Noticias

Corazón da Artesanía encheu Os Pendellos de Agolada esta fin de semana con máis de 8.000 visitantes

A décima edición do Corazón da Artesanía, Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia, pechou as súas portas despois dunha fin de semana marcada pola afluencia de público no recinto histórico-artístico dos Pendellos de Agolada. Máis de 8.000 visitantes achegáronse entre o venres e o domingo ata o municipio pontevedrés, o que sitúa en 70.000 os asistentes das dez edicións celebradas ata a data ao evento de referencia do sector da artesanía en Galicia. Corazón da Artesanía constitúe un evento integral destinado a divulgar os oficios artesanais, a impulsar a comercialización da marca Artesanía de Galicia e doutros produtos gourmet de calidade, así como a buscar sinerxías entre artesanía e outros sectores como a arquitectura, o deseño ou a gastronomía.

Na edición deste ano, destacou a presenza de prescritores de grandes marcas, así como de tendas especializadas de cidades como Londres, Estocolmo e Madrid, entre outros profesionais interesados na artesanía, que permitiron establecer relacións comerciais cos diferentes profesionais de Artesanía de Galicia que participaron no evento.

Outro punto destacable foi a alta afluencia de público aos concertos programados nesta décima edición, así como a participación nos diferentes obradoiros abertos a todos os públicos que se celebraron durante os tres días do Encontro.

Na edición deste ano, participaron 53 profesionais de Artesanía de Galicia que representan 25 oficios artesanais, 38 como expositores e outros 15 artesáns que participaron como docentes nos 8 cursos de formación e nos 6 talleres abertos para todos os públicos.
Como en anos anteriores, o programa de actividades incluíu a iniciativa Artesanía no Prato, un proxecto que busca establecer sinerxías entre artesanía e gastronomía a través de demostracións de prestixiosos chefs en soportes de pezas elaboradas por 11 obradoiros de Artesanía de Galicia.

Os cociñeiros do grupo Nove Beatriz Sotelo, Héctor López (dous Soles Repsol) e Javier Rodríguez Ponte “Taky”, así coma o chef Jorge Gago, realizaron demostracións culinarias con produtos gourmet, de Galicia Calidade e de PescadeRías, e o hostaleiro Willy Gómez encargouse dunha sesión de coctelería empregando as pezas da colección O mundo do revés. Coctelería peliqueira, gañadora do Premio Artesanía de Galicia 2022 e elaborada por Laura Delgado. As actuacións musicais que complementaron a programación do Corazón da Artesanía 2023 foron Zumaque Trío, Mercedes Peón, Leilía, Galifunk Brass, Cantigas e Agarimos e Bico da Balouta.

R., 2023-07-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (pesca-azul.jpg) A conselleira do Mar, Marta Villaverde, liderou esta na capital comunitaria a delegación da Conferencia de Rexións Periféricas Marítimas (CRPM) que mantivo unha reunión de traballo na sede da Dirección Xeral de Asuntos Marítimos e Pesca (DG MARE) con representantes deste departamento da Comisión Europea. No encontro participaron mandatarios e representantes de territorios costeiros de concas como o Atlántico, o Mediterráneo ou o mar do Norte para abordar a futura estratexia Visión 2040 e a necesaria actualización da Política Pesqueira Común (PPC).
Foto de la tercera plana (premios-nacionales-artesania-2026.jpg) Un total de cinco candidaturas galegas optan como finalistas aos XIX Premios Nacionais de Artesanía, convocados polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo. Galicia convértese así na comunidade con máis finalistas, con candidaturas en catro das cinco categorías. En concreto, os ceramistas Barreiros Artesanía e a deseñadora e redeira Amalia Puga optan ao Premio Produto, mentres que Sandra Vilas é candidata por segundo ano consecutivo ao Premio Emprendemento.

Notas

A exposición 'Outro e sobre si', do artista Andrés Rodís, abriu as súas portas ao público no Museo Gaiás da Cidade da Cultura. A mostra é o resultado da I Residencia ArtLab IGFAE, unha iniciativa da USC e a Xunta e que naceu en 2025 para tecer fíos entre a investigación en física de partículas e a creación contemporánea galega. 'Outro e sobre si' poderá visitarse de balde no Gaiás ata xaneiro de 2027.
Discutir academicamente acerca do cómic contemporáneo desde as novas concepcións e usos do soporte e do formato tradicionalmente asociados á banda deseñada é o obxectivo central do XI Foro Internacional de Creación na Fronteira, que reunirá un conxunto de especialistas de diferentes áreas na sede da Vicerreitoría do campus.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES