
Cunha periodicidade aproximada dun libro por semana, velaquí que de súpeto dámonos conta de ter chegado aos 200 'volumes', de xeito que o noso 'catálogo', medrando sen présa pero sen pausa, ten no albor do outono de 2020 unha oferta xa ampla de poesía ou prosa, de ensaio ou reportaxe, en galego ou castelán, totalmente gratuíta; para todos e para sempre.
Plenamente satisfeitos polo planteamento e o traballo desenvolvido, queremos deixar constancia de agradecemento sen límites a autores e autoras que nos autorizan a reproducir as súas obras, e igual recoñecemento para todos os internautas que cada día entran na BIBLIOTECA VIRTUAL DE GALICIADIGITAL para descubrir novas publicacións, antigas ou novísimas, que forman parte esencial da nosa oferta-aportación á infraestrutura dixital do país.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou hoxe de que o Goberno autonómico prevé publicar antes de que remate o ano a nova normativa de desenvolvemento do decreto de FP, aprobado este ano, para actualizar os currículos destas ensinanzas e incorporar tres novas figuras docentes. Así se recolle nos informes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP , que abordan tanto esta nova regulación como o lanzamento da primeira convocatoria do selo Empresa comprometida coa FP dual, un distintivo para recoñecer ás empresas máis implicadas con estas ensinanzas, que acreditará o seu traballo e que implicará beneficios.
Lugo e Láncara acolleron do 5 ao 7 de novembro as II Xornadas Anuais de Pensamento Galego, dedicadas nesta segunda edición á figura de Ramón Piñeiro. O encontro, organizado por Egeria reuniu especialistas, investigadores e representantes do ámbito cultural e académico arredor do pensamento, a traxectoria vital e o compromiso coa lingua e a cultura galegas dun dos intelectuais máis relevantes do século XX. As xornadas inauguráronse o xoves 5 de novembro na Casa do Concello de Lugo coa participación da alcaldesa, Elena Candia, e a presentación da exposición bibliográfica 'Eu, Ramón Piñeiro' e da web ramonpineiro.gal (desenvolvida por GaliciaDigital).