Noticias

O Festival Abanea celebrará a súa segunda edición como o gran encontro da danza en Galicia

O Festival Abanea celebrará entre o 26 e o 30 de xullo a súa segunda edición cun programa de danza que distribuirá 15 funcións de 10 compañías entre os concellos de Gondomar, Foz, Outes e Allariz co apoio da Xunta de Galicia. ISMO Cultura, colectivo organizador do encontro, espallará así a actividade do certame ás catro provincias. Foz marcará o inicio desta segunda edición o 26 de xullo, coa exhibición na praza do Conde Fontao das pezas Vestirme de ti, da bailarina galega Nuria Sotelo xunto a Clara Ferrão; A raíz, do porriñés Daniel Rodríguez, e Human 21, da catalá Sandra Macià. A actividade en Foz incluirá tamén o obradoiro-espectáculo de Marta Alonso Tejada Discoteca de Señoras e a Pista de baile, actividade de mediación co público. Estas dúas accións reproduciranse en todas as localidades implicadas.



O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participou esta mañá na Cidade da Cultura de Galicia na presentación do programa do Abanea 2023 xunto a tres das directoras do festival —Marta Alonso Tejada, Lilian Portela e Paula Quintas— e representantes institucionais dos concellos implicados. A amesá Suevia Rojo actuou durante o acto en calidade da bailarina seleccionada este ano no programa bienal do festival polo que se apoian procesos de creación de artistas emerxentes.

O representante da Xunta celebrou a proposta global que ofrece o Festival Abanea, evento chamado a se converter “no gran festival de danza en Galicia”, dixo. Sutil puxo en valor, ademais, “a innegable calidade artística” do cartel, así como a súa vontade de tecer complicidades entre os profesionais da danza, o cal fica demostrado non só coa colaboración da Xunta, senón tamén doutras entidades de grande impacto no sector como son a plataforma internacional SóLODOS ou Acieloabierto, Red Nacional de Festivales en Espacios no Convencionales.

Descentralización

O responsable de Industrias Culturais puxo en valor a expansión ás catro provincias deste festival, que ao amosar a súa intención de descentralizar a súa oferta e levarlles as artes do movemento a públicos diferentes, encaixa coa filosofía do Plan Integral para a danza de Galicia. Esta folla de ruta, posta en marcha polo Executivo Galego tras un proceso de diálogo co sector, marca prioridades e medidas para fortalecer a danza e o labor dos seus profesionais na nosa Comunidade.

A partir do 26 de xullo con 15 funcións

O Festival Abanea desenvolverase entre o 26 e o 30 de xullo, polo que o conxunto do seu programa se suma así este verán á oferta global que o Goberno galego está a impulsar con máis de 2500 actividades por toda Galicia no marco da axenda conxunta CulturON, que abrangue desde os festivais de música ata as accións expositivas dos museos, pasando pola dinamización das bibliotecas ou as actividades de Cultura do Camiño ou Territorio Cultura, entre outras.

Foz marcará o inicio desta segunda edición o 26 de xullo, coa exhibición na praza do Conde Fontao das pezas Vestirme de ti, da bailarina galega Nuria Sotelo xunto a Clara Ferrão; A raíz, do porriñés Daniel Rodríguez, e Human 21, da catalá Sandra Macià. A actividade en Foz incluirá tamén o obradoiro-espectáculo de Marta Alonso Tejada Discoteca de Señoras e a Pista de baile, actividade de mediación co público. Estas dúas accións reproduciranse en todas as localidades implicadas.

Xusto ao día seguinte, o 27,Abanea trasládase a Outes para amosarlle ao seu público The Sad-mad method, obra da catalá Carla Sisteré, xunto aos espectáculos xa amentados de Nuria Sotelo e Daniel Rodríguez. Alejandra Balboa será quen se encargue de impartir un obradoiro de danza familiar, que tamén se repetirá nas seguintes citas.

Gondomar distribuirá o seu cartel entre o venres 28 e o sábado 29. Neses días, pola praza de Rosalía pasarán —ademais das obras de Sotelo e Rodríguez— Minguates, da compañía galega Entremans; Proserpina, da madrileña La Mínima; Samsara, dos estremeños Chey Jurado e Javito Mario, e Me fui con tu nombre, do colectivo No man’s land cíe que aglutina artistas procedentes de Ecuador e Túnez.

Finalmente, Allariz poralle o ramo á segunda edición deAbanea o 30 de xullo coas compañías La Incendiaria, que estreará Sun Dogs, espectáculo resultante do programa de apoio de creación artística de Abanea 2022-23; Me fui con tu nombre, dos xa citados No man’s land cíe, e Otempodiz, da vasca Ertza.

R., 2023-07-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (pesca-azul.jpg) A conselleira do Mar, Marta Villaverde, liderou esta na capital comunitaria a delegación da Conferencia de Rexións Periféricas Marítimas (CRPM) que mantivo unha reunión de traballo na sede da Dirección Xeral de Asuntos Marítimos e Pesca (DG MARE) con representantes deste departamento da Comisión Europea. No encontro participaron mandatarios e representantes de territorios costeiros de concas como o Atlántico, o Mediterráneo ou o mar do Norte para abordar a futura estratexia Visión 2040 e a necesaria actualización da Política Pesqueira Común (PPC).
Foto de la tercera plana (premios-nacionales-artesania-2026.jpg) Un total de cinco candidaturas galegas optan como finalistas aos XIX Premios Nacionais de Artesanía, convocados polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo. Galicia convértese así na comunidade con máis finalistas, con candidaturas en catro das cinco categorías. En concreto, os ceramistas Barreiros Artesanía e a deseñadora e redeira Amalia Puga optan ao Premio Produto, mentres que Sandra Vilas é candidata por segundo ano consecutivo ao Premio Emprendemento.

Notas

A exposición 'Outro e sobre si', do artista Andrés Rodís, abriu as súas portas ao público no Museo Gaiás da Cidade da Cultura. A mostra é o resultado da I Residencia ArtLab IGFAE, unha iniciativa da USC e a Xunta e que naceu en 2025 para tecer fíos entre a investigación en física de partículas e a creación contemporánea galega. 'Outro e sobre si' poderá visitarse de balde no Gaiás ata xaneiro de 2027.
Discutir academicamente acerca do cómic contemporáneo desde as novas concepcións e usos do soporte e do formato tradicionalmente asociados á banda deseñada é o obxectivo central do XI Foro Internacional de Creación na Fronteira, que reunirá un conxunto de especialistas de diferentes áreas na sede da Vicerreitoría do campus.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES