//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias cultura
Federico Mediante, a pesar das súas viaxes e experiencias diversas, mantivo un vínculo especial coa súa terra natal. Neste contexto, a autora, Ana Rosa Martínez Loredo, mergúllanos na fascinante vida do escritor, destacando a súa contribución á cultura española e, en particular, o seu impacto en Galicia. O libro non só ilustra a riqueza do seu legado literario, senón tamén a diversidade de talentos que contribuíron ao enriquecemento da sociedade. A presentación do libro é un testemuño da conexión innegable que Federico Mediante tiña con Galicia, e é un recordatorio de que, aínda que a vida levouno lonxe, o seu espírito sempre estivo arraigado nesta terra.
Testemuñas e perspectivas en homenaxe ao Seminario de Estudos Galegos inclúe un estudo elaborado polo historiador Alfonso Mato que introduce a reprodución facsimilar íntegra da publicación orixinal, na que colaboraran preto dunha vintena de intelectuais da época como Fernández del Riego, Filgueira Valverde ou Carvalho Calero. Por último, a edición da Xunta de Galicia engade un apéndice fotográfico do acto de presentación do caderno en San Domingos de Bonaval o 17 de maio de 1978, con imaxes achegadas por Xosé Díaz. Foi precisamente neste acto cando Ramón Piñeiro falou ante máis de 500 persoas da necesidade de fomentar os estudos sobre a realidade galega nun momento crucial para Galicia.
O documento adoptado hoxe no corazón desta comarca recolle unha vintena de recomendacións entre as que se inclúen a necesidade de seguir promovendo diálogos intersectoriais, foros, encontros e contribucións científicas específicas co fin de preservar o legado desta paisaxe excepcional marcada pola curso dos ríos Sil e Miño. Neste senso, instan a ampliar o coñecemento actual sobre estes sitios esteticamente impresionantes que combinan a biodiversidade agrícola con ecosistemas resilientes e un valioso patrimonio cultural. Os expertos recomendan aos gobernos e administracións públicas identificar e preparar inventarios destas paisaxes e do patrimonio vivo que está presente en cada territorio para fomentar o recoñecemento do seu valor e importancia.
A Xunta de Galicia deu a coñecer hoxe os gañadores da fase final de Teatro do programa Xuventude Crea 2023 da Consellería de Política Social e Xuventude, que se celebrou a pasada fin de semana no Salón Teatro de Santiago. O xurado outorgou o primeiro premio ao grupo As Guapilongas, de Vigo, pola obra Prázdno. En segundo lugar quedou a compañía Sarabia Teatro, de Arteixo, que puxo en escena Diario dun tolo, e o lucense Teatro Do Carón fíxose co terceiro premio coa peza Ao fin, Hamlet. Así mesmo, concedeuse unha mención de honra ao grupo Erantres de Arteixo pola obra Tres mistos.
Este encontro, dirixido por Mónica Luengo e Cipriano Marín, especialistas internacionais con experiencia en candidaturas recoñecidas pola Unesco, prolongarase ata o mércores e que se pode seguir tanto de xeito presencial como vía streaming, inclúe un amplo programa de actividades con presentacións, conferencias e mesas redondas, entre outras iniciativas, nas que participarán representantes de organismos como a Unesco, Icomos, a Unión Internacional para a Conservación da Natureza, así como das universidades e outras institucións.
O Centro Dramático Galego ultima a estrea en Portugal xunto ao Teatro do Noroeste-Centro Dramático de Viana, o Teatro Nacional D. María II de Lisboa e o Teatro Nacional São João do Porto da súa próxima produción, Manuela Rey Is In Da House, nunha nova colaboración que afonda na proxección exterior da unidade teatral da Xunta de Galicia e, en concreto, nas súa estreita relación coa escena lusa. A montaxe inaugurará o vindeiro venres día 10 a sétima edición do Festival de Teatro de Viana do Castelo no Teatro Municipal Sá de Miranda, onde ofrecerá un segundo pase o sábado 11.
A Filmoteca de Galicia será en novembro o escenario da estrea mundial de Casa do silencio, produción de aCentral Folque, filmada en Galicia polo cineasta experimental Jon Jost. Con tal motivo, o director estadounidense será obxecto dunha retrospectiva dentro da carteleira de novembro da cinemateca da Xunta, que inicia tamén un ciclo sobre o realizador portugués Pedro Costa e incorpora o novo apartado As filmotecas presentan... ás súas seccións habituais.
Nesta edición foron recoñecidos os proxectos da Biblioteca Municipal Alfonso Castelao de Betanzos por Boa práctica Club de lectura da historia de Betanzos (na categoría de entidades locais con máis de 10.000 habitantes) e a Biblioteca Municipal de Cenlle pola iniciativa Colaborando co cole: biblioteca para tod@s (entidade local cunha poboación de ata 10.000 habitantes). Coincidindo coa Xornada de Bibliotecas Públicas de Galicia, a Xunta entregou estes premios para poñer en valor o labor destas entidades a prol da cultura. Baixo o título Fondo local. Memoria e identidade,a xornada centrou a ollada na importancia dos fondos locais e na achega deste servizo a todas as localidades galegas.
No Clavicémbalo actuarán Wealman (Lugo) o venres, 3 de novembro; Irati Bilbao Quinteto (País Vasco) e Ton e Teira (Galicia) o sábado 4; Rembrandt Trío (Países Baixos) o mércores 8; TT Syndicate (Portugal) o 9; Kike Perdomo Quintet (Canarias) e Amoeba Split (Galicia) o 10; Límbico e Demo Rumudo (ambos de Galicia) o 11; Proyecto 1800 (Galicia) o 14; Jorge Tojeiro 8tet (Lugo e outros lugares de Galicia) o 15; Grant Stewart & Jim Rotondi o 16; Gabriela Suárez (Canarias) o 17 e o 18; e Juan Saiz Cuarteto (Cantabria e Cataluña) o 18.
Lady Pink naceu en Ecuador e creceu en Nova York. Cando comezou a escribir graffiti aos 15 anos, axiña se deu a coñecer como a única muller capaz de competir cos rapaces na subcultura do graffiti durante o período 1979-1985. Comezou a expoñer obras en galerías cando aínda estaba no instituto e con 21 anos realizou a súa primeira exposición individual. Os lenzos de Lady Pink entraron en coleccións como o WhitneyMuseum, o MET NYC, o Brooklyn Museum, a Tate Modern de Londres, o MoMA NYC, o Museum of Fine Art de Boston e moitos outros. Creadora de murais en todo o mundo, na actualidade realiza obradoiros de murais con estudantes e dá conferencias activamente en universidades dos Estados Unidos.
O pasado curso académico, por iniciativa de alumnado da Facultade de Historia do campus de Ourense, púxose en marcha o cineclub universitario La Barraca. Desde entón, ten desenvolvido diferentes ciclos de cine dedicados a diversas temáticas. Este venres arranca un deles, centrado en cine político-social. A obra elixida para arrancar esta actividade, que se prolongará ata finais de marzo, é Persépolis.
Despois dun outono cheo de exitosos espectáculos como os musicais de 'El Médico, el Musical', 'Peter, el Musical' ou 'La Bella y la Bestia', ou a exposición inmersiva 'Vanguardias', aberta ata 26 de febreiro, o Mar de Vigo prepara novas propostas de primeiro nivel para o primeiro semestre do ano. Dentro destes novos espectáculos están a liña de musicais, pero tamén haberá cabida para o humor, maxia, bandas tributo e, sobre todo, xiras de grandes artistas internacionais.
Cada curso académico, o campus de Ourense participa, ao igual que o campus de Pontevedra, na iniciativa Docs del Mes, un ciclo de cinema documental que se desenvolve de xeito paralelo en preto de 70 cidades de toda España. Neste segundo cuadrimestre serán seis, unha cada mes, as obras internacionais de temáticas moi diversas que se poderán ver de xeito virtual no marco desta iniciativa.
O CDG regresa con esta nova produción ao universo shakespeariano para ofrecerlle ao público unha revisión destes catro títulos, cada un deles condensado en pouco máis de media hora. Esta particular proposta permite unir tres momentos da historia: o presente, o período isabelino e a Roma clásica a través da guerra, a violencia e a loita polo poder que guían o destino dos personaxes, co foco posto nalgúns secundarios presentes nos orixinais.
Un equipo composto por persoal investigador da USC, CSIC, UDC e das universidades de Newcastle e St Andrews acaba de desenvolver un estudo transdisciplinar que demostra que o comezo da formación da paisaxeque rodea o mosteiro de Samos iniciouse durante a Idade de Ferro.
O proxecto Aldearmos, un 'programa de democratización cultural do e no rural' da Rede Aldear, formada por unha vintena de concellos do rural das provincias de Ourense e Lugo, arrancou no Xurés a súa programación de 2023. A iniciativa, que conta co apoio da UVigo e de entidades como Agadic, púxose en marcha o pasado 23 de outubro en Vilar de Santos e desde entón vén percorrendo diferentes puntos do rural galego co obxectivo de contribuír á súa dinamización.
Todos os traballos presentados competirán por entrar nas seccións: Oficial, España, Galicia, Descubertas e Escolas Internacionais, conformando grande parte da programación de proxeccións do e o palmarés do FICBUEU 2023. En paralelo haberá tamén outros cinco apartados non competitivos: Retrospectiva, Curtas en familia, Cativa, Infantil, Xuvenil. Ademais, as e os asistentes votarán in situ para o aclamado Premio do Público.
A cerimonia de entrega de galardóns da cuarta edición do Certame de Videocreación, unha iniciativa promovida ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo, converteu o Museo Interactivo da Historia de Lugo nun espazo de arte viva, no que a formación viguesa Trilitrate deleitou ao auditorio cun singular espectáculo de música e creacións visuais ao vivo.
A Biblioteca Universitaria estrea un novo catálogo Iacobus que, ademais de renovar o deseño da páxina web, incorpora Primo, unha potente ferramenta de descubrimento, tal e como explicou a directora da BUSC, Mabela Casal. Iacobus non é agora soamente un catálogo, é tamén unha ferramenta máis completa que nos permite, dende unha única caixa, indagar na colección da Biblioteca (incluíndo recursos electrónicos, texto completo de revistas subscritas pola USC ou en Acceso Aberto).
A pouco que se furgue, agroman infinidade de prexuízos sobre o uso do galego, algúns que semellaban superados e outros que sempre estiveron presentes. Algúns deses prexuízos son os que protagonizan o calendario da Área de Normalización Lingüística da UVigo para o 2023 deseñado por Luis Davila. Entre os lugares comúns que se reflicten nas viñetas están 'non falo galego porque o falo mal'; 'impóñennos o galego' ou 'o galego só serve para falar coas vacas'.