Noticias

As pemes galegas superan os 14.000 millóns de euros en exportacións ata o mes de agosto

Os resultados das exportacións das empresas galegas nos primeiros oito meses do ano reflicten o esforzo que o tecido produtivo está a realizar para consolidar a súa proxección nos mercados internacionais, cun volume total de vendas ao exterior que acadou os 14.041 millóns de euros, a segunda mellor cifra para este período dos últimos anos, segundo a información que ofrece o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo. De continuar esta tendencia, en 2019 o total das vendas no exterior roldaría os 21.000 millóns de euros, cifra que se acadou por vez primeira en 2017.

O director do Igape, Juan Cividanes, informou hoxe en Santiago de Compostela dos resultados das exportacións das empresas galegas nos primeiros oito meses do ano, poñendo en valor o esforzo que o tecido produtivo está a realizar para consolidar a súa proxección nos mercados internacionais e que se ve reflectido no dato do volume total de vendas ao exterior, que acadou os 14.041 millóns de euros, a segunda mellor cifra para este período dos últimos anos, segundo a información que ofrece o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo.

Cividanes salientou que, de continuar esta tendencia, en 2019 o total das vendas no exterior roldaría os 21.000 millóns de euros, cifra que se acadou por vez primeira en 2017. Apuntou tamén que ata o pasado mes de agosto o superávit comercial de Galicia alcanzou os 1.152,9 millóns de euros, mentres que a nivel estatal o saldo entre as exportacións e as importacións foi negativo.

Subliñou ademais o relevante peso que teñen as vendas ao exterior galegas no conxunto do Estado, xa que as exportacións da Comunidade suman o 7,3 % do total nacional. Sobre as vendas por sectores, resaltou os incrementos que experimentaron as industrias química e agroalimentaria (7% e 5,5% de suba con respecto ao mesmo período do pasado ano respectivamente), e a maquinaria, os aparellos mecánicos e o material eléctrico, que medraron en conxunto un 3,1%.

En canto aos destinos das exportacións, o director do Igape puxo de relevo o incremento das vendas a destinos non europeos, como China, cunha suba do 26,2% con respecto ao mesmo período de 2018; a India, cun ascenso do 23,2% ou África, destino no que as exportacións galegas se incrementaron un 4,7%. No que respecta ao mes de agosto, destacou o ascenso das vendas aos Estados Unidos, nun 40,7%, e aos países europeos, cun incremento das vendas a Francia dun 17,2%; a Bélxica, cun 13,7%; a Romanía, un 13,3%; Portugal, un 7% ou o Reino Unido, un 4,9%.

Con respecto a este último destino, lembrou o compromiso do Goberno galego coa consolidación das vendas das pemes galegas ante o escenario comercial que a marcha do Reino Unido da Unión Europea poida implicar. Así, o plan de continxencia activado polo Goberno galego inclúe a plataforma dixital de asesoramento que está a disposición das pemes, unha oficina de información e consultas cuxas funcións serán ampliadas e o cheque Brexit, que se porá en marcha unha vez se confirme a saída.

Ademais, Cividanes lembrou que as liñas de axudas á internacionalización que desenvolve o Igape buscan seguir impulsando as vendas das pemes galegas en todo o mundo, polo que se reforzaron as actuais convocatorias dos programas Galicia Exporta e Foexga, que están a promover máis de 1.500 accións no exterior en máis de 100 países e nas que participan máis 1.300 pemes galegas.

R., 2019-10-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES