
Ás 20 horas, a compañía de Lalín Estalalá representará Un Rei e outros animais.
O día 27 ás 12 horas será a quenda da Xanela do Maxín coas aventuras de Lúa quere viaxar a... Marte!. Ás 19 horas, a Compañía Títeres Cachirulo poñerá en escena Camiño de aventuras.
Por último, o día 28, ás 12 horas, a compañía Pérez&Fernández representará O poder de Amabel, unha obra baseada no libro de Erica Esmorís. Ás 19 horas, Larraitz Urruzola pechará o festival con Dona Barriga Verde, unha actualización con perspectiva de xénero do teatro de cachiporra.
O autor cartel do Festival Titirideza foi obra Misha Bies Golas.
26 de agosto
17.30 horas. Xarope Tulú con Roupa Tendida,
20 horas. Estalalá con Un Rei e outros animais
27 de agosto
12 horas. Xanela do Maxín con Lúa quere viaxar a... Marte!
19 horas. Compañía Títeres Cachirulo con Camiño de aventuras
28 de agosto
12 horas. Pérez&Fernández con O poder de Amabel
19 horas. Larraitz Urruzola con Dona Barriga Verde
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.