Noticias

Galicia estará entre as primeiras comunidades autónomas que pagarán anticipos das axudas da PAC na campaña 2019-2020

Galicia estará entre as primeiras comunidades autónomas que pagarán anticipos das axudas da Política Agraria Común (PAC) correspondentes á campaña 2019-2020. Por primeira vez neste período de programación da PAC, o Fogga (Fondo Galego de Garantía Agraria) realizará o pago de anticipos por un importe superior aos 36,6 millóns de euros, tras a realización de todas as comprobacións administrativas e dos controis obrigatorios sobre o terreo. Este importe transferirase de forma efectiva aos gandeiros a partir da semana que vén, sendo a data de inicio do exercicio financeiro 2020 o vindeiro mércores 16 de outubro. Neste senso, trátase dunha medida que permitirá dar liquidez ás explotacións gandeiras galegas.

Galicia estará entre as primeiras comunidades autónomas que pagarán anticipos das axudas da Política Agraria Común (PAC) correspondentes á campaña 2019-2020. Así o decidiu a Consellería do Medio Rural a través do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), ente pagador destas axudas europeas que son tan importantes para os agricultores e gandeiros galegos.

Por primeira vez neste período de programación da PAC, o Fogga realizará o pago de anticipos por un importe superior aos 36,6 millóns de euros, tras a realización de todas as comprobacións administrativas e dos controis obrigatorios sobre o terreo. Así, a Consellería efectuará o pago do 70% da axuda total, o máximo establecido pola Comisión Europea, un mes antes que na pasada convocatoria.

En concreto, as liñas de axuda que se aboarán son as de vacas nutrices, con case 10,5 millóns de euros que beneficiará a máis de 9.000 agricultores e gandeiros, e de vacún de leite, con 26,1 millóns de euros e máis de 7.000 beneficiarios.

Este importe transferirase de forma efectiva aos gandeiros a partir da semana que vén, sendo a data de inicio do exercicio financeiro 2020 o vindeiro mércores 16 de outubro. Neste senso, trátase dunha medida adoptada pola Consellería do Medio Rural que permitirá dar liquidez ás explotacións gandeiras galegas.

Ademais, a primeiros do mes de decembro prevese realizar un novo pago de 105 millóns de euros, de forma que no ano 2019 en Galicia se alcance o obxectivo de importes superiores a 140 millóns, beneficiando así a un total de 26.000 solicitantes.

R., 2019-10-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES