
O galardoado destacou a importancia de que dende a Universidade se promovan iniciativas para fomentar a produción científica en galego. O reitor, pola súa parte, destacou os moitos méritos alcanzados na longa traxectoria do galardoado cun premio que distingue a quen moito ten feito pola lingua.
Costa Rico comezou a súa intervención recoñecendo a súa teimosía na defensa da lingua e da cultura para logo facer un repaso por toda a súa traxectoria profesional e persoal en prol da lingua Os profesores José Antonio Caride Gómez e Jesús Rodríguez Rodríguez foron os encargados de facer a loa ao premiado na que definiron a Costa Rico como un referente científico, pedagóxico e humano. Caride destacou a mirada crítica e reivindicativa do premiado, un traballador incansable por prestixiar a lingua. Nesta mesma liña, Jesús Rodríguez destacou a calidade e intensidade da súa labor divulgadora, logo de toda unha vida de dedicada a Galicia e á súa educación.
Acta do xurado
O xurado do certame, composto polo propio Antonio López; Manuel Núñez Singala, responsable do Servizo de Normalización Lingüística; Gumersindo Feijoo Costa, vicerreitor de Planificación, Tecnoloxías e Sustentabilidade; así como polos profesores Rita Gradaílle Pernas, Marcelino Maneiro Maneiro e Marta Pérez Pereiro, acordou no mes de xullo recoñecer a traxectoria científica, académica, cultural, cívica e social de Costa Rico ao longo de corenta e catro anos de docencia na Facultade de Ciencias da Educación da USC, así como noutras iniciativas pedagóxicas e sociais. Entre elas, a acta destaca as que toman como referencia unha docencia universitaria sustentada en e por materiais escritos en lingua galega; a súa densa e intensa investigación histórico-educativa, cunha abundante e recoñecida produción científica en lingua galega. Asemade a acta do xurado pon o foco nas súas responsabilidades institucionais como decano da Facultade de Ciencias da Educación, director do Instituto de Ciencias da Educación, presidente da Sociedade Española de Historia da Educación, o seu continuado labor de elaboración, coidado e promoción do patrimonio escolar e educativo ou a sensible e activa implicación na renovación pedagóxica a través do Movemento Cooperativo da Escola Popular Galega nunha primeira etapa e posteriormente coa Nova Escola Galega.
Premiados noutras edicións
O Premio Luís Porteiro Garea recoñeceu nas súas dúas edicións precedentes aos profesores Manuel Bermejo e Xosé Antonio Gómez Segade. Este certame lembra a figura do profesor da cátedra de Dereito Civil e membro das Irmandades da Fala Luís Porteiro Garea, quen o día 16 de setembro de 1915 pronunciou no Paraninfo da Universidade a primeira lección en galego da que se ten constancia. Este é o motivo polo que a entrega do galardón realízase cada 16 de setembro nese mesmo escenario da USC.
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, instou ao Goberno central a paralizar a suba dos prezos da AP-9 para 2027 e que os conxele como a Xunta fará coas autoestradas de titularidade autonómica. Allegue respondeu a unha interpelación sobre a situación da autoestrada no Parlamento autonómico, e apuntou que a suba prevista para AP-9 e AP-53 é dun 5% e un 4% respectivamente, o que as converte nas máis caras de España. Incidiu en que nesta lexislatura houbo un incremento dun 20% nos prezos mentres que nas da Xunta non houbo ningún aumento.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reclamou en Bruxelas 'financiamento suficiente, estabilidade e seguridade' para a nova PAC. Foi durante a súa intervención no evento da Coalición Agriregions, no Comité Europeo das Rexións, no que estivo acompañada polo director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño. Na organización da xornada tomou parte a Fundación Galicia Europa, que prestou apoio técnico á delegación galega na capital comunitaria para participar nesta reunión conxunta con membros do Parlamento Europeo e do devandito Comité das Rexións.