
Esta iniciativa, coordinada pola compañía Parallel 40, naceu baixo o nome de DocsBarcelona no ano 2004 e desenvolvese cada ano en numerosas salas de España e América Latina. Arrancamos o curso cunha programación de catro documentais que se proxectarán ao longo de catro meses e que agardamos teñan unha boa acollida entre o público a pesar da situación provocada pola covid-19, explica Filemón Rivas, responsable de Actividades Culturais no campus de Ourense. Con entrada libre ata completar un aforo reducido de acordo coas normas ás que obriga a crise da covid-19, as proxeccións poderán verse en versión orixinal con subtítulos en castelán na sala do Cineclube Padre Feijóo ás 19.30 horas.
Da apicultura nos Balcáns ás traballadoras do fogar filipinas
A programación iniciarase o vindeiro luns 21 con Honeyland, de Ljubomir Stefanov e Tamara Kotevska, un filme macedonio que narra a historia de Hatidze Muratova, que se dedica a criar colonias de abellas nunha remota rexión montañosa dos Balcáns e os cambios que para a súa forma de vida supuxo a chegada á zona dunha familia nómade. Ao mes seguinte, o luns 19, proxectarase Marwa. Pequeña y valiente, un documental da directora e produtora xordana de orixe palestina Dina Naser, que retrata a vida cotiá de Marwa, unha nena que vive nun campo de refuxiados de Xordania desde que fuxiu coa súa familia de Siria.
O 2 de novembro poderá verse Robots. Las historias de amor del futuro, un filme no que a documentalista alemá Isa Willinger reflexiona, a través de casos reais, sobre como a intelixencia artificial e a entrada de robots nos fogares afectará ás vidas das persoas. Por último, o 21 de decembro proxectarase o premiado documental Overseas, centrado na historia das mulleres filipinas que se ven obrigadas a marchar ao estranxeiro a traballar como aias e traballadoras do fogar, no que a cineasta coreana Sung-A Yoon combina o humor negro e a denuncia social.
A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.