Noticias

A comedia 'O furancho' de Ibuprofeno Teatro inicia a súa xira por sete concellos galegos da man da Xunta

O furancho é unha comedia que ten como protagonistas a Isabel Risco e Marián Bañobre, na que a través da metáfora gastronómica se presentan cuestións que afectan á sociedade contemporánea tales como a pobreza cultural ou como nos definen as escollas que facemos. A peza, dirixida a un público adolescente e adulto, está escrita e dirixida polo propio Santiago Cortegoso. O espectáculo, que se estreou o 27 de febreiro de 2015 no Auditorio Municipal de Cangas, recibiu o Premio María Casares ao Mellor Vestiario e o Premio FETEGA (Festival do Carballiño) ao Mellor Espectáculo e Mellor Actriz (Isabel Risco).

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou esta mañá na presentación da xira de O furancho, o espectáculo da compañía Ibuprofeno Teatro que este xullo visitará sete concellos galegos dentro da programación do FalaRedes, o programa de dinamización lingüística impulsado pola Xunta de Galicia.

No acto, no que estivo acompañado de Marián Bañobre e Santiago Cortegorso, fundadores da compañía teatral, o representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades saudou esta “proposta fresca e divertida recoñecida pola crítica que levará ocio e humor en galego a sete concellos da Rede de Dinamización Lingüística”. Forma parte das máis de 2.500 actividades previstas este verán na programación impulsada pola Xunta de Galicia en colaboración con distintos concellos e entidades baixo o lema A cultura galega é un CulturON.

Comedia para adolescentes e adultos

O furancho é unha comedia que ten como protagonistas a Isabel Risco e Marián Bañobre, na que a través da metáfora gastronómica se presentan cuestións que afectan á sociedade contemporánea tales como a pobreza cultural ou como nos definen as escollas que facemos. A peza, dirixida a un público adolescente e adulto, está escrita e dirixida polo propio Santiago Cortegoso.

O espectáculo, que se estreou o 27 de febreiro de 2015 no Auditorio Municipal de Cangas, recibiu o Premio María Casares ao Mellor Vestiario e o Premio FETEGA (Festival do Carballiño) ao Mellor Espectáculo e Mellor Actriz (Isabel Risco).

A xira comezará esta mesma tarde no Centro Ágora da Coruña ás 21,00 h. Despois, seguirá durante todo o mes de xullo polos seguintes concellos membros da Rede de Dinamización Lingüística: Ortigueira (Teatro de Beneficiencia) o xoves 6, Rois (Auditorio Municipal) o venres 7, Verín (Auditorio Municipal) o sábado 8, Melide (Auditorio casa da Cultura) o domingo 9, Ribadumia (Auditorio Municipal) o sábado 22 e Valga (Auditorio Municipal) o venres 28.

As datas e as horas exactas poden consultarse na Axenda de Cultura de Galicia e no Portal da Lingua Galega.

55 pases para os próximos meses

Esta actividade enmárcase na programación de verán do FalaRedes 2023, que ten previstos para os próximos meses 55 pases de actividades tales como espectáculos, monicreques e mesmo unha exposición para distribuír entre distintos concellos e agrupacións membros da Rede de Dinamización Lingüística.

Os obxectivos deste programa, que xa vai pola súa duodécima edición, son ampliar a oferta de ocio no noso idioma, reforzar a oferta de actividades en galego dos concellos adscritos á Rede, promover o uso e valoración positiva da lingua propia de Galicia e apoiar os e as artistas que desenvolven o seu traballo nela.

R., 2023-07-05

Actualidad

Foto del resto de noticias (pesca-azul.jpg) A conselleira do Mar, Marta Villaverde, liderou esta na capital comunitaria a delegación da Conferencia de Rexións Periféricas Marítimas (CRPM) que mantivo unha reunión de traballo na sede da Dirección Xeral de Asuntos Marítimos e Pesca (DG MARE) con representantes deste departamento da Comisión Europea. No encontro participaron mandatarios e representantes de territorios costeiros de concas como o Atlántico, o Mediterráneo ou o mar do Norte para abordar a futura estratexia Visión 2040 e a necesaria actualización da Política Pesqueira Común (PPC).
Foto de la tercera plana (premios-nacionales-artesania-2026.jpg) Un total de cinco candidaturas galegas optan como finalistas aos XIX Premios Nacionais de Artesanía, convocados polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo. Galicia convértese así na comunidade con máis finalistas, con candidaturas en catro das cinco categorías. En concreto, os ceramistas Barreiros Artesanía e a deseñadora e redeira Amalia Puga optan ao Premio Produto, mentres que Sandra Vilas é candidata por segundo ano consecutivo ao Premio Emprendemento.

Notas

A exposición 'Outro e sobre si', do artista Andrés Rodís, abriu as súas portas ao público no Museo Gaiás da Cidade da Cultura. A mostra é o resultado da I Residencia ArtLab IGFAE, unha iniciativa da USC e a Xunta e que naceu en 2025 para tecer fíos entre a investigación en física de partículas e a creación contemporánea galega. 'Outro e sobre si' poderá visitarse de balde no Gaiás ata xaneiro de 2027.
Discutir academicamente acerca do cómic contemporáneo desde as novas concepcións e usos do soporte e do formato tradicionalmente asociados á banda deseñada é o obxectivo central do XI Foro Internacional de Creación na Fronteira, que reunirá un conxunto de especialistas de diferentes áreas na sede da Vicerreitoría do campus.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES