
A Deputación da Coruña volverá a colaborar, por segundo ano, con Espazos Sonoros, que se celebrará entre o 3 o 25 de setembro. Así o confirmou o responsable provincial de Patrimonio, Xosé Lois Penas, durante a presentación do festival na sede da institución. Penas estivo acompañado pola directora artística do ciclo, Belén Bermejo.
Logo do éxito da edición pasada, dixo Penas, estamos encantados de volver colaborar, cunha programación que cualificou de espectacular. O deputado agradeceu a labor inmensa e magnifica que se está a facer desde o equipo de Espazos Sonoros.
Baixo o lema memoria dos lugares, voz do tempo, esta nova entrega continúa a unir música e patrimonio para deitar unha ollada sobre o pasado que nos permita observar e interpretar o presente para albiscar no futuro.
Bermejo, pola súa banda, salientou que non é un macrofestival e non pretende selo, traballamos para chegar ao máis proximo e abrir xanelas que nos acheguen ao que pasa no mundo. É por iso que o cartel combina proxectos de experimentadas formacións galegas con figuras convidadas do máis alto nivel internacional. Así, ofrécese a oportunidade de escoitar á cantante arxentina Diana Baroni co Grupo de Música Antiga 1500 no proxecto Dous Mares, o poliédrico Abraham Cupeiro, a capela ao completo dos Ministriles de Marsias, o arpista Manuel Vilas, o Austrian Baroque Company canda o violinista Florian Hasenburger ou La Spagnoletta co contratenor Miguel Ulla.
Ademais, a programación propón unha serie de actividades ligadas aos concertos, que permitirán coñecer de preto os espazos nos que teñen lugar e as súas contornas. O castelo de Naraío, o mosteiro de Caaveiro, Borneiro, o Dolmen de Dombate, as Terras rosalianas ou a lagoa de Sobrado serán os escenarios privilexiados aos que Espazos Sonoros se achegará nesta edición.
Igualmente, o cartel continúa a aposta pola visibilización das paisaxes organísticas, facendo na súa última semana parada en Santiago de Compostela con dous concertos nun dos órganos máis interesantes que se conservan en Galicia, o de San Paio. Unha novísima organista, Ana Aguado, canda o grupo Favola dArgo, serán as encargadas de facer soar este instrumento.
Os concertos son de balde e a entrada libre, até completar a capacidade, excepto nos espazos en Caaveiro e o Dolmen de Dombate, que teñen prazas limitadas. No catálogo e na web http://www.espazossonoros.org poden consultarse as actividades para as que cómpre realizar unha inscrición previa.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.