Noticias

O CGAC abre o segundo semestre do ano con dúas exposicións arredor da cidade de Nova York e os Camiños

Carles Fontserè e Camilo José Cela. Nueva York Amarga, comisariada polo director do CGAC, Santiago Olmo, e polo catedrático de Historia da Literatura Española da Universidad de Barcelona, Adolfo Sotelo, busca reconstruír a historia do libro inconcluso Nueva York Amarga, que Cela iniciou co obxectivo de retratar a cidade norteamericana en base ás fotografías realizadas por Carles Fontserè (Barcelona, 1916 - Girona, 2007) e ás cartas que ambos intercambiaron, así como os documentos, informacións e reflexións do catalán sobre a cidade.

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presentou hoxe as dúas exposicións coas que o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) abre o segundo semestre do ano: Carles Fontserè e Camilo José Cela. Nueva York Amarga e Camiños. Dúas mostras que, tal e como destacou o representante da Xunta de Galicia, poñen en valor os fondos da Colección CGAC, en especial o arquivo fotográfico do Nobel galego, adquirido no 2016.

O secretario xeral de Cultura salientou que ambas citas constatan o papel activo do CGAC na programación cultural de Galicia cunha ampla oferta de actividades para gozar da cultura dun xeito seguro. “Desde a Xunta temos claro que o camiño da recuperación pasa por reforzar o consumo cultural e dar continuidade aos proxectos, como estamos a facer desde que comezou a crise sanitaria ao abeiro do Plan de Reactivación da Cultura impulsando a programación nos museos galegos”, expresou o representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Neste sentido, Anxo M. Lorenzo recordou a intensa actividade levada a cabo nos últimos meses no CGAC con exposicións como a que se realizou en conmemoración dos 30 anos da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, a retrospectiva da compositora estadounidense Pauline Oliveros ou a mostra Breaking de Monument, entre outras. Resaltou a oportunidade de celebrar neste semestre iniciativas como a exposición sobre Camilo José Cela, coincidindo co 30 aniversario da Fundación Cela que se conmemora estes días.

Selección de fotografías

Carles Fontserè e Camilo José Cela. Nueva York Amarga, comisariada polo director do CGAC, Santiago Olmo, e polo catedrático de Historia da Literatura Española da Universidad de Barcelona, Adolfo Sotelo, busca reconstruír a historia do libro inconcluso Nueva York Amarga, que Cela iniciou co obxectivo de retratar a cidade norteamericana en base ás fotografías realizadas por Carles Fontserè (Barcelona, 1916 - Girona, 2007) e ás cartas que ambos intercambiaron, así como os documentos, informacións e reflexións do catalán sobre a cidade que xuntaba ás fotografías.

A estrutura da exposición segue rigorosamente o esquema ideado por Cela, a modo de índice, para articular o libro, un total de 28 capítulos (dos que só chegou a escribir cinco) cuxos títulos suxiren imaxes vivas da cidade e da súa xente, acompañados cada un deles dunha listaxe de fotografías de Fontserè.

Na mostra poderán contemplarse tanto os manuscritos orixinais de Cela como unha selección de 140 destas fotografías (do total de 350 existentes), que forman parte todas elas do arquivo fotográfico do Nobel. Este arquivo está composto por tres conxuntos de fotografías e negativos que foron utilizados polo escritor para proxectos literarios e libros como Viaje a la Alcarria (1948), con fotos de Karl Wlasak, e Nuevas escenas matritenses (1965-1966), con fotos de Madrid de Enrique Palazuelo, e as fotografías realizadas por Fontserè para Nueva York Amarga.

Seminario ‘Cela: palabra e imaxe’

Carles Fontserè e Camilo José Cela. Nueva York Amarga trae consigo a celebración –tamén no propio CGAC– do seminario Cela: palabra e imaxe, organizado pola Universidade de Barcelona. Este congreso contará coa participación de reputados expertos na figura do Nobel tanto das universidades de Santiago e A Coruña como da propia Universidade de Barcelona, da Universidade Camilo José Cela (Madrid) e da Fundación Camilo José Cela.

“Con esta exposición e este seminario imos situar Galicia como centro de referencia nas actividades que se realicen nestes meses arredor da figura do premio Nobel”, explicou o secretario xeral de Cultura, que animou a completar esta experiencia cunha visita ás instalacións da Fundación Pública Galega Camilo José Cela en Padrón, “que custodia os documentos máis importantes da vida do autor”.

A mostra poderá visitarse no CGAC desde este venres 4 de xuño ao 26 de setembro. O seminario Cela: palabra e imaxe celebrarase no Auditorio deste mesmo centro os días 4 e 5 de xuño. Haberá visitas guiadas de balde cada fin de semana e realizadas por mediadoras especializadas en arte contemporánea, que se levan a cabo no CGAC todos os domingos ás 12,00 h.

Diálogo de artistas

Comisariada por Santiago Olmo e o profesor da universidade da Coruña e crítico de arte Alberto Cartón, Camiños é un proxecto que aborda o feito de camiñar e a vivencia do camiño, do vagar, do itinerario e da peregrinación como fenómenos e experiencias artísticas. Con este fin, pon en diálogo unha serie de artistas e proxectos que historicamente marcaron as formas de visualizar o camiñar e a evolución da idea de camiño.

A mostra pretende por unha banda, recoller e mostrar o legado que a Colección CGAC foi construíndo sobre o tema da cidade, o Camiño de Santiago e a idea de camiñar e, por outra, seleccionar obras, artistas e proxectos especialmente significativos que centraron o seu foco na experiencia (emocional, ecolóxica, política ou paisaxística) do camiñar. Deste xeito, inclúese unha coidada selección de obras de Richard Long, Franics Alÿs, Antony Gormley, Hamish Fulton, Beat Streuli, Bae Bien-U, Anselm Kiefer, Luigi Ghirri e Nicolás Dumit Estévez.

A mostra divídese en dous capítulos inmediatamente sucesivos no tempo, que ocuparán o mesmo espazo dentro do museo e funcionarán como relatos complementarios.

R., 2021-06-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival.jpg) O ciclo xa ofreceu xa en marzo e abril as actuacións de Andhrea & The Black Cats na Pecera de Vigo e na Pousada da Galiza Imaxinaria, de Sabela King & The Heartbreakers e The Lakazans en La Room, de Ferrol, e continuará mañá venres 22 de maio co concerto de Berlai na sala boirense. A programación seguirá o 30 de maio con Habelas Hainas, na sala Guión de Pontedeume; o 13 de xuño con Cachas & Cousins, no Club Clavicémbalo, de Lugo; o 1 de agosto con Habelas Hainas, na Arca da Noe, de Vilar de Santos; o 11 de setembro con Sacha na Horta, no Club Clavicémbalo; o 10 de outubro con Blues do País e O Sindicato da Verbena, na Arca da Noe; o 24 de outubro con The Lakazans e o 28 de novembro con Habelas Hainas, estas dúas últimas no Pub Gatos, de Melide.
Foto de la tercera plana (lobo-galicia.jpg) A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, denunciou que o Goberno central está a comprometer a viabilidade das explotacións gandeiras coa súa postura sobre a protección do lobo. Durante unha visita que realizou en Vilalba a unha explotación gandeira en extensivo que sufriu varios ataques de lobo, a conselleira explicou que o sector gandeiro está a sufrir as consecuencias do empeño do Ministerio para a Transición Ecolóxica en que o estado de conservación desta especie sexa desfavorable.

Notas

O Concurso Runas 2026, que desde o ano 2000 impulsa a difusión da cultura e da música celta, pechou as súas votacións en liña superando os 100.000 votos emitidos, consolidando esta edición como unha das de maior participación dos últimos anos. O resultado final estivo marcado pola coincidencia entre o voto popular e a valoración do xurado profesional, que seleccionaron a JDC, Aérokorda e Leni Pérez & Sekadra como os tres grupos finalistas que actuarán este verán no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira.
Baixo o título ...miña prenda, desde este xoves e ata o 24 de xullo, a Sala Alterarte acolle unha exposición do artista Xosé Poldras comisariada por Marta García. Con ela pecharase a programación deste curso académico do espazo expositivo do campus de Ourense. A mostra recolle principalmente gravados deste creador pero tamén dá entrada a outro tipo de pezas súas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES