
A creadora deseñou un percorrido que mergulla e traslada ao espectador a ese universo íntimo de confusión, esquecemento, medo, ou resignación, que tanto doentes como familiares sofren no seu día a día, caligrafiando nos seus retratos un recoñecemento expresivo á memoria e ao recordo, como sistema dun presente orixinado dende as ausencias progresivas, explica Saá.
'Rostros de ausencia' completarase con conferencias e coloquios nos que participarán investigadores da USC e responsables das entidades galegas dedicadas ao alzhéimer durante a segunda quincena do mes de outubro. Na inauguración da mostra, alén da artista, tomou parte a vicerreitora de Igualdade, Cultura e Servizos, Mar Lorenzo; a concelleira de Urbanismo, Vivenda, Cidade Histórica e Acción Cultural do Concello de Santiago, Mercedes Rosón; o responsable da Área de Cultura da USC, Pablo Sampedro; e o historiador e comisario da mostra Alberton Carton.
Currículo
Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo en 2009, Saá cursou un máster de Arte, Museoloxía e Crítica Contemporáneas (2010), así como de Educación en Artes plásticas (2011), ambos os dous na USC. Combina a súa labor creativa coa xestión cultural. Foi codirectora da galería de arte contemporánea A. dFuga (2011-2013) e entre os seus premios artísticos máis destacados atópanse o I Premio GZCREA 2009 e o Premio Nacional VI Certame de Pintura Entre Vales en 2011; xunto coas súas numerosas seleccións en certames a nivel nacional e internacional, e a súa presenza en feiras de arte como JustMad, RoomArtFair e Cuarto Público. Realizou exposicións en España, Portugal e Serbia, entre outros países. Actualmente encóntrase realizando o programa de doutoramento na Facultade de Belas Artes da Universidade Complutense de Madrid, dentro da cal se enmarca a investigación que deu lugar a esta mostra.
A exposición estará aberta ao público dende o día 11 de setembro ata o día 27 de outubro, de luns a sábado en horario de 17.00 a 20.30h. Os días 12 de setembro e 13 de outubro estará pechada por estar programado un concerto.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.