países, facturando algunhas delas o 95% da súa produción fóra da Comunidade. Así, cadeas hoteleiras como Hilton, Four Seasons, ou o grupo Marriot, ou firmas do retail como Inditex, Dior, Chanel ou Loewe confían no contract galego para os seus establecementos.
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou no primeiro dos Venres Autónomos, encontros cos que se busca coñecer de preto a realidade deste colectivo e escoitar cales son as súas demandas
« Anterior | 50  de  381 | Siguiente »

Notas economia

La Asociación Lugo Monumental y la empresa Interdix Galicia firman un convenio de colaboración por el que las empresas asociadas disfrutarán de condiciones ventajosas en la elaboración y mantenimiento de sus sitios web.
Agadic convocou esta liña de apoio cunha dotación económica de 66.000 euros para fomentar a escrita individual de guións e a realización de curtametraxes de carácter innovador ou experimental.
Más de 150 mujeres de los municipios de Lugo, Foz, Barreiros, Quiroga, Guitiriz, Cospeito, Xermade, Burela, Cervo, Vilalba y Sarria están participado en la primera fase del proyecto TU VIDA EN UN CLICK, financiado por el Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad, con cargo a la asignación tributaria IRPF, y coordinado por Federación GALI.CE.CAN.
Destaca que Galicia tivo o mellor mes de abril no que a exportacións se refire desde que hai rexistros, cun incremento do dobre da media nacional de exportacións.
A Xunta de Galicia anima aos empresarios galegos a que teñan en conta a alta demanda de produtos e servizos de calidade en China. En 2012, as exportacións galegas ao país asiático medraron un 25% por parte de 323 empresas.
O director da Agadic compareceu petición propia para explicar tanto as liñas programáticas como as actuacións concretas do organismo que incidirán nos sectores audiovisual, escénico e musical. Fixo unha diagnose realista da situación económica e dos principais problemas.
A Xunta segue a defender a arbitraxe como a mellor fórmula para que o 100% dos aforradores recuperen o 100% dos seus aforros. O IGC está a informar sobre o procedemento xudicial a seguir e as opcións de xustiza gratuíta para aqueles que poidan beneficiarse da mesma nos supostos da lexislación.
A modificación respecto ao último trimestre de 2012 débese a que Galicia foi a primeira comunidade en completar en 2013 o programa anual de débeda. Nos vindeiros trimestres Galicia reducirá a ratio de débeda e mellorará a súa posición comparativa co resto de comunidades.
Un total de 768 firmas expositoras, procedentes de 19 países estarán ubicadas en máis de 57.000 metros cadrados no Recinto Feiral de Silleda onde se crea un enorme espazo para o comercio do sector agrogandeiro, que pretende abrir unha “ventá de oportunidades” para moitas empresas galegas.
O presidente da Xunta asegurou no Parlamento de Galicia que a Xunta apoiará ao sector da minaría sempre que cumpra as leis e estudando caso por caso, avanzando tamén que non aceptará a mina de feldespato de Xinzo. Di que as portas están abertas aos proxectos que xeren emprego, sexan viables, sostibles e seguros.


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES