//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias cultura
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, ven de presentar a primeira edición do programa Propulsa Danza + Paisaxe + Patrimonio, nova iniciativa da Xunta que, nas súas palabras, supón unha "aclamación conxunta dun dos maiores bens culturais que ten a nosa Comunidade".
A partir da convocatoria pública que se activou coincidindo coa celebración do Día Internacional da Danza, seleccionáronse as 23 compañías galegas que, xunto con sete formacións do resto de España, Francia e Portugal, lle dan forma a esta iniciativa que reflicte o "magnífico momento creativo" da danza en Galicia, ao tempo que poñer en valor o noso gran patrimonio cultural e paisaxístico.
O festival MindoMúsica que celebrarase do 28 de xuño ao 4 de xullo en distintos emprazamentos de Mondoñedo. Na programación inclúese desde a Catedral ata varias parroquias, con concertos en pequeno e medio formato que incluirán encontros de músicos coa veciñanza nos locais sociais coa intención de achegar a música clásica a todos os públicos. MindoMúsica aposta tamén pola revalorización dos músicos mindonienses e pola promoción da riqueza histórico-cultural. Por iso, completarase coa organización dunhas xornadas en torno á figura de Pacheco e a súa obra.
A Cidade da Cultura de Galicia reforza este verán o programa de visitas comentadas con diferentes opcións para coñecer a arquitectura e funcionamento do complexo, as intervencións artísticas e paisaxísticas nos espazos verdes ou os vencellos entre C o Camiño de Santiago. Estes tres novos xeitos de achegarse ao Gaiás veñen a completar a actual oferta de visitas guiadas ás exposicións Faraón. Rei de Exipto e Os brancos segredos do seu ventre, que a partir de xullo tamén se verá reforzada con novas quendas. Todas as visitas son de balde, con reserva de prazas na web da Cidade da Cultura.
As miradas de Isaac foi a primeira grande exposición da Xunta de Galicia en homenaxe a Díaz Pardo despois do seu falecemento, en xaneiro de 2012. Inaugurouse en novembro de 2020 no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura para facela coincidir co centenario do seu nacemento (1920) e co obxecto de pór en valor o legado e as aportacións á cultura galega do impulsor da recuperación da fábrica de cerámica de Sargadelos, do Laboratorio de formas, do Seminario de Estudos Galegos, do Instituto Galego da Información, de Ediciós do Castro ou do Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside, entre outros moitos proxectos relevantes.
Presentouse hoxe o cartel dos concertos de O Son do Camiño-Perseidas, un novo formato do coñecido festival adaptado ás circunstancias da pandemia e que congregará do 14 de xullo ao 8 de agosto a 18 artistas nacionais e internacionais de primeiro nivel no Monte de Gozo. Este evento volverá situar a Galicia como referente musical e será un dos maiores atractivos culturais este verán, coincidindo ademais co Xacobeo 21-22. O Son do Camiño-Perseidas contará coas actuacións de Rozalén, Camilo, Andrés Suárez, Loquillo, Vetusta Morla, Ara Malikian, Beret, Estopa, Izal, Raphael, Melendi ou Xoel López. O cartel complétase con Guadi Galego, Pablo Lesuit, Sabela, Furious Monkey House, David Rees e Maren.
Carles Fontserè e Camilo José Cela. Nueva York Amarga, comisariada polo director do CGAC, Santiago Olmo, e polo catedrático de Historia da Literatura Española da Universidad de Barcelona, Adolfo Sotelo, busca reconstruír a historia do libro inconcluso Nueva York Amarga, que Cela iniciou co obxectivo de retratar a cidade norteamericana en base ás fotografías realizadas por Carles Fontserè (Barcelona, 1916 - Girona, 2007) e ás cartas que ambos intercambiaron, así como os documentos, informacións e reflexións do catalán sobre a cidade.
O Centro Dramático Galego (CDG) pecha esta fin de semana a temporada de exhibición no Salón Teatro de Santiago de Compostela cos espectáculos O mozo da última fila, de Redrum Teatro, e As virxes salvaxes, de Teatro do Noroeste. As representacións terán lugar o sábado 29 e o domingo 30 respectivamente. As entradas xa se poden adquirir a través de ataquilla.com e estarán tamén á venda nos despacho de billetes o mesmo día de cada sesión, desde dúas horas antes do seu comezo. Dirixida por Alex Sampaio a partir dunha dramaturxia de Juan Mayorga, O mozo da última fila é unha reflexión cargada de ironía sobre a necesidade de contar historias, a fascinación polas vidas alleas e a lexitimidade da creación artística.
O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) e o Museo das Peregrinacións e de Santiago serán algunhas das sedes do Festival Performativo Plataforma 2021 que arrinca este mércores en Santiago de Compostela e que ofrecerá preto dunha trintena de propostas culturais ata o 5 de xuño. Trátase dunha iniciativa que conta co apoio da Xunta de Galicia, en cuxa presentación participou hoxe o secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo. Ao longo de dúas semanas, daranse cita preto dunha trintena de propostas culturais, que comezarán mañá no Museo das Peregrinacións e de Santiago coas conversas organizadas cos creadores Verónica Moar e Álvaro Valiño sobre deseño performativo.
A Filmoteca de Galicia acollerá catro exhibicións da (S8) XII Mostra Internacional de Cinema Periférico, presentada hoxe na Coruña nun acto no que participou o director da Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic) da Xunta, Jacobo Sutil. As sesións previstas na sala José Sellier achéganse ao traballo da cineasta alemá Déborah S. Philips e dos españois José Val del Omar e Juan Sebastián Bollaín, e inclúen unha conferencia ilustrada co director franés Jean Rousseau. O evento, organizado pola ESE8 Asociación Cultural e que vén contando nos últimos anos co apoio da Xunta de Galicia para a súa celebración, desenvólvese do 28 de maio ao 6 de xuño en distintas sedes da cidade da Coruña.
Esta obra forma parte do proxecto do mesmo nome, promovido polo Colectivo Egeria, co patrocinio da Xunta de Galicia, e a colaboración da Real Academia Galega e o Concello de Sarria. Este proxecto está composto por unha web, unha exposición itinerante que a finais deste mes terá visitado 42 cidades e poboacións de Galicia, e un catálogo que recolle os contidos da exposición.
La Ribot é coreógrafa, bailarina e artista visual. Actualmente vive e traballa en Xenebra e as súas obras presentáronse tanto en museos e galerías de arte como en teatros, desde a Tate Modern de Londres, ao MNCARS de Madrid, o Centre Pompidou ou o Théâtre de la Ville de París. No ano 2000 foi galardoada co Premio Nacional de Danza e coa Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes en 2015, recoñecementos, ambos, outorgados polo Ministerio de Cultura.
A mostra, comisariada por Asunta Rodríguez, reúne unha escolma do traballo dos artistas galegos, todos eles pertencentes á RAGBA: Manuel Buciños, Ignacio Basallo, Xosé Díaz, Menchu Lamas, Xurxo Lobato, Acisclo Manzano, Din Matamoro, Manolo Paz, Soledad Penalta, Manuel Quintana Martelo, Rafael Úbeda e Miguel Anxo Prado. Concretamente expóñense 23 pezas, entre as que se inclúen pinturas, esculturas e fotografías, enfiadas por citas e referencias literarias.
Por terceiro curso académico consecutivo, o campus de Ourense, ao igual que os demais campus da UVigo, súmase á iniciativa Docs del Mes, ciclo de cinema documental que ten como obxectivo achegar o cine documental ao maior número de espectadores e abrilo a novos públicos proxectando documentais internacionais, de calidade e de temática e procedencia diversa. A programación ata finais de ano en Ourense constará nesta ocasión de catro proxeccións.
Presentouse en Tui, en rolda de prensa, os contidos da sección galega así como toda a programación que compón a nova edición do Festival Internacional de cinema Play-Doc que se celebrará do 23 ao 27 de setembro na cidade fronteiriza. Sen perder o carácter internacional que definiu a programación de Play-Doc durante toda a súa traxectoria, nesta edición, o festival presenta uns contidos cos que pretende reforzar os vínculos coa súa comunidade.
O catedrático de Historia da Educación, Antón Costa Rico, recolleu este mércores de mans do reitor Antonio López, o III Premio Luís Porteiro Garea en recoñecemento ao seu esforzo a prol da normalización do uso do galego na Universidade. No seu discurso, o premiado aproveitou para poñer o foco na necesidade de adquirir unha maior confianza social no uso do idioma propio de Galicia.
A Irmandade Manuel María e a Asociación Xermolos convocan este sabado, día 19, a unha ofrenda floral no Pedregal de Irimia, ás 12 da mañá, conmemorando celebración da IX Festa da Afirmación e Dignidade.
En GaliciaDigital, hai algo máis de catro anos (temos xa vinte de vida) demos en publicar libros agotados ou inéditos, dos que nin os seus autores nin nós tiñamos intereses comerciais, para poñelos ao dispor dos posibles interesados, independentemente do lugar onde residan, de xeito que de maneira gratuíta e inmediata o libro quedaba a dispor xeral, contribuindo á súa difusión, en complicidade con quen o creou e co interesado que pode lelo e imprimilo.
O ex-conselleiro estrea a súa faceta literaria coa publicación da novela 'Brianda de Moás', ambientada na Galicia medieval. Cunha mestura entre o real e o imaxinario, a crónica e a anécdota, o verosímil e o realista, o autor compón un fresco histórico e medieval, unha obra con enorme capacidade expresiva, insólita mostra de literatura na que xeografía e historia, topónimos e nomes propios de hai máis dun milenio entrecrúzanse na memoria dun particular cronista.
A Universidade da Coruña retoma a actividade cultural do seu espazo de intervención, NORMAL, no campus de Riazor, coa exposición Un lugar común. Derivas do deseño e da arte contemporánea que se abrirá o vindeiro martes, 15 de setembro, ás 20:00 horas. Como complemento á exposición que poderá ser visitada do 15 de setembro ao 4 de decembro, o comisario e historiador da arte e do deseño contemporáneos David Barro impartirá 4 conferencias.
A exposición 'Rostros de ausencia' de Beatriz S. Saá acolle vinte obras interdisciplinarias que abranguen pintura, escultura e instalación, e que seguen a liña de traballo que a artista leva realizando durante os últimos anos na súa investigación académica sobre o alzhéimer. A mostra que foi inaugurada este xoves na Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela, pon o foco nos procesos consecutivos de modificación e perda da identidade.