//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias cultura
O proxecto Nova Economía da Lingua (NEL) pretende desenvolver modelos multilingües de texto, voz e tradución automática que poidan dar resposta ás necesidades da realidade social e estean en liña coa tecnoloxía actual, na que o multilingüismo e a transferencia entre linguas xogan un papel crucial. A primeira xuntanza deste iniciativa na que participa a USC e que conforma un Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica (PERTE) centrado na nova economía da lingua promovido polo Goberno de España no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, botou a andar na Cidade da Cultura.
Nesta dobre cita expositiva, a sede do CGAC presenta ata o 7 de xaneiro de 2024, baixo o título 'Unha historia posible do CGAC', un percorrido polas exposicións, actividades e publicacións promovidas polo centro desde a súa creación, con especial atención aos fitos e pezas singulares que marcaron a súa historia e, paralelamente, a evolución do contexto artístico en Galicia. Mediante un itinerario expositivo artellado entre a planta baixa e o soto, amósanse pezas da colección CGAC e algunhas outras en préstamo que permitirán visualizar exposicións individuais e proxectos colectivos, con obras de nomes como Giovanni Anselmo, Esther Ferrer, Ángela de la Cruz, Hisae Ikenaga ou Pamen Pereira, entre outros.
O Festival Abanea celebrará entre o 26 e o 30 de xullo a súa segunda edición cun programa de danza que distribuirá 15 funcións de 10 compañías entre os concellos de Gondomar, Foz, Outes e Allariz co apoio da Xunta de Galicia. ISMO Cultura, colectivo organizador do encontro, espallará así a actividade do certame ás catro provincias. Foz marcará o inicio desta segunda edición o 26 de xullo, coa exhibición na praza do Conde Fontao das pezas Vestirme de ti, da bailarina galega Nuria Sotelo xunto a Clara Ferrão; A raíz, do porriñés Daniel Rodríguez, e Human 21, da catalá Sandra Macià. A actividade en Foz incluirá tamén o obradoiro-espectáculo de Marta Alonso Tejada Discoteca de Señoras e a Pista de baile, actividade de mediación co público. Estas dúas accións reproduciranse en todas as localidades implicadas.
A Rede Galega de Teatros e Auditorios, circuíto de exhibición de espectáculos xestionado pola Xunta e as administracións locais adheridas, renova a súa programación semestral con 176 funcións escénicas e musicais en 36 concellos ata final de ano. Esta carteleira, de ámbito profesional e maioritariamente de produción galega, está cofinanciada pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades con 278.000 euros.O novo período de actividade está conformado por 160 representacións escénicas de 93 espectáculos (deles, 70 están dirixidos a público familiar, haberá 13 funcións de danza, nove de circo e 14 de maxia) a cargo de 76 compañías, e polos concertos de 14 formacións musicais.
A décima edición do Corazón da Artesanía, Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia, pechou as súas portas despois dunha fin de semana marcada pola afluencia de público no recinto histórico-artístico dos Pendellos de Agolada. Máis de 8.000 visitantes achegáronse entre o venres e o domingo ata o municipio pontevedrés, o que sitúa en 70.000 os asistentes das dez edicións celebradas ata a data ao evento de referencia do sector da artesanía en Galicia. Corazón da Artesanía constitúe un evento integral destinado a divulgar os oficios artesanais, a impulsar a comercialización da marca Artesanía de Galicia e doutros produtos gourmet de calidade, así como a buscar sinerxías entre artesanía e outros sectores como a arquitectura, o deseño ou a gastronomía.
Un total de dez autores emerxentes galegos están a participar estes días na Residencia Literaria da Cidade da Cultura para perfeccionar os seus proxectos de narrativa. A actividade, que forma parte do programa de Residencias Artísticas do Gaiás, conxuga o traballo individual coa posta en común e o intercambio de impresións sobre as propostas do resto de participantes. Ao longo de 12 días de convivencia, os escritores novos comparten inquedanzas e consellos, críticas e eloxios nun ambiente de confianza e apoio mutuo. Ademais, contarán coa guía de dúas escritoras destacadas das letras galegas e españolas, Marilar Aleixandre Premio Nacional de Narrativa 2022 e a mexicana Brenda Navarro, que con tan só dúas novelas publicadas unha delas traducida xa a oito idiomas confírmase como unha das voces máis prometedoras das letras hispanas.
O festival desenvolverase ata o 15 de xullo en Vilanova de Arousa e incluirá seis producións teatrais. Así, o luns 10 representarase Don Ramón del Valle-Inclán, un monólogo de Pedro Casablanc, acompañado do pianista, baseado no texto de Gómez de la Serna, espectáculo estreado no Teatro Español de Madrid. O martes 11 será a quenda de Morfeo Teatro conLos cuernos de Don Friolera; o mércores 12 de El alma de Valle-Inclán, a cargo de Rafael Álvarez El Brujo quen, o xoves 13, presentará no festival La lámpara maravillosa, a estrea absoluta desta edición. O venres 14, a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia ofrecerá a súa representación de A cabeza do Bautista, e o sábado, como remate da programación, a compañía El callejón del Gato deleitará ao público infantil con La cabeza del dragón.
O furancho é unha comedia que ten como protagonistas a Isabel Risco e Marián Bañobre, na que a través da metáfora gastronómica se presentan cuestións que afectan á sociedade contemporánea tales como a pobreza cultural ou como nos definen as escollas que facemos. A peza, dirixida a un público adolescente e adulto, está escrita e dirixida polo propio Santiago Cortegoso. O espectáculo, que se estreou o 27 de febreiro de 2015 no Auditorio Municipal de Cangas, recibiu o Premio María Casares ao Mellor Vestiario e o Premio FETEGA (Festival do Carballiño) ao Mellor Espectáculo e Mellor Actriz (Isabel Risco).
A programación cultural impulsada pola Xunta en colaboración con distintas empresas e administracións locais baixo o lema A cultura de Galicia é un CulturON porá o foco este verán no 'talento, profesionalidade e excelencia do sector' con máis de 2.500 propostas 'diversificadas e repartidas por todo territorio para ampliar públicos e garantir o acceso a todas as persoas'. Así o manifestou hoxe o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, nun acto acompañado polo seu equipo no que se presentou a oferta cultural para os vindeiros meses que, como indicou, 'reflicte o gran momento de crecemento e de pluralidade creativa que vive a cultura galega' e que deixará pegada nos territorios nos que se ofrecerá xa que se prevé que mobilice 4M.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou o nome dos galardoados coas Medallas Castelao 2023 que distinguen aos galegos que fixeron contribucións senlleiras e levaron o nome de Galicia máis aló das nosas fronteiras. Os premiados son a escritora Ledicia Costas, o grupo Siniestro Total, a deportista Susana Rodríguez Gacio, o empresario Lino de Prado e o oncólogo Rafael López. A Medalla Castelao é unha condecoración civil ás personalidades e institucións que destacan polo seu traballo no eido artístico, literario e intelectual.
A vixésima primeira edición do Festival Titirideza de Lalín arrinca o 26 de agosto. O encontro de teatro de monicreques referente en Galicia programou este ano seis actuacións que se levarán a cabo nunha carpa situada na praza da Igrexa de Lalín ata o 28 de agosto. O día 26 a compañía Xarope Tulú dará comezo ao festival ás 17.30 horas co espectáculo Roupa Tendida, unha proposta na que conflúen a narración oral e a manipulación de obxectos e monicreques.
A música galega terá unha destacada presenza na 28ª edición de Womex, a Worldwide Music Expo, que se celebrará en Lisboa do 19 ao 23 de outubro. Sheila Patricia viaxará a Lisboa con Orixe, o seu primeiro LP e tamén o seu proxecto máis ambicioso e persoal, no que aposta polas súas raíces musicais con tinguras de vangarda e mesmo ritmos de world music, confirmándose como unha das voces máis prometedoras do actual panorama musical galego.
Baixo o lema 'memoria dos lugares, voz do tempo', esta nova entrega continúa a unir música e patrimonio para deitar unha ollada sobre o pasado que nos permita observar e interpretar o presente para albiscar no futuro. O cartel combina proxectos de experimentadas formacións galegas con figuras convidadas do máis alto nivel internacional. Ademais, a programación propón unha serie de actividades ligadas aos concertos.
O Feito a Man, a cita estival coa música ao vivo en Santiago de Compostela organizada pola AC Cidade Vella, chega á súa XIX edición coa volta á normalidade tras dous anos de restricións. Baixo o lema 'no calor das rúas', neste 2022 o festival amplía datas e programación con 31 actuacións, do 10 ao 27 de agosto, en prazas e terrazas da zona vella compostelá para encher de música en directo emprazamentos históricos desta cidade Patrimonio da Humanidade.
A mostra 'O Esplendor do Camiño. Oito séculos de Pratería e Acibeches en Compostela' constitúe unha aproximación á realidade destas dúas artesanías, cuxa historia discorre paralela tanto da tradición xacobea, como da propia cidade de Santiago, reflectida no seu rueiro, nunha das súas prazas máis emblemáticas e en distintas rúas do seu casco histórico.
O libro 'Lo que en la tuya me dices', un epistolario inédito editado polo Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC e no que se recolle a correspondencia mantida durante trinta anos entre o poeta galego José Ángel Valente e o crítico asturiano Florentino Martino, acaba de saír do prelo.
Os dez poemas galegos de Francisco Vega Ceide -Francisco de Fientosa- edítanse nos cinco idiomas ibéricos polo Colectivo Egeria, para conmemorar os 110 anos do nacemento do escritor en maio de 1912 no Cordón, da parroquia de Santa Locaia do concello lucense de Castro de Rei. A edición está apoiada pola Xunta de Galicia (Política Lingüística) e o Concello de Castro de Rei.
Alfonso Rueda avanzou que o Goberno galego vai remitir este mes ao Goberno central unha vintena de proxectos culturais solicitando un PERTE cultural que recoñeza a importancia deste sector na economía, un mecanismo ata agora inexistente en España e que Galicia considera 'necesario' para acompañar a transformación dixital, reforzar a creación, produción e a internacionalización da cultura galega.
La acogida por parte del público de la iniciativa hace que los locales hayan decidido por unanimidad prorrogar las exposiciones, hasta el día 3 de julio.
La prórroga surgió de los propios locales, a pesar de que al comenzar las rebajas necesitan sus espacios más que nunca, y desinteresadamente los ceden para promocionar artistas locales.
O 22 de maio de 1912 naceu no Cordón, de Santa Locaia (Castro de Rei) Francisco Vega Ceide, Francisco de Fientosa, considerado polos devotos da súa obra como O Lorca galego.